Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os test de saliva que poden detectar a presenza de virus en asintomáticos chegan a tres farmacias de Pontevedra e outras tres de Vigo. Son as primeiras en colaborar no programa co que o Sergas pretende multiplicar a capacidade para identificar e illar canto antes a posibles infectados. //Os pacientes ingresados baixan en 55 e son 1.317 dos que 247 se manteñen nas UCi. Notificanse outros 37 falecementos e case 1.200 novos contaxios. // Os diagnósticos de cancro caen un 20 por cento no último ano, debido ao freo dos cribados para a detección precoz. Así o denuncia a asociación española contra o cancro, no día mundial contra a enfermidade .// Alcaldes de Galicia e o norte de Portugal protestan na vella Ponte internacional polo peche de pasos fronteirizos. 04-02-2021

Os test de saliva que poden detectar a presenza de virus en asintomáticos chegan a tres farmacias de Pontevedra e outras tres de Vigo. Son as primeiras en colaborar no programa co que o Sergas pretende multiplicar a capacidade para identificar e illar canto antes a posibles infectados. //Os pacientes ingresados baixan en 55 e son 1.317 dos que 247 se manteñen nas UCi. Notificanse outros 37 falecementos e case 1.200 novos contaxios. // Os diagnósticos de cancro caen un 20 por cento no último ano, debido ao freo dos cribados para a detección precoz. Así o denuncia a asociación española contra o cancro, no día mundial contra a enfermidade. // Alcaldes de Galicia e o norte de Portugal protestan na vella Ponte internacional polo peche de pasos fronteirizos. 04-02-2021

Un centro de baixas presións situado sobre o sur de Portugal deixará inestabilidade atmosférica. O ceo estará parcialmente anubado en xeral, con precipitacións intermitentes pola mañá na franxa atlántica e máis claros no tercio norte co avance do día. Pola tarde, unha fronte asociada á borrasca aumentará a probabilidade de chuvias persistentes. 04-02-2021

Bancos marisqueiros estragados pola chegada masiva de auga doce. É o efecto das abondosas chuvias das últimas horas nos areais da boca das Rías. As mariscadoras dan por perdida a campaña da ameixa e o berberecho // A Audiencia Provincial de Lugo arquiva a macrocausa do Garañón que investigaba presuntas irregularidades urbanísticas ao entender que nonexisten indicios da comisión de delitos. // Comeza a descender o número de contaxios en Galicia e a incidencia acumulada a sete días, segundo anuncia a conselleiro de Sanidade que ve motivos para o optimismo, pero non para baixar a garda. O comité clínico dediciu tamén que as farmacias de Pontevedra comecen a facer recollidas de saliva para facer probas PCR. 03-02-2021

Ríos desbodados en zonas do interior e pequenas inundacións. É o resultado da abondosa choiva das últimas horas, que contribue a encher os encoros por riba do 75 por cento da capacidade. O exceso de auga doce na boca das Rías, onde provoca gran mortandade no marisqueo. // A curva da Pandemia parece comenzar a estabilizarse, con 22.400 casos activos, pese a que os novos contaxios rexistrados no último día volven superar os mil. A presión hospitalaria redúcese lixeiramente, e Nas UCi hai sete ingresados menos. // Abanca declara un beneficio de 160 millóns de euros en 2020, tras adicar 273 millóns a provisións. E un 60 por cento menos que o do ano anterior. // O aumento das reformas e obras de rehabilitación permitíu á construcción consolidarse como o sector no que a Pandemia tivo un menor impacto. 03-02-2021

Amaina o temporal en terra e no mar a alerta rebaixouse a nivel amarelo por ondas de ata cinco metros. Pola tarde irá diminuindo a nubosidade e as precipitacións despois de que na xornada de onte superaran o previsto. Ata 125 litros por metro cadrado caeron en Lousame. 03-02-2021