Pechados a maioría dos polígonos de bateas das rías galegas pola alta presenza de toxinas. As case 3000 bateas da Ría de Arousa están completamente paradas estes días e só 6 dos 51 polígonos están abertos. Aínda así o mercado de fresco está abastecido e o produto que chega aos circuitos comerciais pódese consumir con total confianza // Os niños que constrúen as avésporas asiáticas teñen preocupados, sobre todo, aos apicultores galegos. Aseguran que xa atacaron máis de vinte mil colmeas de abellas // Unha semana despois as fillas do galego emigrante galego asasinado en Arxentina piden xustiza para que os dous asaltantes que mataron a seu pai paguen polo que fixeron. De momento aseguran que o autor dos disparos, está na súa casa e láianse da actuación da policía na investigación do caso. 19/08/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano