Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/07/22 06/07/2022 25:07

Os sindicatos reclaman ante as sedes da patronal que se garante o poder adquisitivo dos salarios. Centos de traballadores mobilizaronse na Coruña e en Vigo pra denunciar que as empresas seguen subindo os prezos dos seus produtos pero non os soldos.

Avecíñanse folga na recollida de lixo en Vigo e Santiago. Os sindicatos esixen unha suba salarial igual ó IPC. En Vigo, a folga está convocada a partir do día 15; en Santiago, desde o 18.

A economía galega aínda está lonxe de recuperar os niveis prepandemia, segundo o informe do Foro Económico. O coordinador, Fernando González Laxe, pensa que sería positivo manter medidas como a tarxeta básica.

En Ourense, continúa a busca do mozo que desapareceu na presa de Velle.
Afundiu cando nadaba cun amigo. Hoxe rebaixouse o nivel do encoro pra favorecer este operativo de busca

- O tempo. só hai algunhas nubes no norte de Lugo... as temperaturas máis altas.

Galicia Informativos
Más opciones