Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un incendio en Samos, en Lugo, leva queimadas más de 400 hectáreas e segue avanzando. Nas últimas horas tamén ardeu con forza entre Allariz e Vilar de Santos, Ourense. Aquí o lume arrasou unhas 140 hectáreas. // Os meteorólogos xa cualifican esta seca coma unha das máis graves dende que hai rexistros. Case chega ao nivel da sufrida en 1953 e calculan que tería que chover todo o que queda de ano para paliar a escaseza de auga. // A Xunta proponlle ás entidades financeiras un sistema de arbitraxe para resolver o conflito das participacións preferentes. // UGT e Comisións Obreiras presentaron hoxe no Rexistro da Xunta a súa convocatoria para a folga xeral do próximo día 29 contra a reforma laboral. // Concerto para bebés no Conservatorio Histórico de Santiago. (16/03/12)

Ceos anubrados e néboas a primeira hora. Nubes de tipo medio e alto e chuvascos, máis importantes no interior, ocasionalmente de carácter tormentoso. Ventos frouxos do oeste. As temperaturas mínimas non varían e as máximas descenden entre lixeira e moderadamente. (16/03/12)

Un incendio en Samos, en Lugo, leva queimadas más de 400 hectáreas e segue avanzando. // Os meteorólogos xa cualifican esta seca coma unha das máis graves dende que hai rexistros. // A Xunta proponlle ás entidades financeiras un arbitraxe sobre as participacións preferentes. // UGT e Comisións Obreiras rexistran a súa convocatoria de folga xeral. // Concerto para bebés no Conservatorio Histórico de Santiago. (16/03/12)

Os expertos vaticinan unha primavera estable en Galicia pero con menos chuvias das necesarias para palia-la seca.Unións Agrarias ve unha provocación no plan da Xunta para previ-las inundacións.Os incendios de Samos e Rodeiro seguen activos mentres que os de Allariz,Vilar de Santos e Sandiás quedaron baixo control.A Xunta centraliza o subministro de material ós hospitais,como medida de aforro.Feijóo aclara que non porá unha taxa para as receitas. O mestre de Burela Bernardo Penabade fálanos sobre un programa de radio que da voz ós que deciden asumi-lo galego como lingua habitual.A Cidade de Cutlura inaugura exposición sobre as orixes do cómic galego

Dous veciños de Bueu morreron esta mañá ao envorcar a embarcación deportiva na que estaban pescando. Sucedeu preto da illa de Ons, fronte á ría de Pontevedra. // Milleiros de traballadores de Navantia e as industrias auxiliares da comarca de Ferrol maniféstanse en Santiago pedindo encargas para o sector e a construción dun dique flotante que permita reparar grandes buques en Fene. // O Sector naval foi un dos asuntos que trataron ata hai uns minutos o presidente a Xunta e o do Goberno na Moncloa. // Dorribo tentou chantaxear ó presidente da Audiencia Provincial de Lugo coa compra da farmacia do seu xenro en Santiago. // O imperio Inditex abre tenda hoxe na Quinta Avenida de Nova York na que estrea nova imaxe. // O grupo arxentino Les Luthiers está de xira por Galicia co seu espectáculo "Lutherapia", unha historia entre paciente e psicanalista que remata con final feliz. (15/03/12)

Vaise achegando un embolsamento de aire frío, que trae nubes de tipo medio e alto. No litoral, intervalos nubrados e néboas especialmente persistentes na provincia de A Coruña. Ventos frouxos do nordés no litoral norte, con intervalos de moderado no litoral de A Coruña. As temperaturas seguen sen cambios. (15/03/12)

Dous veciños de Bueu morreron esta mañá ao envorcar a embarcación na que estaban pescando. // Traballadores de Navantia e as industrias auxiliares da comarca de Ferrol maniféstanse en Santiago. // Reunión entre o presidente a Xunta e o do Goberno na Moncloa. // Dorribo tentou chantaxear ó presidente da Audiencia Provincial de Lugo coa compra dunha farmacia. // O imperio Inditex abre tenda hoxe en Nova York. // Les Luthiers está de xira por Galicia. (15/03/12)

Falecen dous veciños de Bueu ó envorca-la embarcacións na que pescaban, en augas da illa de Ons.Rajoy recibe a Feijóo ás portas da Moncloa na súa primeira xuntanza oficial. Entre os asuntos a tratar,as infraestruturas e a situación do naval. Milleiros de persoas arrouparon ós traballadores de Navantia na manifestación ante a Xunta en demanda de carga de traballo.Os alcaldes de Santiago,A Coruña e Ferrol responsabilizan ós seus predecesores das facturas pendentes de pago, que superan os 20 millóns de euros.Os sectores cárnico e lácteo perderon 23 millóns a causa da seca,segundo Unións Agrarias.Chega a Galicia a xira do grupo arxentino Les Luthiers.Dende hoxe e ata o domingo actúan en A Coruña e a semana próxima en Vigo.

Oza dos Ríos y Cesuras, dos ayuntamientos de A Coruña, serán uno solo. Hoy sus alcaldes han iniciado el proceso de fusión ante el presidente de la Xunta, que ya anticipara este anuncio. Los regidores dicen que es una unión natural porque ya comparten servicios. El nuevo municipio, que aún no tiene nombre ni alcalde ni fecha, sumará 5.500 habitantes.

Os alcaldes de Oza dos Ríos e Cesuras, na comarca de Betanzos, fixeron hoxe oficial a intención de fusionar os dous concellos. O resultado vai ser un municipio dunha poboación de case 5.500 habitantes. // Preocupación na Costa da Morte polo anuncio de que se renuncia a construír, de momento, o Parador Turismo de Muxía. O alcalde socialista deste concello pídelle ao presidente da Xunta que convenza a Rajoy para seguir adiante co proxecto. // O presidente da Audiencia Provincial de Lugo denuncia a Jorge Dorribo por intento de extorsión. // A Consellería de Educación, o Valedor do Pobo e maila Fiscalía de Ourense investigan se na Escola de Hostalería de Vilamarín se estaba a utilizar aos alumnos para obter ingresos sen ningún tipo de control fiscal. // Hoxe, no día europeo dedicado ás enfermidades cardiovasculares, que son a principal a principal causa de morte na nosa sociedade, a Xunta pon en marcha un ambicioso plan para fomentar a actividade física dos galegos. 14/03/12

Os alcaldes de Oza dos Ríos e Cesuras fan oficial a intención de fusionar os dous concellos. // Preocupación na Costa da Morte polo anuncio de que se renuncia a construír, de momento, o Parador Turismo de Muxía. // O presidente da Audiencia de Lugo denuncia a Dorribo por intento de extorsión. // Investigan se na Escola de Hostalería de Vilamarín se estaba a utilizar aos alumnos para obter ingresos sen control fiscal. // Día europeo des enfermidades cardiovasculares. 14/03/12

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo,José Antonio Varela Agrelo,denuncia que Jorge Dorribo lle pediu cartos a cambio de non declarar na súa contra.Feijóo apadriña a fusión dos concellos de Oza e Cesuras,que reunirán 5.500 habitantes.Indignación en Muxía tralo anuncio do ministro de Industria de que non se fará o parador.Detido un sospeitoso en relación co asasinato dun ancián, en Ferrol.

Debate do estado da autonomía con anuncio sorpresa. O presidente da Xunta avanzou que mañá se vai presentar a primeira fusión de dous concellos de Galicia desde hai 44 anos. // Para os partidos da oposición, a intervención do presidente da Xunta foi repetitiva e falta de contido. // O naval de ría de Ferrol marcha cara Santiago para pedir o compromiso das administracións na busca de carga de traballo para os estaleiros de Navantia e a industria auxiliar. // O visado de vivendas caeu un 90 por cento nos últimos cinco anos en Galicia. // A falta de chuvias fai que a presenza de pole no ambiente sexa escasa, o que augura uns meses máis levadeiros para os alérxicos, se o tempo non muda. // "Paisaxe que sabe a pan", a primeira exposición de Manuel Colmeiro en Lugo desde hai case 80 anos. 13/03/12

A primeira fusión de dous concellos de Galicia desde hai 44 anos vaise presentar mañá. // Para os partidos da oposición, a intervención do presidente da Xunta no debate do estado da autonomía foi repetitiva e falta de contido. // O naval de ría de Ferrol marcha cara Santiago. // O visado de vivendas caeu un 90 por cento nos últimos cinco anos. // Alerxias suaves pola seca. // "Paisaxe que sabe a pan", exposición de Manuel Colmeiro en Lugo. 13/03/12

Ceos despexados agás na Mariña Lucense e o norte de A Coruña. Ventos do este, frouxos pola mañá, con intervalos pola tarde de moderado arredor de Bares. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. 13/03/12

O Presidente da Xunta pon a Galicia coma exemplo á hora de loitar contra o déficit. Feijóo anunciou máis austeridade e o inicio das fusións municipais durante o Debate sobre o Estado da Autonomía.PSdeG-PSOE e BNG coinciden en que Feijóo só ofrece ós cidadáns resignación e máis recortes.Nova marcha dos traballadores de Navantia en demanda de carga de traballo.O principal imputado no caso Campeón,,Jorge Dorribo,declara ante a xuíza que desmantelou unha rede de prostíbulos.Os encoros galegos, á metade da súa capacidade. A emblemática "Cas das Crechas" ,de Santiago,celebra mañá'o seu 25 aniversario con cinco horas de espectáculo