Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A portavoz do BNG Olaia Fernández Davila peidu mais autogoberno, namentres responsabilizaba ás políticas de Rajoy de ser responsables de mais pobreza e corrupción. O presidente do goberno defendeu as actuacions en defensa do sector lácteo, infraestructuras e a pesca en Galicia.

Amarre da frota do litoral dos portos da Coruña e Lugo pola escaseza de cotas, os controis excesivos e o novo carné por puntos para os patrons. Os europarlamentarios cualifican en Bruxelas de escandaloso o estado da ría coruñesa do Burgo. A confraría confía en que se teñan en conta os seus informes. O mundo da arte despide ó pintor coruñés Jorge Peteiro, morto ós 53 anos.

Os proxectos de investigación tecnolóxica para mellorar a competitividade das nosas empresas van contar con setenta e cinco millóns de euros correspondentes ao programa INTERCONECTA 2. Unha aportación que vai ser publicada no BOE esta mesma semana. // A praia das Catedrais da Mariña foi recoñecida coma a sexta mellor do mundo pola páxina web especializada en viaxes TRIPADVISOR. Unha clasificación que coloca ao areal lucense coma o mellor de España. A mesma páxina considera que o areal da Lanzada é o sexto mellor do Estado. 20/02/13

Salas de xuízos baleiras, mentres xuíces, fiscais, procuradores e outros traballadores da xustiza concéntranse na rúa contra a lei de taxas xudiciais e outras medidas que consideran que limitan o acceso á xustiza. // O presidente da Xunta anuncia que esta semana o BOE vai publicar un novo plan dotado con 70 millóns de euros para promover a innovación e a investigación. // Mañá abre o prazo dun mes para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta para o próximo curso. En setembro van entrar en servizo catrocentas prazas novas nestas garderías públicas. // Desaloxan un edificio do casco histórico de Lugo por risco de derrubamento, ó ter a súa deteriorada, segundo os técnicos municipais. // Un estudo realizado polo Centro de Investigacións Forestais de Lourizán permitirá aos produtores de castaña identificar as variedades mais produtivas. // Os deseñadores galegos na Mercedes Fashion week de Madrid. 20/02/13

Folga na Administración de Xustiza contra a lei de taxas xudiciais. // O presidente da Xunta anuncia 70 millóns de euros para promover a innovación e a investigación. // Mañá abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta. // Desaloxan un edificio do casco histórico de Lugo por risco de derrubamento. // Un estudo para identificar as variedades de castaña máis produtivas. // Os galegos na Fashion week de Madrid.

Nubes en toda Galicia á espera dunha fronte que chega pola noite. Pola tarde pode comezar algunha chuvia moi débil, illada e ocasional, sendo xeneralizadas pola noite. Ventos frouxos de compoñente Sur en xeral. No litoral atlántico aumentarán a moderados durante a tarde e serán fortes durante a noite. 20/02/13

Pemex prorroga ó estaleiro vigués de Barreras o prazo para presentar os avais financeiros para construir o buque hotel con destino á petroleira mexicana. Reaccions dos partidos en Galicia ó discurso do presidente do Goberno Mariano Rajoy ó comenzo do debate do Estado da Nación. Protestas na xustiza en Galicia, con paralización de xuizos e concentracions de xuices e fiscais contra a reforma do ministro Gallardón.

A praia das Catedrais, en Ribadeo, considerada a sexta mellor do mundo segundo a principal web de viaxes turísticos.

A flota galega queda excluída da renegociación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que se desenvolve desde hoxe en París. Os mariñeiros pensan a decisión non responde a criterios científicos, pois os últimos informes din que a situación do caladoiro é mellor do que asegura Mauritania. // Cos puríns dun cento de vacas pódese fornecer de enerxía eléctrica a unhas vinte vivendas. Hoxe inaugurouse en Lalín unha planta piloto de biogás, para comprobar a súa viabilidade nas explotacións gandeiras galegas. Con ela tamén se reducen os problemas medioambientais do vertido dos puríns á terra. // Médicos e pacientes con melanoma piden que se fagan máis campañas de concienciación e máis eficaces, xa que protexéndonos adecuadamente do sol poderíanse evitar moitos casos desta enfermidade. En Galicia diagnostícanse cada ano case 300 casos de melanoma. 19/02/13

En A Coruña hoy es un día de negociación entre administraciones para buscar solución al caso de una anciana que va a ser desahuciada de su vivienda. Hay una sentencia firme contra ella por impago de alquiler. La presión popular ha impedido, por el momento, el desalojo. Aurelia Rey todavía está en su casa, donde lleva viviendo 34 años. Ella tiene 85 y cobra algo menos de 400 euros de pensión. Le ha llegado una sentencia firme de desahucio por impago de alquiler. La presión popular ha impedido ya en dos ocasiones el desalojo. Incluso los bomberos se han negado a cortar las cadenas que cerraban el paso al portal. ¿Unas 200 personas llevan toda la mañana aquí, delante del portal donde vive la anciana para impedir la acción policial en caso de que se produzca. Para esta tarde noche hay establecidos turnos de guardias". Buscan que Aurelia disponga de una vivienda social cuando tenga que abandonar su casa.

A flota galega queda excluída da renegociación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que se desenvolve desde hoxe en París. // Cos puríns dun cento de vacas pódese fornecer de enerxía eléctrica a unhas vinte vivendas. É o que demostra esta planta piloto de biogás, inaugurada hoxe en Lalín. // Un instituto de Santiago pon en marcha o primeiro programa de Formación Profesional Dual na nosa comunidade . Este sistema compaxina a formación teórica cun contrato de aprendizaxe nunha empresa. // En Galicia diagnostícanse cada ano case 300 casos de melanoma, que é o cancro de pel máis mortal en fases avanzadas. // Abel Resino preséntase como novo adestrador do Celta. Vén con contrato para o que resta de temporada e unha máis. 19/02/13

A flota galega queda excluída da renegociación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania. // Cos puríns dun cento de vacas pódese fornecer de enerxía eléctrica a unhas vinte vivendas. // Bota a andar a Formación Profesional Dual. // En Galicia diagnostícanse cada ano case 300 casos de melanoma. // Abel Resino preséntase como novo adestrador do Celta. 19/02/13

A Xunta e o concello da Coruña ofertan pisos alternativos á anciá de 85 anos que ía ser desaloxada da súa vivenda no centro da cidade. A muller négase a ser trasladada. Preocupación entre a frota cefalopodeira ante os atrancos pra renovar un acordo pesqueiro con Mauritania. O xuiz Vázquez Taín non terá en conta o informe remitido polo autor confeso do roubo do Códice Calixtino que apunta prácticas sexuais na Catedral e roubos das esmolas por parte de clérigos.

Nubes en toda Galicia, máis compactas na metade Sur, con chuvascos máis probables na provincia de Ourense e Sur da de Lugo. Ventos frouxos de compoñente Leste. Temperaturas sen cambios significativos. 19/02/13

El desahucio de una mujer de 85 años, Aurelia Rey, por el impago de un mes de alquiler de un inmueble en el centro de A Coruña ha sido aplazado por segunda vez esta tarde tras los incidentes registrados al mediodía.

Durante toda la jornada, más de 200 personas convocadas por el colectivo 'Stop Desahucios' han permanecido en las inmediaciones de la vivienda, ubicada en el número 9 de la calle Padre Feijóo, en el centro de A Coruña, para evitar el desalojo de la anciana.

A las 11:40 horas la comisión judicial decretó la suspensión del desahucio, pero minutos después agentes de la Policía Nacional se personaron en el inmueble donde todavía permanecían decenas de manifestantes -entre ellos responsables políticos de BNG e IU-, lo que dio lugar a escenas de tensión con empujones y caídas.

Enfrontamentos entre a policia e un grupo de persoas que tentaban impedir o desafiuzamento dunha anciá de 85 anos. A muller ten a vivenda alugada. Acúsana de non pagar a renda do mes de marzo pasado, pero ela asegura que xa se puxo ao día. // O Concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión, tras quedar en liberdade baixo fianza no marco da operación Manga. Esta imputado por suborno, revelación de información privilexiada e tráfico de influencias. // Investigadores da Universidade de Vigo lanza un globo estratosférico para comprobar como responden a trinta kilómetros de altura as pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. Este grupo de investigación traballa nun proxecto das Nacions Unidas. 18/02/13

Unhas 200 persoas impiden, polo de agora, o desafuizamento dunha anciá de 85 anos do piso no que vive, na Coruña. A muller ten a vivenda alugada. // O Concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión, tras quedar en liberdade baixo fianza no marco da operación Manga. // A CIG presentou máis de dez mil sinaturas de profesores contra o proxecto de lei de reforma educativa do Ministerio ao que acusan de perxudicar á educación pública e ao ensino do idioma galego. // Investigadores da Universidade de Vigo lanza un globo estratosférico para comprobar como responden a trinta kilómetros de altura pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. // Paco Herrera parece ter as horas contadas no Celta. A falta de confirmación ofical, o presidente e o director deportivo do Club estaría negociando en Madrid substituilo por Abel Resino. 18/02/13

Ceos parcialmente anubrados, con claros parciais no leste da comunidade. As nubes poden deixar algunha chuvia débil no litoral de Pontevedra e A Coruña. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en ascenso. Ventos de compoñente sur durante o día, que tenden a ir diminuíndo de intensidade. 18/02/13

Unhas 200 persoas impiden, polo de agora, o desafuizamento dunha anciá de 85 anos na Coruña. // O Concelleiro de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión. // A CIG presentou máis de dez mil sinaturas de profesores contra o proxecto de lei de reforma educativa. // Investigadores da Universidade de Vigo proban a resistencia de pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. // Paco Herrera, coas horas contadas no Celta. 18/02/13

O edil de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez Aldrey, formalizou xa a súa dimisión tra-la imputación na Operación Manga. Paralizado o desafiuzamento dunha octoxenaria na Coruña. A folga de Iberia, tamén en Galicia.

Entrevistamos ó conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Falamos sobre a LOMCE, a folga no ensino, a FP Dual, o decreto do plurilingüismo, a separación por sexo nas aulas...