Expectación en Santiago pola visita dos reis.
Na ofrenda ao Apóstolo, don Filipe di que ten presente a memoria das vítimas do accidente ferroviario. O arcebispo reclámalle aos políticos unha rexeneración ética e moral da sociedade.
Xavier Vence ofrece formar unha fronte común coas outras forzas nacionalistas para para as eleccións municipais.
O PSDEG reivindica a Castelao e o PP a resposta colectiva no accidente de Angrois.
120.000 os peregrinos no que vai de ano, máis da metade son estranxeiros.
Cen estudantes estranxeiros remataron a aprendizaxe de idioma galego, nas universidades de Santiago e A Coruña. (25/07/14)