Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O hospital de Lugo disporá de servizos de radioterapia a partir da próxima semana cando serán atendidos os primeiros doentes.
No verán podería entrar en servizo o treito entre Carballo e Baio, da autovía da Costa da Morte.
Novo rexistro na deputación de Lugo por orde da xuíza instructora da Operación Pulpo. (22/03/16)

A presenza do anticiclón é cada vez mais notiria e os seus efectos están presentes no predominio dos ceos despexados e na ausencia de precipitaciòns en toda a comunidade. (22/03/16)

O hospital de Lugo disporá de servizos de radioterapia a partir da próxima semana cando serán atendidos os primeiros doentes. O Sergas estima que no verán o servizo estará plenamente operativo e evitará que ao redor duns 800 doentes cada ano teñan que desprazarse ao centro oncolóxico de Galicia para recibir estes tratamentos.
No verán podería entrar en servizo o treito entre Carballo e Baio, da autovía da Costa da Morte. 25 quilómetros dunha infraestructura moi agardada que será libre de peaxe e que será realidade logo de máis de dez anos de espera para que máis de 120 mil veciños desta zona coruñesa.
Novo rexistro na deputación de Lugo por orde da xuíza instructora da Operación Pulpo. Axentes da unidade de delictos económicos e financeiros, a UDEF recabaron esta mañá facturas dos anos 2003 a 2014 do programa social do organismo provincial. (22/03/16)

As obras de construcciónn das vías do AVE están provocando grandes destrozos nas estradas e pistas dos concellos ourensáns polos que transcorren.
Segue a busca di mozo de ferrol, Brais Bogo Graña de 24 anos, desaparecido dende o pasado venres en santiago, onde estudaba Bioloxia.
A celebración da Semana Santa vive hoxe un dos seus días grande en Lugo. (21/03/16)

As obras de construcciónn das vías do AVE están provocando grandes destrozos nas estradas e pistas dos concellos ourensáns polos que transcorren. As autiridades locais van facer informes cos danos para que sexa o Ministerio de Fomento quen os repare, no caso de que as empresas constructoras non o fagan.
Segue a busca di mozo de ferrol, Brais Bogo Graña de 24 anos, desaparecido dende o pasado venres en santiago, onde estudaba Bioloxia. A familia e os amigos consideran estranas as circunstancias da desaparicion.
A celebración da Semana Santa vive hoxe un dos seus días grande en Lugo. Alí terá lugar esta tarde a procesión da Virxeda Esperanza, na que a Armada é unha das protagonistas. (21/03/16)

As obras de construcciónn das vías do AVE están provocando grandes destrozos nas estradas e pistas dos concellos ourensáns polos que transcorren. As autiridades locais van facer informes cos danos para que sexa o Ministerio de Fomento quen os repare, no caso de que as empresas constructoras non o fagan.
Segue a busca di mozo de ferrol, Brais Bogo Graña de 24 anos, desaparecido dende o pasado venres en santiago, onde estudaba Bioloxia. A familia e os amigos consideran estranas as circunstancias da desaparicion.
A celebración da Semana Santa vive hoxe un dos seus días grande en Lugo.
Alí terá lugar esta tarde a procesión da Virxeda Esperanza, na que a Armada é unha das protagonistas. Na cidade da muralla están xa, procedentes de Ferrol, a unidade de gastadores, e as seccións de Infantería de Mariña do Tercio Norte e do Arsenal Ferrolán que, pola tarde, lle darán escolta á imaxe da virxe. (21/03/16)

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE José Ramón Gómez Besteiro vai anunciar esta tarde a súa renuncia á fronte dos socialistas galegos. Convocou, para dentro de dúas horas, unha rolda de prensa na que, segundo fontes socialistas, comunicará a súa decisión. A fin de semana pasada xa reununciara tamén á candidatura á Xunta, despois de coñecerse que está sendo investigado por presuntas irregularidades na súa época coma Presidente da Deputación de Lugo // Comezan as vacacións de Semana Santa con cambio de tempo. Volven as chuvias que xa empezaron a caer polo oeste e que durante a tarde se extenderán ao resto de Galicia. A partir do luns agardase certa melloría // Na Semana Santa prevense, nas estradas galegas, millón e medio de desprazamentos. Van ser vixilados por uns seis mil axentes da Garda Civil. Os mil de tráfico e os dos postos do corpo de seguridade repartidos por toda Galicia. Contarán co apoio do helicóptero Pegasus e tamén de cinco novos radares. 18/03/16

Comezan as vacacións de Semana Santa con cambio de tempo. Volven as chuvias que xa empezaron a caer polo oeste e que durante a tarde se extenderán ao resto de Galicia. A partir do luns agardase certa melloría pero sen un pronóstico definitivo para os días centrais da semana santa // Na Semana Santa prevense, nas estradas galegas, millón e medio de desprazamentos. Van ser vixilados por mil axentes de tráfico que ontarán co apoio do helicóptero Pegasus e tamén de cinco novos radares que comezan a controlar as nosas estradas estes días // O conflicto interno da organización galega de Podemos vaise trasladar hoxe á xuntanza cos dirixentes territoriais que convocou o lider da formación, Pablo Iglesias, logo da destituciòn do secretario de Organizacion, Sergio Pascual. 18/03/16

Comezan as vacacións de Semana Santa con cambio de tempo // Na Semana Santa prevense, nas estradas galegas, millón e medio de desprazamentos // O conflicto interno da organización galega de Podemos vaise trasladar hoxe á xuntanza cos dirixentes territoriais que convocou o lider da formación, Pablo Iglesias. 18/03/16

A xuiza retiroulle o carnet de conducir ao home de 87 anos que o pasado sábado atropelou a un pelotón de ciclistas perto da Guarda, causándolle a morte a un deles e feridas a outros sete. O conductor prestou declaración no xulgado de Tui que o deixou en libertade pero investigado por delictos de homicidio e de lesións imprudentes // A Xunta aproba a devolucion da paga extra de decembro de 2012 retirada aos empregados publicos. A segunda metade da extra pendente de devolucion aboaraselles na nomina de abril e na de setembro.O consello autorizou ademais destinar 100 millons de euros a un plan de axudas a 1.500 proxectos empresariais. 17/03/16

A xuiza retiroulle o carnet de conducir ao home de 87 anos que o pasado sábado atropelou a un pelotón de ciclistas perto da Guarda, causándolle a morte a un deles e feridas a outros sete. O conductor prestou declaración no xulgado de Tui que o deixou en libertade pero investigado por delictos de homicidio e de lesións imprudentes // A Xunta aproba a devolucion da paga extra de 2012 retirada aos empregados publicos. A segunda metade da extra pendente de devolucion aboaraselles na nomina de abril e na de setembro.O consello autorizou ademais destinar 100 millons de euros a un plan de axudas a 1.500 proxectos empresariais // Os socialistas na Deputación de Lugo defenden a legalidade do programa de viaxes Quilómetro Cero e as axudas sociais, ambos investigados na Operación Pulpo pola que o expresidente do organismo, Gómez Besteiro, renunciou á candidatura á Xunta. O Partido Popular di que a xuíza investiga a exsistencia de contabilidade irregular e a existencia de listas negras. 17/03/16

A xuiza retiroulle o carnet de conducir ao home de 87 anos que o pasado sábado atropelou a un pelotón de ciclistas perto da Guarda, causándolle a morte a un deles e feridas a outros sete // A Xunta aproba a devolucion da paga extra de decembro de 2012 retirada aos empregados publicos // Os socialistas na Deputación de Lugo defenden a legalidade do programa de viaxes Quilómetro Cero e as axudas sociais. 17/03/16

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado.
Case 250 agresións sofriu o persoal sanitario o ano pasado en Galicia aínda que só acabaron en denuncia 5 delas. (16/03/16)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara e mantén a pena de 18 anos de prisión para cada un deles.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado.
Case 250 agresións sofriu o persoal sanitario o ano pasado en Galicia aínda que só acabaron en denuncia 5 delas. No día nacional contra este tipo de violencia os colexios médicos reclaman que as agresións verbais sexan consideradas delictos contra a autoridade. (16/03/16)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara e mantén a pena de 18 anos de prisión para cada un deles. Considera que a nai, Rosario Porto, é a autora material da morte, sen participaciòn do pai, Alfonso Basterra, pero obrando en cumplimento dun plan trazado conxuntamente polos dous.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado. Púxose diante del, no seu escano, despois de rematar unha intervención na que acusara ao PP de corrupto.