Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros. Mañá empézase a cortar chapa para o flotel de Pemex, en Navantia // A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa. Son varios tomos de dilixencias do sumario entre os que figura a peza separada aberta á portavoz do PP Paula Prado e a que investiga sete supostos casos de corrupción no concello da Coruña // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. A Xunta detectou irregularidades tras cotexar os datos que aportaron as familias da súa renda coa información da Axencia Tributaria. 21/05/14

A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa. Son varios tomos de dilixencias do sumario entre os que figura a peza separada aberta á portavoz do PP Paula Prado e a que investiga sete supostos casos de corrupción no concello da Coruña // O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros. Mañá empézase a cortar chapa para o flotel de Pemex, en Navantia // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. A Xunta detectou irregularidades tras cotexar os datos que aportaron as familias da súa renda coa información da Axencia Tributaria. 21/05/14

A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa // O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. 21/05/14   

O conductor dun camión faleceu logo de sufrir un accidente na estrada Nacional 550 en Redondela ao envorcar e caer por un pronunciado desnivel. A carga de kiwis que levaba para unha industria da zona do Salnés,  acabou ciscada no chan // Xulgan en Santiago a una ducia de persoas procesadas polos altercados rexistrados en febreiro do 2009 durante unha manifestación convocada por Galicia Bilingüe. Están imputados por delitos de atentado á autoridade, e alteración da orde pública. A acusación solicita 45 anos de cárcere e máis de 34.000 euros de multa polos incidentes // Comezou en Vigo Navalia, unha feira de negocios que busca darlle maior presenza internacional ás empresas galegas do sector. Participan medio milleiro de expositores de 75 países. Agárdanse 25.000 visitantes profesionais e, por primeira vez, están todos os estaleiros de Galicia. 20/05/14

O conductor dun camión faleceu logo de sufrir un accidente na estrada Nacional 550 en Redondela ao envorcar e caer por un pronunciado desnivel. A carga de kiwis que levaba para unha industria da zona do Salnés, acabou ciscada no chan // Comezou en Vigo Navalia, unha feira de negocios que busca darlle maior presenza internacional ás empresas galegas do sector. Participan medio milleiro de expositores de 75 países. Agárdanse 25.000 visitantes profesionais e, por primeira vez, están todos os estaleiros de Galicia // Xulgan en Santiago a una ducia de persoas procesadas polos altercados rexistrados en febreiro do 2009 durante unha manifestación convocada por Galicia Bilingüe. Están imputados por delitos de atentado á autoridade,e alteración da orde pública. A acusación solicita 45 anos de cárcere e máis de 34.000 euros de multa polos incidentes. 20/05/14 

O conductor dun camión faleceu logo de sufrir un accidente na estrada Nacional 550 en Redondela ao envorcar e caer por un pronunciado desnivel // Comezou en Vigo Navalia, unha feira de negocios que busca darlle maior presenza internacional ás empresas galegas do sector // Xulgan en Santiago a una ducia de persoas procesadas polos altercados rexistrados en febreiro do 2009 durante unha manifestación convocada por Galicia Bilingüe. 20/05/14

Comezaron fronte á costa de asturias, os traballos de reflotamento do pesqueiro Santa Ana, afundido en Cabo Peñas. Os equipos de rescate logradon erguelo dez metros dende o fondo mariño onde esaba pousado, axudados por  grandes globos // Xuizo a sete concelleiros do PP de Santiago. Están acusados de prevaricación por acordar nunha xunta de goberno pagar con fondos públicos a defensa a outro concelleiro imputado na Operación Pokemon. A fiscalía pide para eles nove anos de inhabilitación. Á entrada aos xulgados foron recibidos entre berros de dimisión // Comezou na Audiencia provincial de Lugo o macroxuízo pola presunta retirada irregular e masiva de multas de tráfico na provincia. Un asunto polo que, no seu momento, chegara a dimitir o Subdelegado do Goberno. 19/05/14 

Xuízo a sete concelleiros do PP de Santiago. Están acusados de prevaricación por acordar nunha xunta de goberno pagar con fondos públicos a defensa a outro concelleiro imputado na Operación Pokemon. A fiscalía pide para eles nove anos de inhabilitación. Á entrada aos xulgados foron recibidos entre berros de dimisión // Comezou na Audiencia provincial de Lugo o macroxuízo pola presunta retirada irregular e masiva de multas de tráfico na provincia. Un asunto polo que, no seu momento, chegara a dimitir o Subdelegado do Goberno. Entre os 23 encausados figuran tamén o ex-xefe provincial de tráfico, alcaldes de distintas cores políticas e o vicario xeral da diócese lucense // Os centros de ensino galegos acollen durante este mes de maio talleres sobre masculinidade positiva. Trátase de identificar os estereotipos machistas que seguen a funcionar na sociedade para combatelos. 19/05/14  

Xuizo a sete concelleiros do PP de Santiago, acusados de prevaricación por acordar  pagar con fondos públicos a defensa a outro concelleiro imputado na Operación Pokemon // Comezou na Audiencia provincial de Lugo o macroxuízo pola presunta retirada irregular e masiva de multas de tráfico na provincia // Os centros de ensino galegos acollen durante este mes de maio talleres sobre masculinidade positiva. 19/05/14  

Presentada a primeira páxina web baixo o dominio PUNTO GAL. Un dominio que vai servir para facer referencia á nosa comunidade, similar ao PUNTO ES ou PUNTO COM, aos que estamos afeitos. Os prazos e fórmulas para incorporarse a este PUNTO GAL foron presentados hoxe. Poderase empezar a usar o próximo 25 de xullo // Unha sentenza da Audiencia de Pontevedra anula catro das cláusulas máis habituais que impoñen os bancos seus clientes ao contratar unha hipoteca. O tribunal considera desproporcionado que a entidade bancaria fixe un interese de demora dun 18% // Prohibidas as queimas controladas polas condicións meteoróloxicas. A Xunta decidiu suspender os permisos autorizados polas previsións de calor e vento forte. Tamén se pide colaboración cidadá para extremar as precaucións e denunciar os lumes. 16/05/14  

Unha sentenza da Audiencia de Pontevedra anula catro das cláusulas máis habituais que impoñen os bancos seus clientes ao contratar unha hipoteca. O tribunal considera desproporcionado que a entidade bancaria fixe un interese de demora dun 18% // Presentada a primeira páxina web baixo o dominio PUNTO GAL. Un dominio que vai servir para facer referencia á nosa comunidade, similar ao PUNTO ES ou PUNTO COM, aos que estamos afeitos. Os prazos e fórmulas para incorporarse a este PUNTO GAL foron presentados hoxe // Luís  Enrique confirma que o desta fin de semana, fronte ao Valencia será o derradeiro partido no que dirixa ao Celta. Compareceu nunha rolda de prensa a canda ao presidente do Clube vigués, Carlos Mouriño, que lle agradeceu o traballo feito co plantel. E o Depor xogase, o domingo, fronte ao Éibar, boa parte das súas opcións a ascender directamente a primeira. 16/05/14 

Unha sentenza da Audiencia de Pontevedra anula catro das cláusulas máis habituais que impoñen os bancos seus clientes ao contratar unha hipoteca.e rexistro // Presentada a primeira páxina web baixo o dominio PUNTO GAL // Luís Enrique confirma que o desta fin de semana , fronte ao Valencia será o derradeiro partido no que dirixa ao Celta. 16/05/14 

A Xunta prepara un decreto coas medidas para aumentar a competencia nas gasolineiras, coma medio  para abaratar os custes, actualmente 2 céntimos por riba da media de España, sobre todo nos gasóleos // A fiscalía abre expedientes a varios menores de Vigo por difundir por WhatsApp fotos íntimas dunha compañeira de trece anos. Entre os imputados están o exnoivo e algunha amiga da menor. A policía segue rastrexando os teléfonos desde os que reenviaron as imaxes, polo que poderían ampliarse as imputacións // Ourense é o centro da atención xerontolóxica ao celebrarse alí Galisenior // Case unha cuarta parte dos galegos ten máis de 65 anos e a nosa é unha das rexións de Europa máis envellecidas. Din os expertos que a clave de que sexamos moi lonxevos é a nosa dieta, a atlántica. 15/05/14 

Galego o paso adiante é o lema que moveu hoxe a catro mil rapaces que se concentraron o pé do estadio de Riazor e que marcharon polas rúas da Coruña ata a Torre de Hércules no Correlingua. Unha ocasión para defender o uso do galego que cada vez falan menos nenos // A fiscalía abre expedientes a varios menores de Vigo por difundir por WhatsApp fotos íntimas dunha compañeira de trece anos. Entre os imputados están o exnoivo e algunha amiga da menor. A policía segue rastrexando os teléfonos desde os que reenviaron as imaxes, polo que poderían ampliarse as imputacións // A Xunta prepara un decreto coas medidas para aumentar a competencia nas gasolineiras, coma medida para abaratar os custes, actualmente 2 céntimos por riba da media de España, sobre todo nos gasóleos. 15/05/14

Galego o paso adiante é o lema que moveu hoxe a catro mil rapaces que participaron na Coruña no Correlingua // A fiscalía abre expedientes a varios menores de Vigo por difundir por WhatsApp fotos íntimas dunha compañeira de trece anos // A Xunta prepara un decreto coas medidas para aumentar a competencia nas gasolineiras. 15/05/14