Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a Uxt no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia. 31/05/13
Un tímido anticiclón vai ir deixando pouco a pouco os ceos despexados. As temperaturas de momento apenas varían pero irán subindo sobre todo de cara o domingo. 31/05/13
A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova catro millóns de euros.Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova catro millóns de euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A multinacional galega tén que avalar coa sua sede central, perto de Vigo, e a marca comercial, un crédito urxente de nove bancos acredores para continuar coa actividade e recibir os cincuenta e cinco millóns de euros necesarios para a xestión diaria. 30/05/13
A garda civil investiga o asasinato dun home de 92 anos en Valga, Pontevedra, que apareceu semicalcinado. Tiña 12 fillos e vivía só. Anteriormente asaltaranlle a casa varias veces, polo que os axentes investigan se nesta ocasion, cun final traxico, tamen o atacaran na busca de cartos // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova 4 millóns de euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A multinacional galega tén que avalar coa sua sede central, perto de Vigo, e a marca comercial, un crédito urxente de nove bancos acredores para continuar coa actividade e recibir os 55millóns de euros necesarios para a xestión diaria // O Consello da Xunta puxo hoxe en marcha o Plan de Prevenciòn de incendios forestais, coñecido coma PLADIGA. Manterà a sete mil operarios traballando nos montes e incorpora novidades técnicas coma o uso de cámaras de infravermellos. Tamén concedeu as medallas Castelao deste ano. 30/05/13
A garda civil investiga o asasinato dun home de 92 anos en Valga, Pontevedra, que apareceu semicalcinado // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova catro millóns de euros // O Consello da Xunta puxo hoxe en marcha o Plan de Prevenciòn de incendios forestais, coñecido coma PLADIGA. 30/05/13
Tímidamente o tempo vai mellorando. Durante esta tarde irnase abrindo claros sobre todo polo sur. As temperaturas han subir algo. 30/05/13
O presidente da Xunta anunciou que prestará catro millons de euros a Pescanova para axudar a dar liquidez á compañía, en concurso de acreedores.
A Unión Europea pacta a reforma da súa política pesqueira. Limita os descartes ó cinco por cento. O presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo cree que a reforma fará perigar postos de traballo.
En Ferrol, nova protesta dos traballadores de Navantia en demanda de carga de traballo. Cortaron o tráfico na ponte das Pías con barricadas de neumáticos incendiados.
Os deberes dos alumnos para a casa están a ser causa de diferenzas entre os pais nun colexio de Oleiros, perto da Coruña // Os datos ofrecidos hoxe en Ourense dan idea dos efectos da crise na pobreza. Os servizos de acollida de Cáritas na diócese ourensá atenderon o ano pasado a 5.500 persoas, catro veces máis que no 2008. A súa media de ingresos mensuais baixou 14 euros con respecto ao ano pasado. 29/05/13
Las familias de los alumnos de un colegio de Oleiros, en A Coruña, están divididas por los deberes de sus hijos. Hace dos años un padre consiguió que se suprimieran en primaria recurriendo a una norma autonómica de 1997. Pero otros padres dicen que eso está perjudicando a los niños y han empezado a recoger firmas para que los profesores vuelvan a poner algunas tareas para casa.
Os deberes dos alumnos para a casa están a ser causa de diferenzas entre os pais nun colexio de Oleiros, perto da Coruña. Un dos pais pediu que os nenos non leven eses deberes e acolleuse a unha normativa autonómica que asi o establece // A infornación sobre contratos da Xunta con empresas de Marcial Dorado volveu centrar as preguntas no Parlamento ao Presidente da Xunta. Núñez Feijóo negou que existan documentos agochados sobre eses contratos e tamén desmentiu que foran destruídos // Galicia conta xa con 6 zonas declaradas reserva da biosfera. A última en incorporarse é a das Mariñas coruñesas e terras do Mandeo, dezaoito concellos nos que viven 190 mil persoas e que abarcan unha ampla extensión dende as portas da cidade da Coruña ata a montaña do interior, en Sobrado dos Monxes // A ultima xornada, que será agónica para Celta e Deportivo, este sabado, levará cheos historicos a Balaidos e Riazor. As entradas para Celta- Español e Depor-Real Sociedad agotáronse xa onte. 29/05/13
Os deberes dos alumnos para a casa están a ser causa de diferenzas entre os pais nun colexio de Oleiros, perto da Coruña // A infornación sobre contratos da Xunta con empresas de Marcial Dorado volveu centrar as preguntas no Parlamento ao Presidente da Xunta // A ultima xornada, que será agónica para Celta e Deportivo, este sabado, levará cheos historicos a Balaidos e Riazor. 29/05/13
A borrasca segue a deixarnos choivas e temperaturas sen apenas cambios á espera das altas presións que chegarán mañá. 29/05/13
Sesión de control ó executivo no Parlamento. O presidente Núñez Feijoo defendeu que o seu goberno non destruiu ningún documento relacionado coas empresas de Dorado. Durante o bronco debate, unha deputada de AGE foi expulsada e a sesión suspendida momentáneamente.
-O presidente da Xunta tamén anunciou que nos próximos días 20 mil afectados polas preferentes cobrarán a totalidade dos seus aforros.
-O Banco Etcheverría vai comprar 57 oficinas de NovaGalicia. Garántese a continuidade de 150 empregos.
-En Lugo, a xunta de goberno local rescinde o contrato que tiña coa empresa de publicidade dos autobuses urbanos, que está sendo investigada na Operación Pokemon.
-No xuizo do Prestige, o anterior capitan do buque dixo que o petroleiro estaba en pésimas condicions para navegar.
Os emprendedores galegos van poder beneficiarse da baixada de catro impostos este ano contando dende o 1 de xaneiro. A reducción será dun 20% do IRPF para os que invirtan en acción. O de sucesións e doazón baixará un 95% e o de patrimonio nun 75% para os que poñan en marcha novos negocios // As reclamacións dos afectados polas participacións preferentes chegaron hoxe, de novo, ata ao Pleno do Parlamento. Máis dun cento manifestáronse ás portas da cámara lexislativa á espera do resultado da votación dunha iniciativa lexislativa presentada polo Bng e que reclama que se retiren as quitas. 28/05/13
- La Granja y El Espinar, en la Sierra de Guadarrama era una de las candidatas
- También han logrado la designación las tierras del Ebro en su parte catalana
- Y Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en Galicia también lo consiguen
- España tiene un total de 45 zonas declaradas como reserva de la biosfera
Volveron as chuvias que por momento descargaron con forza. Caeron sobre todo no terzo norte e no leste da comunidade. 28/05/13
Trala reunión do presidente do goberno cos barons do PP, Núñez Feijoo móstrase mais contundente: pide que as comunidades mais endebedadas acometan medidas de axuste para non prexudicar ás que cumpren os obxetivos do déficit, como é Galicia.
-Acordo unánime no Parlamento para apoiar á devolución dos cartos das preferentes, e a proposición de lei que o BNG vai levar ó congreso dos deputados neste sentido.
-A Unidade de Delitos financeiros da Garda Civil comenzou a investigar os movementos do presidente de Pescanova antes da entrada da compañía en concurso de acreedores.
-A obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" tradúcese ó inglés por primeira vez desde a súa publicación, hai 150 anos.
Tensión en Vigo polas diferenzas veciñais respecto á instalación dun macro-complexo comercial e de ocio que un grupo de investidores británicos quere instalar na parroquia de Cabral // Reunión en Madrid de Mariano Rajoy cos presidentes das comunidades autónomas gobernadas polo seu partido para fixar os criterios de déficit para as comunidades. O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é contrario a que eses obxectivos se fixen por motivos políticos. 27/05/13
Tensión en Vigo polas diferenzas veciñais respecto á instalación dun macro-complexo comercial e de ocio que un grupo de investidores británicos quere instalar na parroquia de Cabral. Os promotores ofrécenlles aos propietarios 18 millóns de euros e prioridade para contratalos durante a construcción pero os que se opoñen din que falta información e que perxudicará ao comercio local // Un acusado de asasinato sométese por segunda vez a xuízo polo mesmo caso en Ourense logo de que o Tribunal Supremo ordenase repetir a vista. O anterior xurado declarárao culpable de planificar a morte dun exsocio envelenándoo con estricnina. O acusado segue sostendo que a morte foi accidental // Un dos dous equipos galegos baixará a Segunda. Para seguir en Primeira, o Deportivo ten que gañarlle este sabado en riazor a unha Real Sociedad que busca entrar na Liga de Campions. O Celta salvarase se perde o Depor e derrota en Balaidos a un Español que chega sen aliciente competitivo. 27/05/13
Concentracion de aficionados al mundo de star wars. Desfilaron por las calles de Santiago de Compostela más de 300 personjes, para diversión de pequeños y mayores. Organizado por Tropa Korriban. 25/05/13