Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Familiares con fillos en sete centro escolares coruñeses reclaman profesores para as prazas vacantes. Inflaron globos ás portas dos colexios para denunciaren que están “a piques de estoupar”. Din que hai alumnos aos que non se lles detectou a necesidade especial por non haber medios.

A xuizo do presidente da AMPA do CEIP Ramón de la Sagra de A Coruña, Marcelino Triñanes, “son as principais vítimas. Os alumnos con necesidades especiais teñen que ter mestres específicos para poder apoialos. E hai un problema aínda máis grave: alumnos aos que non se lles detectou esa necesidade especial porque non hai medios para facelo.”
A protesta máis multitudinaria foi a que protagonizaron as familias dese centro educativo, que marcharon en manifestación desde o colexio ata as portas do edificio administrativo da Xunta, para pedir á Consellería de Educación que adopte as medidas precisas para solucionar a situación.

O concello de Santiago pedirá, á delegación do goberno, o apoio da unidade de antidisturbios da policía nacional para evitar que, o xoves, se repitan os incidentes da semana pasada.
A policía municipal tivo que intervir para dispersar a centos de estudantes concentrados as portas de locais nocturnos do Ensanche compostelán
O alcalde compostelán quere que a presencia policial sexa só disuasoria.

--- En Ferrol, os veciños do barrio de Ferrol Vello reclaman a reapertura do consultorio médico Manuel Comellas. Está pechado desde marzo de 2020.

--- O alcalde das Pontes, valentín González Formoso, presenta o xoves a súa candidatura a secretaría xeral do Psdg.psoe.

--- O concello da Coruña constrúe unha rotonda para eliminar o paso soterrán da avenida de Arteixo baixo a ronda de Nelle.

--- Deportes.


--- No tempo da entrevista, hoxe falamos do Museo Carlos Maside con Xosé Díaz, fillo de Isaac Diaz Pardo

Na Coruña, consternación e rabia polo asasinato dunha muller no barrio do Birloque.
A victima, Mónica Marcos, de 52 anos, morreu acoitelada, presuntamente, pola súa parella coa que levaba saindo dous meses.
O presunto autor do crime, de 48 anos, está en paradoiro descoñecido. Está sendo buscado pola policía. Ten antecedentes por violencia de xénero contra outras mulleres.

O cadaver da muller foi atopadao por un dos seus fillos, cando volvía a casa de madrugada. Os servizos de emerxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Segundo a subdelegada do goberno, María Rivas, o fillo presenciou, recentemente, unha forte discusión entre a parella

Una mujer de 52 años ha sido asesinada en su domicilio de A Coruña presuntamente por su pareja, un hombre de 48 años con antecedentes por violencia de género, al que la Policía Nacional busca como supuesto autor del crimen. Los hechos se produjeron la pasada madrugada, sobre las 2:00 horas de este jueves, cuando un hombre llamó al 091 para alertar de que había encontrado a su madre sin vida con heridas de arma blanca en una habitación de su vivienda, situada en la calle Juan Darriba, en el barrio coruñés de Birloque. El presunto autor del crimen machista, que permanece en paradero desconocido, tiene antecedentes por violencia de género contra otras dos mujeres, ninguno por homicidio. De momento, no consta que la fallecida hubiera interpuesto otras denuncias.

Unha reproducion dun campamento real de Brasil onde viven máis de mil familias desprazadas na Coruña, para concienciar sobre o drama das persoas de territorios en conflito que son obrigadas a abandonar os seus fogares