Continúa a presión dos afectados polas participacions preferentes. Ata tres plenos municipais suspendéronse na provincia de Pontevedra: en Salvaterra, nas Neves e en Gondomar. Acordo entre todos os grupos políticos do Parlamento galego: queren que a lei da cadea alimentaria sirva para pagar ós gandeiros un prezo digno polo leite.
Folga no sector da alimentación na provincia de Pontevedra, con numerosos pequenos establecementos pechados. Mais de 120 toneladas amoreanse en Vilalba, ó cumprirse unha semana de folga no servizo de recollida do concello. A vila ourensá de Ribadavia recupera hoxe a tradición da Pascua Xudea.