Os dous menores detidos en relación coa morte de Samuel Luiz Muñiz, da que esta noite se cumprirá unha semana, xa foron e ingresados nun centro para os que non teñen a idade legal. A xuiza ainda non determinou se acusa a eles e aos outro catro investigados o delito de homicidio ou asasinato.
A pandemia segue medrado coma non se vía desde Febreiro. Nas últimas horas houbo 655 casos novos. O único bo é que ainda non está a aumentar a presión hospitalaria. Pero a metade dos que están nas UCIs xa é menor de 40 anos.
E esta primeira noite na que os concellos estiveron obrigados a pechar parques, praias para evitar botellóns discorreu sen incidencias salientables.