Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro. Hoxe quedou aberto ao tráfico o novo viaduto en dirección á Coruña | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento. A repunta débese ao encarecemento do lecer e a cultura e, sobre todo, á suba dos carburantes  | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan unhas datas tan vencelladas ao consumo de alcol. No Nadal de 2023, os hospitais galegos atenderon 362 intoxicacións etílicas | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela. Na ofrenda lembrouse os afectados polas riadas de Valencia e polas guerras de Ucraína e Oriente Medio. O arcebispo considerou inaceptable a utilización dos migrantes como arma política

Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento, catro décimas máis que en novembro e no nivel máis alto desde xullo | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan estas datas | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela

Galicia continúa hoxe baixo influencia anticiclónica. A primeira hora tivemos néboas persistentes, sobre todo no interior, que foron dando paso a ceos despexados. Tempo seco e non demasiado frío. As mínimas en Lugo e Ourense foron esta mañá de tres graos e as máximas acadarán valores bastante altos: 15 graos na Coruña e Vigo, 16 en Pontevedra e Santiago, 17 en Ferrol. A tónica manterase durante a fin de semana, cando aumentarán as nubes, pero sen apenas chuvias, se cadra algunha precipitación feble no litoral oeste. Si baixarán un chisco as temperaturas

Moito movemento en estacións, aeroportos e nas estradas, co cambio de quenda entre os colleron vacacións en Nadal e os que teñen libre a semana de fin de ano | Os empresarios de salas de festas e discotecas de Galicia calculan que este ano as festas ilegais superarán as trescentas, un 30 por cento menos que o ano pasado | 'Cantareira' é a palabra do ano, escollida pola cidadanía no Portal das Palabras da Real Academia Galega | Reducir os trámites e os tempos de espera no recoñecemento da dependencia. É o obxectivo do plan que porá en marcha a Xuta a partir do primeiro de xaneiro cunha dotación de 90 millóns de euros

Moito movemento en estacións, aeroportos e nas estradas, co cambio de quenda entre os colleron vacacións en Nadal e os que teñen libre a semana de fin de ano. Hai unha hora comezou o dispositivo especial de Tráfico | Os empresarios de salas de festas e discotecas de Galicia calculan que este ano as festas ilegais superarán as trescentas, un 30 por cento menos que o ano pasado. Advirten do perigo que supón | 'Cantareira' é a palabra do ano, escollida pola cidadanía no Portal das Palabras da Real Academia Galega. Impúxose na votación sobre outras como 'meu', 'fala' ou, quizais a máis mediática deste ano, 'dina' | Reducir os trámites e os tempos de espera no recoñecemento da dependencia. É o obxectivo do plan que porá en marcha a Xuta a partir do primeiro de xaneiro cunha dotación de 90 millóns de euros. A intención é resolver todas as solicitudes nun prazo de seis meses

Moito movemento en estacións, aeroportos e nas estradas, co cambio de quenda entre os colleron vacacións en Nadal e os que teñen libre a semana de fin de ano | Os empresarios de salas de festas e discotecas de Galicia calculan que este ano as festas ilegais superarán as trescentas, un 30 por cento menos que o ano pasado | 'Cantareira' é a palabra do ano, escollida pola cidadanía no Portal das Palabras da Real Academia Galega | O último consello da Xunta de 2024 aprobou a declaración do ano que vén como Ano Castelao, con motivo do 75 aniversario do seu pasamento

O anticiclón veu polo Nadal e promete acompañarnos ata final de ano. Así con este prognóstico, o máis destacado son as néboas matinais, persistentes en puntos da provincia de Lugo e as temperaturas que poden baixar algo polo oeste, co que os valores poderían quedar lixeiramente por baixo dos 20 graos aos que chegaron os termómetros nalgúns puntos das Rías Baixas o día de Nadal. Hoxe as máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 18 que agardan en Pontevedra

Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel | 270 persoas maiores de 60 anos, que viven soas, xúntanse estes días para pasar o Nadal en dúas residencias de tempo libre da Xunta | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis

Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel, que tampouco é infalible. Unhas veces é o talle e outras, directamente, que non nos gusta o que trouxo | 270 persoas maiores de 60 anos, que viven soas, xúntanse estes días para pasar o Nadal en dúas residencias de tempo libre da Xunta. Actividades e compañía nun programa, Xuntos polo Nadal, que se celebra desde hai máis de 20 anos | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos. Nun colexio do concello de Oroso puxeron en marcha un programa para axudar a conciliar | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis. O Celta escolleu o día de Nadal para anunciar que amplía o contrato co xogador de Moaña ata xuño de 2026

Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos. Nun colexio do concello de Oroso puxeron en marcha un programa para axudar a conciliar | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis. O Celta escolleu o día de Nadal para anunciar que amplía o contrato co xogador de Moaña ata xuño de 2026

O día de Noiteboa amenceu con máis frío e con néboas polo interior pero en xeral os ceos foron quedando despexados e con temperaturas algo máis altas ca onte. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo aos 18 que se agardan en polas Rías Baixas. Tempo practicamente idéntico ao que agardamos para o día de Nadal

Actividade frenética. As prazas e mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais do ano. O marisco e os peixes lideran os prezos | En moitas vilas e cidades xa están de celebración. Algúns comezaron xa á hora do aperitivo e prolongan durante a tarde as reunións con amigos ata que toque marchar á casa para cumprir coa tradición familiar | Día de reencontros. Momentos especiais para as persoas que viven fóra e regresan ao fogar nestas datas festivas. Os aeroportos son hoxe lugares de bicos, abrazos e emocións | Visitamos uns dos beléns de máis sona de Galicia, o que fixo o escultor Arturo Baltar, que está aberto nunha capela do casco histórico de Ourense

Actividade frenética. As prazas e mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as últimas compras | En moitas vilas e cidades xa están de celebración. Algúns comezaron xa á hora do aperitivo e prolongan durante a tarde as reunións con amigos | Día de reencontros. Os aeroportos son hoxe lugares de bicos, abrazos e emocións | Visitamos uns dos beléns de máis sona de Galicia, o que fixo o escultor Arturo Baltar, que está aberto nunha capela do casco histórico de Ourense

Actividade frenética. As prazas e mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais do ano. O marisco e os peixes lideran os prezos | En moitas vilas e cidades xa están de celebración. Algúns comezaron xa á hora do aperitivo e prolongan durante a tarde as reunións con amigos | Os aeroportos son hoxe lugares de bicos, abrazos e emocións | Visitamos o belén que fixo o escultor Arturo Baltar, que está aberto nunha capela do casco histórico de Ourense

O anticiclón volve para o Nadal. Vaise achegando a Galicia con aumento do nordés que nos ha deixar temperaturas algo máis baixas. De momento durante a mañá aínda tivemos os ceos con bastantes nubes polo norte. Pola tarde abriranse máis claros, con ceos máis despexados sobre todo no sur. As temperaturas máximas oscilarán entre os 11 graos de Lugo, 13 en Santiago ou 15 en Ourense e nas Rías Baixas

Poucos premios e moi repartidos. Galicia xogada máis 220 millóns de euros no sorteo da lotaría de Nadal, pero a fortuna só trouxo de volta menos de dez millóns en premios | Un xulgado do Carballiño ordena o ingreso en prisión de catro membros dunha banda especializada en roubar casas. A Garda Civil atribúelle a este grupo, que tiña a súa base nun piso turístico de Vigo, trece asaltos a vivendas | Carmela Álvarez, unha moza da Coruña afeita a derrubar barreiras. Ten unha tenda na que vende as xoias que ela mesmo elabora | Visitamos un dos Beléns máis famosos de Galicia, o de Begonte, en Lugo. Foi un dos primeiros en movemento. Remóntase a 1972

Poucos premios e moi repartidos. Galicia xogada máis 220 millóns de euros no sorteo da lotaría de Nadal, pero a fortuna só trouxo de volta menos de dez millóns en premios | Un xulgado do Carballiño ordena o ingreso en prisión de catro membros dunha banda especializada en roubar casas. A Garda Civil atribúelle a este grupo, que tiña a súa base nun piso turístico de Vigo, trece asaltos a vivendas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra | Carmela Álvarez, unha moza da Coruña afeita a derrubar barreiras. É a primeira persoa con síndrome de Down en España que abre o seu propio negocio. Ten unha tenda na que vende as xoias que ela mesmo elabora | Visitamos un dos Beléns máis famosos de Galicia, o de Begonte, en Lugo. Artesanal e animado electronicamente, foi un dos primeiros en movemento. Remóntase a 1972

Poucos premios e moi repartidos. Galicia xogada máis 220 millóns de euros no sorteo da lotaría de Nadal, pero a fortuna só trouxo de volta menos de dez millóns en premios | Remata o período de sesións no Parlamento galego e os partidos políticos fan balance. O BNG destaca de 2024 a deriva autoritaria do Partido Popular. O grupo socialista considera que este ano empeorou a vida dos galegos | Visitamos un dos Beléns máis famosos de Galicia, o de Begonte, en Lugo. Artesanal e animado electronicamente, foi un dos primeiros en movemento. Remóntase a 1972

Galicia queda baixo influencia anticiclónica, pero con circulación de ventos do noroeste que achegan aire frío. Ceos con nubes e claros, con algún chuvasco feble ao norte. As temperaturas sofren un lixeiro descenso. Tempo frío e seco, que dará pasó a unha fin de semana con máis nubes, chuvia escasa no norte e recuperación das temperaturas

Satisfacción dos usuarios do tren de Media Distancia, ao coñecer que as axudas ao transporte público continuarán seis meses máis | Ingresan en prisión preventiva os propietarios da axencia de viaxes da Coruña acusados de vender billetes de avión que resultaron ser inexistentes. Os afectados poderían ser uns 300, a maioría inmigrantes | Abren, dende hoxe, os centros de crise para atender agresións sexuais e casos de violencia de xénero. Funcionan as 24 horas e os sete días da semana | A dous días para o sorteo da Lotaría de Nadal, nas administracións a actividade é frenética | O Auditorio de Lugo, rematado dende hai oito anos, e pechado ata agora por falta de entendemento entre as administración, abre hoxe ao público cun recital de Ainhoa Arteta