Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente del Goberno, Mariano Rajoy, reunirase con Ángela Merkel os días 24 e 25 de agosto en Santiago. Está previsto que a chanceler alemá faga un treito do Camiño e visite a catedral compostelá. Os dous mandatarios poderían aproveitar o encontro para desbloquear os nomeamentos comunitarios de cara o próximo consello europeo // As concesionarias das autoestradas portuguesas dispostas a recadar os impagos dos conductores españois. Os anteriores a 2012 prescribiron pero os dos últimos anos hai que pagalos. Moitos usuarios están a recibir por carta a factura con todo o que deixaron de pagar nas súas viaxes o pais veciño // Preocupación entre os apicultores galegos ante o aumento da poboación de avéspora asiática, unha especie invasora que chegou a  Galicia hai dous anos e que se alimenta das abellas. 18/08/14

As estradas convencionais e a velocidade á que circulamos por elas son, dende hoxe e ata finais da semana, obxectivo de especial vixilancia por parte dos axentes de tráfico // As concesionarias das autoestradas portuguesas dispostas a recadar os impagos dos conductores españois // Preocupación entre os apicultores galegos ante o aumento da poboación de avéspora asiática. 18/08/14

O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo en Vilanova de Arousa que o crecemento da económica demostra que o Goberno fixo o que tiña que facer  e que as reformas deben seguir.  Palabras do Presidente nun acto cos dirixentes galegos do Partido Popular, aos que acompañou na subida ao mirador do Monte Lobeira, sobre a Ría da Arousa, nun alto nas súas vacacións, nunha casa rural en Ribadumia. (14/08/14)

O día amañeceu nubrado con algunha precipitación débil en algunhas localidades como na Coruña  ou no norte de Lugo. Pero segundo avance a xornada os ceos irán quedando despexados. (14/08/14)

Os hoteis da comunidade agardan superar o 70 por cento de ocupación nos proximos días de ponte gracias  ao bon nivel que mantén o turismo internacional e ao aumento das chegadas de visitantes de outras zonas de España.

As autoridades de tráfico agardan  que, nos próximos días de ponte se produzan en Galicia  700 mil desprazamentos  de vehículos por estrada.  Van intensificar os controis  de todo tipo, pero sobre todo os de alcohol e drogas.

  O Celta gañoulle ao  Deportivo no derbi amigable o que lle marcou dous goles,  con Nolito como figura do partido. 

 O gran vencedor foi a afección galega, que demostrou que se pode disfrutar dun clásico sen incidentes. (14/08/14)

Os hoteis da comunidade agardan superar o 70 por cento de ocupación nos proximos días de ponte.

As autoridades de tráfico agardan  que, nos próximos días de ponte se produzan en Galicia  700 mil desprazamentos  de vehículos por estrada. 

 O Celta gañoulle ao  Deportivo no derbi amigable o que lle marcou dous goles,  con Nolito como figura do partido. (14/08/14)

Armadores e mariñeiros galegos da flota do arrastre quéixanse da actitude da Comisaria europea de pesca, María Damanaki. A mandataria incluíu no seu blog un consello para  non consumir  peixe capturado usando este arte pesqueiro.

  Despois de estar tres anos fugado a Interpol entregou a España a Jorge Luis Sousa Mejuto máis coñecido polo alcume de Makelele. Ingresará no cárcere  pra cumprir a condena polo accidente da rúa Jenaro de la Fuente de Vigo no que morrera un matrimonio en 2008.

   O Concello de Ribadeo pide  medidas de protección  e controis no acceso á praia das catedrais, escenario, nestes días centrais do verán de aglomeracións de visitantes. (13/08/14)

Armadores e mariñeiros galegos da flota do arrastre quéixanse da actitude da Comisaria europea de pesca, María Damanaki. 

Os prezos baixaron, o pasado mes de xullo, en Galicia un  un coma dous por cento,  respecto aos do mes anterior.

O Deportivo recibiu hoxe o seu último reforzo. O bosnio Medunjanin. (13/08/14)

Armadores e mariñeiros galegos da flota do arrastre quéixanse da actitude da Comisaria europea de pesca, María Damanaki. A mandataria incluíu no seu blog un consello para  non consumir  peixe capturado usando este arte pesqueiro.

Os prezos baixaron, o pasado mes de xullo, en Galicia un  UN COMA DOUS POR CENTO,  respecto aos do mes anterior, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística.

O Deportivo recibiu hoxe o seu último reforzo. O bosnio Medunjanin. Esta noite Deportivo e Celta disputarán un amistoso . (13/08/14)

O mal tempo deste verán parece que apenas está a afectar a ocupación hostaleira que rexistra  niveis similares os do ano pasado. 

   O pelotón da Vuelta Ciclista  estará acompañado  en Galicia   por dúas mascotas oficiais . Son Xaco e Cami e  terán protagonismo especial nas cinco últimas etapas.

   O Celta conta con un novo reforzo. Trátase do serbio Nemanja Radoja, un medio defensivo, de 21 anos. (12/08/14)

O mal tempo deste verán parece que apenas está a afectar a ocupación hostaleira que rexistra  niveis similares os do ano pasado. Unha circunstancia  que se está a constatar, sobre todo  no interior da comunidade onde,  e en zonas coma a Ribeira Sacra, a ocupación rolda o 90%

  Intensifícanse os traballos nas obras da autovía entre Santiago e Lugo. Está previsto inaugurar catro treitos entre Palas de Rei e a cidade das murallas, o ano que vén.

  Segue a presenza do lobo en zonas do interior e nas áreas con moito monte. 

É o caso de Covelo, en Pontevedra, onde o cánido salvaxe matou recentemente a catro becerros dunha mesma granxa. (12/08/14)

O mal tempo deste verán parece que apenas está a afectar a ocupación hostaleira que rexistra  niveis similares os do ano pasado. Unha circunstancia  que se está a constatar, sobre todo  no interior da comunidade onde,  e en zonas coma a Ribeira Sacra, a ocupación rolda o 90%

    Santiago será  a meta da Volta a España dentro dun mes. O pelotón estará acompañado desta vez por dúas mascotas oficiais . Son Xaco e Cami e  terán protagonismo especial nas cinco últimas etapas da gran ronda española que discorrerán polos Ancares, a Ribeira Sacra e as costa da Coruña e Pontevedra.

   O Celta conta con un novo reforzo. Trátase de Nemanja Radoja, un medio defensivo, de 21 anos  que esta mañá xa adestrou co equipo, na Madroa. Foi internacional con Serbia nas categorías  sub 18 e sub 21 e din os que o coñecen que  destaca polas súas características defensivas e pola súa técnica no control do balón e na visión do xogo. (12/08/14)

Os productores galegos de carne e de leite; os máis preocupados polo peche de importación de productos frescos da Unión Europea, decretada polas aurtoridades rusas, a raiz da críse bélica en Ucrania.

   Segue aumentando a cifra de  peregrinos  que chegan a Santiago  están a bater récord . Na pasada fin de semana rexistráronse máis de 7000 persoas que fixeron o camiño. 

A localidade ourensá de San Amaro conta co  primeiro mosteiro budista galego .

Catro monxes do Tibet bendeciron o lugar, dedicando dez horas diarias a construir un mandala de area. (11/08/14)

Os productores galegos de carne e de leite; os máis preocupados polo peche de importación de productos frescos da Unión Europea, decretada polas aurtoridades rusas, a raiz da crise bélica en Ucrania.

      Segue aumentando a cifra de  peregrinos  que chegan a Santiago  están a bater récord . Na pasada fin de semana rexistráronse máis de 7000 persoas que fixeron o camiño. 

  O galego Gustavo César Veloso gaña a Volta a Portugal, a segunda gran ronda que conquista o vilagarcián. Impúxose no sprint en Lisboa ao portugués Manuel Cardoso. (11/08/14)

Os gandeiros galegos de carne e de leite; os máis preocupados polo peche de importación de productos frescos da Unión Europea, decretada polas autoridades rusas.   

  Segue aumentando a cifra de  peregrinos  que chegan a Santiago  están a bater récord . 

  O galego Gustavo César Veloso gaña a Volta a Portugal. (11/08/14)

O tempo  non é  propio do verán, nesta segunda fin de semana de agosto. 

  As  choivas,  nalgunhas zonas, poden ser intensas. A situación mellorará algo, mañá sábado, pero  non toda a fin de semana.

  As rúas de Lugo amenceron practicamente limpas, logo  do remate,da  folga dos traballadores da recollida do lixo .  Só en zonas da periferia e do rural, quedan restos dos refugallos, acumulados durante a protesta, que durou... 2 meses

Vigo, convértese, dende  hoxe, na capital do deporte e a cultura urbanas, ao celebrarse alí, ata ao domingo, O MARISQUIÑO.

E A Coruña vive unha fin de semana grande, dentro das súas festas, coa celebración do Noroeste Pop-rock, no que  actuarán Madness e Love of Lesbian, entre outros grupos. (08/08/14)