Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sanidade levanta as restriccións de desplazamento en todos os concellos da Mariña agás o de Burela, onde mantén a prohibición de entrar ou sair sen causa xustificada. Os casos activos do rebrote na comarca baixan a 151, 12 menos que onte, e hai 2 hospitalizados. 

.// Dúas persoas mortas ao colisionar o vehículo no que viaxaban contra a mediana da A-6 á altura de Abegondo: o condutor, de 19 anos, e a sua nai. Outra muller, que iba no asento traseiro, está ferida de gravidade. 

//A directiva do PP recibe en Madrid con aplausos a Núñez Feijóo. O vencedor das eleccións autonómicas pide aos líderes da sua formación que manteñan o partido centrado e temperado. E a fórmula, dixo, para vencer ao populismo como en Galicia. (15/07/2020)

O brote de Covid 19 da Mariña rexistra 21 casos menos, agora os positivos son un total de 161, e non se detectou ningún novo nas últimas 24 horas. Sanidade da tamén por controlado o episodio de Beariz, detectado en tres persoas asintomáticas procedentes de México. 

.// Traballadores de Alcoa representan unha crucifixión en protesta pola intención da empresa de pechar a planta de Aluminio. Piden un aprazamento na negociación do Ere mentres dure a restrición de desprazamentos na comarca da Mariña. 

// Polémica en Cangas pola restrición de acceso en coche a varias praias para evitar aglomeracións. O aparcamento só se permite a veciños empadroados e veraneantes que residen no municipio. (14/07/20)

Catro anos máis de goberno para Alberto Núñez Feijóo. É o veredicto das urnas nunha atípica xornada electoral, marcada polas medidas para evitar contaxios. O candidato do PP iguala a Manuel Fraga cunha contundente cuarta maioría absoluta, con case o 48 por cento dos votos, e victoria nas catro provincias e nas sete principais ciudades // Os comicios tamén deixan outro resultado histórico: o do Bloque Nacionalista Galego que se converte en segunda forza política. Pasa de 6 a 19 deputados e supera o acadado en 1997 por Xosé Manuel Beiras. A candidata, Ana Pontón, que será a nova líder da oposición, agradeceu ás máis de trescentas mil persoas que lle deron a sua confianza // Os socialistas vense relegados, de novo, á tercera posición. A candidatura encabezada por Gonzalo Caballero apenas consegue un escano máis que hai catro anos, pese a que foran a forza máis votada nas xerais, e que o espazo político de En Marea queda sen representación. 13/07/20

Sanidade considera controlado o Brote da Mariña, no que se rexistran 17 novos casos, e declara a Burela como único foco quente de contaxios, de onde os veciños so poderán sair por motivos laborais ou sanitarios. Mantén con mobilidade reducida a seis concellos da costa e levanta as restriccións no resto da comarca // Os casos activos en toda Galicia ascenden a 256, dos que case 200 corresponden á area sanitaria de Lugo. En Beariz detéctanse catro contaxios. Os pacientes hospitalizados elévanse a oito, un deles ingresado na UCI do hospital de Vigo, cando se cumpre un mes dende o último falecemento por COVID-19 en Galicia // Os candidatos intensifican a actividade cos últimos actos antes do peche, as 12 da noite, da campaña electoral. Os 2.400 colexios electorais, preparados para cumprir, o domingo, o protocolo especial para garantir a seguridade de electores e membros das mesas. 10/07/20

Aumentan en 21 os casos de Covid-19 relacionados co brote da Mariña. no conxunto de Galicia os contaxios activos son 11 máis que onte. A área sanitaria de Lugo chega aos 190 positivos, un deles unha traballadora dunha residencia de maiores de Burela. A Xunta estuda limitar as restriccións de mobilidade a este concello, que concentra o 80 por cento dos casos // Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizacións. Piden ao goberno que interveña xa a compañía para forzar á dirección a retirar o ERE ou a vender a Planta de Aluminio a outro inversor que manteña a producción // A Avogacía do Estado insiste en que os gastos de adquisición e mantenemento do Pazo de Meirás foron sufragados íntegramente con fondos públicos no xuizo que hoxe remata na Coruña sobre a titularidade do Edificio. 09/07/20

Nova subida de casos de Covid-19 en Galicia, 11 máis que onte. A área sanitaria de Lugo chega aos 190 positivos, un deles unha traballadora dunha residencia de maiores de Burela. A Xunta estuda limitar as restriccións de mobilidade a este concello, que concentra o 80 por cento dos casos // Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizacións. Piden ao goberno que interveña xa a compañía para forzar á dirección a retirar o ERE ou a vender a Planta de Aluminio a outro inversor que manteña a producción // A Avogacía do Estado insiste en que os gastos de adquisición e mantenemento do Pazo de Meirás foron sufragados íntegramente con fondos públicos no xuizo que hoxe remata na Coruña sobre a titularidade do Edificio. 09/07/20

O rebrote da Mariña suma 23 novos positivos, o que fai un total de 144 contaxios activos detectados ata agora. O 90 por cento deles concéntrase nos concellos de Burela, Foz e Xove. O resto da comarca, cunha incidencia moito menor, confía en volver pronto á normalidade // No conxunto de Galicia os casos activos de Covid-19 baixan a 245, 11 menos que onte, pese ao incremento correspondente á Area sanitaria de Lugo na que os positivos ascenden a 166. Hai sete hospitalizados, as UCI seguen valeiras e non se rexistran falecementos dende o 10 de xuño // O Pazo de Meirás foi adquirido mediante un documento de venda simulada. Así o declaran os expertos no xuízo sobre a propiedade do edificio que se celebra na Coruña. Mentres, A Familia Franco pon a venda a Casa de Cornide, reclamada polo concello. 08/07/20

Preocupación en Burela, Foz e Xove, que concentran o 90 por cento dos contaxios rexistrados ata agora en relación co rebrote da Mariña, que aumenta en 15 casos máis. O resto de concellos da comarca, cunha incidencia moito menor, confía en volver pronto á normalidade // Os casos activos de Covid-19 volven baixar no conxunto de Galicia, a 245, 11 menos que onte, pese ao incremento correspondente á Area sanitaria de Lugo na que os positivos ascenden a 166 positivos. Hai sete hospitalizados e as UCI seguen valeiras e non se rexistran falecementos dende o 10 de xuño // O Pazo de Meirás foi adquirido mediante un documento de venda simulada. Así o declaran os expertos no xuízo sobre a propiedade do edificio que se celebra na Coruña. Mentres, A Familia Franco pon a venda a Casa de Cornide, reclamada polo concello. 08/07/20

Intensa busca na ría de Noia de dous mozos desaparecidos dende onte á tarde, cando sairon ao mar a bordo dun kaiak na praia de Coira, en Portosín. Una moza que os acompañaba foi rescatada a salvo // O brote da Mariña rexistra un total 121 casos, a maioría concentrados nos concellos de Burela, Foz e Xove. A Xunta estuda posibles restriccións de movemento selectivas e asegura que a situación non impide celebrar as eleccións na comarca  // Medidas especiais de hixiene para evitar contaxios, novos modelos de exame e récord de participantes. Ata 14.500 alumnos enfróntanse dende hoxe ás probas de acceso á universidade repartidos en 46 sedes de 20 concellos. 07/07/20

Controis de tráfico intermitentes nos accesos e patrullas de verificación. Así é o primeiro día do confinamento decretado pola Xunta nos 14 concellos da Mariña, con 70.000 habitantes, para frear o rebrote que contabiliza xa 128 positivos. Só se permite entrar ou saír da comarca por razóns de traballo // O rebrote da Mariña converte a Area Sanitaria de Lugo na máis afectada polo Covid-19 en Galicia, con 143 casos, 26 máis ca onte. No conxunto de Galicia os contaxios activos rexistrados descenden ata un total de 254 // Empeza na Coruña o xuizo pola propiedade do Pazo de Meirás, coa testemuña de Antigos funcionarios que declaran ter prestado servizo oficial nas instalacións. O abogado da Familia Franco ve unha motivación política trala reclamación por parte da abogacía do Estado de que o edificio sexa recoñecido como patrimonio público. 06/07/20 

Doce novos positivos elevan a 59 os contaxiados na repunta de coronavirus da Mariña de Lugo. Máis de medio milleiro de persoas están en corentena // Chegan os primeiros turistas de fóra de Galicia dentro do primeiro circuito cultural trala pandemia, visitando os lugares máis representativos de Galicia // O avogado do Estado defenderá no xuízo pola propiedade do pazo de Meirás, da próxima semana, que o inmoble pasou á familia Franco de xeito ilegal. 03/07/20

O fin do Estado de Alarma séntalle ben ao emprego en Galicia. Xuño remata con 6.428 parados menos, e 10.000 afiliados máis a seguridade social. Datos que contrastan co balance negativo do conxunto de España. 60.000 traballadores que estaban en ERTE reincorporaronse as suas empresas na nosa comunidade // Os positivos relacionados co brote da Mariña ascenden xa a 47, 12 máis que o día anterior, e hai 500 persoas en illamento domiciliario. Os casos activos en Galicia elévanse a 317 e catro pacientes están hospitalizados // A Catedral de Santiago volve poder ser visitada polo público, cun límite de 200 persoas á vez, logo de case catro meses. Ás misas do peregrino, que tamén se recuperan, poderán asistir un máximo de 75. 02/07/20

Elévanse a 35 os positivos relacionados co rebrote de COVID-19 da Mariña, dous deles ingresados. Sanidade atribue o foco de contaxio a relaxación e o incumprimento da medidas preventivas, especialmente por parte da mocidade. En toda Galicia, os casos activos son 313 // Remata por fin a separación forzosa co norte de Portugal. A reapertura da Fronteira é aproveitada por moitos compradores para acudir á feira de Valença, e permite reactivar a vitalidade económica de todo o Baixo Miño // Xornada de Folga de folga en Alcoa con numerosos comercios da comarca pechados en solidariedade cos traballadores. O goberno cifra en 800 millóns as axudas recibidas pola multinacional que tería que devolver se continúa co peche da planta de aluminio. 01/07/20