Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Non hai acordo entre a Xunta e o goberno central sobre quèn debe indemnizar ós mariscadores da ría do Burgo namentras se realizan os traballos de dragaxe.
A consellería de Mar sistén que debe ser o goberno porque é o pròmotor das obras.
O goberno pásalle a pelota a Xunta. Di que é quen ten as competencias sobre marisqueo.
Hai 80 familias afectadas.

--- Os traballadores de Alú Ibérica aseguran que á fábrica non lle quedan máis de tres meses de vida se a Xunta e a goberno central non actúan.


--- A depuradora da Coruña seguirá financiando o Covid Bens, o programa que rastrexa o coronavirus a través das augas residuais. Os alcaldes da comarca píden á Xunta implicación económica.

--- A provincia da Coruña contará con un dos dez equipos de Protonterapia para o tratamento do cancro que a Fundación Amancio Ortega dona ó goberno de España


--- Deportes. Preto de 10.000 efeccionados animarán esta tarde ó xuvenil do Deportivo en Riazor. Os coruñeses teñen que remontar un 3 a cero do partido de ida en Polonia para continuar na Youth League.

Conta atrás para a posta en marcha da cidade das TICs da Corula, da cidade das Tecnoloxías da Información e a Comuniación
O convenio entre as adminsitracións asinarase nos próximos días.
A súa sede estará en Palavea, nos terreos da antiga fábrica de armas.
A construcción do Centro de Servizos Avanzados, que acollerá 10 empesas, está previsto que se adxudique en novembro.

--- Os sectores prexudicados polo peche das centrais de Meirama e As Pontes seguen a espera de que a Xunta asine o protocolo para unha transición ecolóxica xusta. Sen él non é posible cobrar 111 millóns da Unión Europea.

--- O concello de Santiago pecha o mercadillo dos sábados en Fontiñas.


--- Morre un veciño de Teo nun accidente de tráfico en Rois. Tiña 63 anos.


--- Deportes. Noel xogará mañá co equipo uvenil o partido de volta da Youth League contra o Pogon polaco. Na ida, os coruñeses perderon por 3 goles a cero.
 

Preocupación entre os traballadotes de Megasa en Narón.
A siderúrxica decidiu reestructurar a súa producción por culpa do prezo da electricidade.
Traballará só as fins de semana, os días festivos e durante a noite. Cando a luz é mais barata.
A medida non afecta, en principio, os 130 traballadores da empresa.
Manteñense as tres quendas de traballo

--- Folga no servizo de cafetería do aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago. Os traballadores protestan polo incumprimento do convenio por parte da empresa.


--- Hoxe comeza a funcionar o servizo de Radioloxía no centro de saúde de Narón.


--- Morre unha muller en Santa Comba ó quedar atrapada por unha máquina ensiladora.


--- Deportes. O Basquet Coruña gaña na pista do Granada.
É a súa primeirta victoria da temporada.


--- No tempo da entrevista, hoxe falamos co presidente da Fundación Galicia Sustentable, con Marcos Pérez Gulín

Hai catro anos, en Chandebrito (Nigrán) sufrían algo parecido a un inferno, no medio dunha das peores vagas de incendios que viviu Galicia. Alí morreron dúas mulleres cando tentaban fuxir do lume. En Carballeda de Avia e Vigo faleceron outras dúas persoas.

O lume arrasou grandes zonas de monte, pero tamén queimou casas, negocios e chegou a entrar en zonas urbanas.
Un Telexornal especial lembra aqueles días e comproba se fomos quen de aprender da traxedia.
 

Último concerto mañá, no Teatro Rosalía, con ópera e zarzuela dos grandes compositores. Interpretan a soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez. Está dedicado ás persoas que faleceron na pandemia.

Os problemas de seguridade no barrio dos Mallos chegan ó pleno municipal da Coruña.
A corporación aprobou este xoves, e por unanimidade, unha moción conxunta de todos os grupos políticos.
A moción fai fincapé nos gromos de delincuencia, pero aposta tamén pola súa rexeneración e humanización do barrio.

--- Os traballadores da planta de tratamento de lixo de Lousame irán a folga o próximo. Denuncian o desleixo por parte das administracións.


--- O Goberno de España prepara unha demanda civil para reclamar fibalmente todolos bens do Pazo de Meirás.


--- Os hoteis da Coruña recuperaron no verán os niveis de ocupación previos á pandemia. En agosto rozouse o 90 por cento.

--- Deportes. Hoxe arranca a Liga na Leb Ouro. O Basquet Coruña estrease na pista do Cáceres.

--- No tempo da entrevista, esta mañá recibimnos en RNE io ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Lembrando a solidariedade que recibiron cando o afundimentos do Prestige, reciños de Corme recollen produtos para os afectados polo volcán da illa de La Palma. Tras un primeiro envío de tonelada e media, seguen coa iniciativa coa colaboración de entidades e comercios da comarca.

A alcaldesa da Coruña recoñece que a sentenza do tribunal superior de Xustiza de Galicia, que anula a baixada das tarifas dos autobuses urbanos da cidade, prexudica os intereses do concello.
Os servizos xurídicos municipais estudan cómo presentar recurso.
Para a concesionaria, a sentenza permite recuperar a seguridade xurídica no transporte público da cidade.
A compañía de Tranvías aboga por reanudar as conversas co goberno local para acadar un entendemento.


--- Detectado un gromo de covid no colexio Eusebio da Guarda da Coruña. Hai catro alumnos contaxiados.


--- O coruñés Amador Enseñat y Berea, novo xefe do Estado Maior do Exército de Terra. Ten 60 anos.


--- A Orquestra Sinfónica de Galicia comeza hoxe a temporada de abonos. A do seu trinta aniversario. Interpretará 20 obras novas.

--- Deportes. O Deportivo Abanca debuta esta tarde na Copa do Raiña. Xoga no campo do Pozuelo. Volve o equipo a porteira María Sampalo.

Feitos con miga de pan que, segundo a tradición, dan sorte a quen os leva. Pero na pequena aldea do Ortegal apenas quedan artesáns que os fagan e, a curto prazo, non se albisca continuídade para este oficio singular que pasou de xeración en xeración durante séculos.

Un equipo de arqueólogos trata de localizar unha das pezas emblemáticas da tradición xacobea, a pedra na que se supón que se pousou o corpo do Apóstolo, no desembarco en Galicia. Venerada nos primeiros séculos das peregrinacións, cren que debeu quedar logo sepultada no recheo do río Sar.

O 18 de febreiro de 1978 ardeu o Pazo de Meiras, a residencia veraniega de Francisco Franco durante toda a dictadura. Os soldados da Brigada Aerotransportable foron empuxados fóra das súas camas para tratar de salvar do lume tódolos bens posibles. 43 anos despois, un daqueles soldados relata o que sucedeu aquela noite. As súas palabras reviven as dúbidas sobre se aquel incendio foi provocado, e se se utilizou para tapar un expolio de obras de arte.