Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Morren tres traballadores galegos nun accidente na Nacional VI. A furgoneta na que viaxaban, dunha empresa de pintura de Cerceda colisionou cun camión, á altura da localidade de Carracedelo, no bierzo | A Xunta comenzara a administrar a partir do mércores a vacina do virus do papiloma humano a 27.000 varóns de 15 a 18 anos | Protesta en Vigo contra a subvención autonómica concedida ao proxecto inmobliario para construir once vivendas de uso turístico no Paseo de Alfonso | Máximo risco de incendios, hoxe en 33 concellos, sobre toda a metade sur | O celta suscribe o mellor inicio de temporada en Balaídos dende hai un cuarto de século. Na quinta xornada vence ao Valladolid por tres

Tres traballadores galegos, falecen nun accidente de trafico ao chocar a furgoneta na que viaxaban cun camión, na Estrada Nacional VI, ao seu paso pola localidade leonesa de Carracedelo, cerca de Ponferrada. Os falecidos son dos veciños de Coristanco e outro compañeiro da empresa de orixe sudamericana, os tres empregados dunha empresa de pinturas radicada na localidade coruñesa de Cerceda | A Xunta comenzara a administrar a partir do mércores a vacina do virus do papiloma humano a 27.000 varóns de 15 a 18 anos. Rueda confirma que manterá o venres unha xuntanza con Pedro Sánchez na Moncloa, polo que suspendeu a viaxe prevista a Brasil| Protesta en Vigo contra a subvención autonómica concedida ao proxecto inmobliario para construir once vivendas de uso turístico no Paseo de Alfonso. A asociación Os Ninguéns, de axuda a persoas vulnerables, Reclama que os fondos sexan destinados a favorecer necesidades de aloxamento de emerxencia social | O celta suscribe o mellor inicio de temporada en Balaídos dende hai un cuarto de século. Na quinta xornada vence ao Valladolid por tres a un cunha gran aportación dos xogadores da canteira, sobre todo, do ourensán Hugo Álvarez. Sitúase quinto na táboa e o segundo equipo máis goleador, despois do Barcelona

Máximo risco de incendios, hoxe en 33 concellos, sobre toda a metade sur. As altas temperaturas aumentan o perigo e nas últimas horas producíronse varios focos. Arestora son dous os lumes activos. Un no concello ourensán de Laza e outro no pontevedrés de Arbo, que xa foi estabilizado | 27 mil varóns, entre 15 e 18 anos poderán ser vacinados contra o papiloma humano a partir do vindeiro mércores. Ásí o aprobou hoxe o consello da Xunta, que tamén acordou adicar 8 millóns de euros a mercar vievenda pública para poñer en aluguer | O Celta de Vigo está a ser dos mellores equipos da primeira división neste comezo da tempada por xogo e pola súa solidez na casa. Na quinta xornada vencía ao Valladolid por tres goles a un cunha gran aportación dos xogadores da canteira, sobre todo, do ourensán Hugo Álvarez

Principia unha fin de semana de tempo seco e solleiro. Despois dunha mañá con algúns bancos de néboa no interior, os ceos van quedando despexados con máis nubes no extremo. As temperaturas mínimas, notámolo esta mañá, baixaron pero as máximas han subir, hoxe e mañá, con valores que oscilarán entre 25 e 30ºC.

O BNG cumpre o seu anuncio de forzar unha comisión de investigación parlamentaria sobre contratos da Xunta que considera irregulares. Entre eles, a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, ou as adxudicacións á empresa Eulen. Pedirán que comparezan o expresidente Núñez Feijóo e o actual, Alfonso Rueda | Viticultores da Ribeira Sacra manteñen as protestas, pola negativa das grandes adegas a mercalles a uva, debido aos excedentes que teñen acumulados. Hoxe, convocados polo Sindicato Labrego, chegaron a repartir acios entre o público, en Lugo. A Xunta comprométese a buscar unha solución para que toda a colleita poda ser recollida, e asegurar que non se repita no futuro| As exportacións de lousa de Valdeorras descenden un nove por cento no último ano, pola caída da actividade da construcción en países como Alemania, Reino Unido e Francia. As empresas do sector, que da emprego a máis de 4.000 traballadores na comarca, confían nunha recuperación nos próximos meses e apostan por mellorar a dixitalización do proceso produtivo | Achegar a maxia ao público de todas as idades. Con ese obxectivo nace Pontevedra Máxica Fest.Un festival no que magos de distintos puntos de España ofrecen ,ao longo da fin de semana. máis dunha vintena de espectáculos en locais de hostalería e lecer. Esta mañá arrancaron na Residencia de Maiores de Campolongo

O BNG cumpre o seu anuncio de forzar unha comisión de investigación parlamentaria sobre contratos da Xunta que considera irregulares | Viticultores da Ribeira Sacra manteñen as protestas, pola negativa das grandes adegas a mercalles a uva, debido aos excedentes que teñen acumulados | As exportacións de lousa de Valdeorras descenden un nove por cento no último ano, pola caída da actividade da construcción en países como Alemania, Reino Unido e Francia | O ciclista coruñes Damián Ramos volve de París, onde recibi a medalla paralímpica de bronce | As listas de agarda, tanto para probas como para consultas e cirurxías, principal motivo de queixa dos cidadáns ante a valedora do pobo | Achegar a maxia ao público de todas as idades. Con ese obxectivo nace Pontevedra Máxica Fest

O BNG formaliza no Parlamento a solicitude dunha comisión para investigar supostos contratos irregulares da Xunta durante o mandato de Núñez Feijóo. Fai valer, así, a potestade que lle permite o regulamento da Cámara para superar o veto da maioría absoluta do PP, unha vez en toda a lexislatura | Movilización este mediodía en Lugo diante da Xunta para reclamar unha actuación urxente que facilite a vendima dos viticultores aos que as grandes adegas anunciaron que non van mercarlles a uva | As listas de agarda, tanto para probas como para consultas e procedementos cirúrxicos, principal motivo de queixa dos cidadáns ante a valedora do pobo |O ciclista coruñes Damián Ramos volve de París, onde recibi a medalla paralímpica de bronce | 

Unha fronte pouco activa deixa hoxe ceos con abundantes nubes e algunha chuvia ocasional, máis probable no terzo norte. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenden algo, con 19 graos en Lugo, 22 en Santiago e 27 en Ourense

Protexidos con cascos de obra entraban esta mañá os alumnos ao colexio público Altamar de Vigo. As Familias e a dirección do centro denuncian o mal estado do edificio e reclaman unha resposta a Xunta e o Concello, responsables do edificio e o mantenemento | Os presidentes autonómicos de Galicia e Asturias coinciden en reclamar unha solución común para mellorar o financiamento das comunidades. No seu encontro anual en Viveiro, Alfonso Rueda e Adrián Barbón aseguran que actualmente todas están infrafinanciadas para os servizos que prestan | Os accidentes laborais aumentaron un sete por cento no último ano en Galicia, que se converte na terceira comunidade con máis falecementos de traballadores. Destaca a repunta deste verán cun total de oito vítimas mortais, catro delas no mar | Hoxe coñecemos a historia de José Pérez é un veciño de Ourense que aos 90 anos ve cumprido o seu soño dende neno: ser músico e tocar a zanfona. Agora é alumno destacado na Escola de Gaitas da Deputación, di que o seu caso é un exemplo de que nunca se debe deixar de aprender

Protexidos con cascos de obra entraban esta mañá os alumnos ao colexio público Altamar de Vigo | Os presidentes autonómicos de Galicia e Asturias coinciden en reclamar unha solución común para mellorar o financiamento das comunidades | Os accidentes laborais aumentaron un sete por cento no último ano en Galicia, que se converte na terceira comunidade con máis falecementos de traballadores | A Xunta notifica a detección de tres novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica | José Pérez é un veciño de Ourense que aos 90 anos ve cumprido o seu soño dende neno: ser músico e tocar a zanfona. Un exemplo, di, de que nunca se debe deixar de aprender

Con casco de obra na cabeza. Así entraron ao centro os alumnos do colexio público Altamar de Vigo para reclamar melloras ante o deterioro do centro. A ANPA e a dirección denuncian o mal estado do edificio | En Viveiro o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o de Asturias, o socialista Adrián Barbón coinciden en que é necesario aumentar o financiamento de todas as comunidades | A Xunta notifica a detección de tres novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica | José Pérez, veciño de Ourense que xa dende neno tiña un soño: tocar a zanfona. Cumpriuno agora de maior, ós seus 90 anos. Cada martes vai a clase, na Escola de Gaitas da Deputación

Volta ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional | Entre os estudantes que volven hoxe as aulas hai 321 nenos cegos ou con algunha discapacidade visual | | A Xunta asumirá o 60 por cento da subida anunciada por Sogama para o canon de recollida do lixo, como consecuencia do novo imposto para os residuos | Inditex obtén uns beneficios de 2.768 millons de euros no primeiro semestre do ano, o que supón un aumento de máis dun 10 por cento | Un 15% dos galegos afirma sufrir soidade crónica, . Son datos do Barómetro da Soidade da Once e a Fundación Axa, presentado hoxe. A soidade non desexada afecta máis na franxa de idade entre 18 e 35 anos que entre os maiores

Hoxe permanece a influencia das altas presións, coa entrada dunha fronte fría pouco activa polo norte, onde predominan as nubes baixas, con chubascos ocasionais mentres, na metade sur os ceos permanecen parcialmente cubertos. As temperaturas sofren un descenso entre lixeiro e moderado, con máximas de 21 graos en Santiago a 25 en Ourense

Volta ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional. Son uns 3.200 menos que o curso anterior, como resultado da baixa natalidade. A Xunta anuncia un récord histórico no número de profesores | A Xunta asumirá o 60 por cento da subida anunciada por Sogama para o canon de recollida do lixo, como consecuencia do novo imposto para os residuos. Anunciouno Rueda na Sesión de Control do Parlamento, na que Ana Pontón pedíulle que negocie con Pedro Sánchez sobre a súa proposta para o financiamento autonómico| Inditex obtén uns beneficios de 2.768 millons de euros no primeiro semestre do ano, o que supón un aumento de máis dun 10 por cento | Un 15% dos galegos afirma sufrir soidade crónica. Son datos do Barómetro da Soidade da Once e a Fundación Axa. Afecta máis na franxa de idade entre 18 e 35 anos que entre os maiores. Os expertos cren que é debido á utilización das novas tecnoloxías e á falta de verdadeiras relacións de amizade

Hora de volver ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional. Son uns 3.200 menos que o curso anterior, como resultado da baixa natalidade | Entre os estudantes que volven hoxe as aulas hai 321 nenos cegos ou con algunha discapacidade visual. Equipos multidisciplinares da ONCE traballan con eles para garantir a súa inclusión plena | A Xunta asumirá o pago do 60 por cento da suba do canon da recollida do lixo anunciada por Sogama. Anunciouno o Presidente Rueda, na sesión do Control do Parlamento | O premio Nobel de Física Klaus von Klitzing está en Santiago, dentro do programa de divulgación científica 'Conciencia' que dirixe o catedrático da universidade de Santiago Jorge Mira. Mañá ofrecerá unha conferencia sobre a revolución cuántica en metroloxía

Concentración de país e nais en Lugo, contra do recorte de profesorado previsto nunha ducia de centros educativos da provincia, pese a que a Xunta anuncia para o curso que comenza mañá a contratación do maior número de profesores da historia. As Anpas piden que non se unifiquen aulas ante a caida do número de alumnos | O Parlamento crea unha comisión para investigar contratos da Xunta nos que a oposición sospeita de irregularidades, como o sobrecusto do Hospital Alvaro Cunqueiro, e os suscritos coa empresa Eulen, na que ocupa un posto directivo a irmá de Núñez Feijóo. Pese ao voto contrario do PP, o BNG activou o mecanismo que lle permite forzar a creación dunha comisión en cada lexislatura | A ocupación turística acadou un 80 por cento en Galicia, nos meses de xullo e agosto e algunhas zonas chegaron a rozar cen por cen. É o balance que que fai o sector tras unha temporada na que a nosa comunidade rexistrou un 75 por cento de turistas de orixe nacional | Hoxe imos coñecer unha das construccións relacionadas coa auga polas que a Ribeira Sacra aspira a ser declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. É un neveiro, unha fábrica de xeo do século dezaseis, escavada a 1.200 metros de altitude na Serra de Cabeza de Meda, no concello de Xunqueira de Espadanedo. Foi abandonada hai 200 anos. Quedou á vista tras unha recente intervención arqueolóxica

Quedamos, transitoriamente, baixo a influencia do anticiclón. Intervalos de nubes baixas, con tendencia a quedar cos ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas en moderado ascenso, mentres que as máximas non experimentan cambios significativos, entre os 21 graos de Santiago aos 27 en Ourense

Pais e nais, concéntranse en Lugo, contra do recorte de profesorado no curso que comenza mañá, nunha ducia de centros educativos da provincia. Piden que non se unifiquen aulas e que se cubran todas as prazas de mestres e persoal de apoio aos alumnos con discapacidade | O Parlamento activa unha comisión de investigación pese ao voto en contra do grupo maioritario. O BNG decidíu forzala ao contar cun terzo dos deputados da Cámara. Abordará distintas contratacións da Xunta que foron cuestionadas polo Consello de Contas | Alerta en Portugal pola fuga de cinco presos dun cárcere en Lisboa. As autoridades advertiron a Garda Civil ante a posibilidade de que optaran por sair a traves dalgún paso fronteirzo | 

Concentración de país e nais en Lugo, contra do recorte de profesorado previsto nunha ducia de centros educativos da provincia, pese a que a Xunta anuncia para o curso que comenza mañá a contratación do maior número de profesores da historia | O Parlamento crea unha comisión para investigar contratos da Xunta nos que a oposición sospeita de irregularidades, como o sobrecusto do Hospital Alvaro Cunqueiro, e os suscritos coa empresa Eulen, na que ocupa un posto directivo a irmá de Núñez Feijóo | A ocupación turística acadou un 80 por cento en Galicia, nos meses de xullo e agosto e algunhas zonas chegaron a rozar cen por cen | Alerta en Portugal pola fuga de cinco presos dun cárcere en Lisboa. As autoridades adverten da posibilidade de que optaran por sair a traves dalgún paso fronteirzo

Primeiro día de clase nas Universidades Galegas. E o inicio dun curso que conta con Cerca de 30.000 alumnos na de Santiago, 13.000 na da Coruña de 19.000 na de Vigo | Desconcerto entre os usuarios de Renfe a primeira hora desta mañá ao desapareceren da aplicación as frecuencias dos rexionais entre A Coruña e Vigo e figurar os trens rápidos completos | Na segunda división, o Racing de Ferrol empata a cero co Mirandés na Malata e o Deportivo a un co Granada fóra da casa. O punto gañado non evita a decepción dos ferroláns, pero si satisfai aos deportivistas pola dificultade do rival | As Meninas volven ser protagonistas no barrio ferrolán de Canido, nun certame convertido xa nun referente turístico