Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os cribados masivos mediante mostras de saliva son empregados xa con 50.000 galegos, e teñen permitido detectar ata 180 positivos asintomáticos. En conxunto, o test dos últimos días reflexan que a tendencia é a diminuir o número de contaxios, e a Xunta anticipa a posibilidade de aliviar as restricións a próxima semana. // Drástico descenso nos casos activos en Galicia. Caen ata os 19.240, 720 menos ca onte. Baixan tamén os novos contaxios, tras rexistrarse 526 no último día, colas a cifra máis baixa desde antes de Reis e de dispararse a curva desta terceira vaga. A taxa de positividade baixa ao 4,5%. // Hoxe celébrase o Día Internacional da Epìlepsia. En Galicia hai 33.000 persoas que padecen esta enfermidade. Conseguir un emprego estable é un dos principais problemas que teñen e que o paro aumenta coa pandemia tamén neste colectivo.

Os casos activos caen por terceiro día consecutivo, e sitúanse na cifra máis baixa dende o nadal. Os hospitalizados, sen embargo, seguen a aumentar, e nas UCI chegan ao máximo de 254. // Distribuidores de hostalaría protestan en Lugo mediante unha caravana caravana de vehículos, en demanda de axudas públicas directas e subvencións á mercadoría caducada.// Profesores e alumnos das tres universidades galegas adaptanse, dende hoxe, a retomar a actividade mediante clases exclusivamente telemáticas. Os rectores aseguran contar con tódolos medios necesarios para seguir coa docencia online ata que mellore a situación sanitaria. // Nadar, montar en bici ou os videoxogos, son actividades vetadas para quen sofre epilepsia, Un trastorno crónico que conta en Galicia cuns 30.000 afectados. 08-02-2021

Galicia queda na influencia dunha borrasca que se situa ao norte, o que propiciará ceos parcialmente cubertos con chubascos probables en cualquier punto, que ocasionalmente poderán vir acompañados de saraiba e treboadas.A cota de neve quedará nos 900-1.000 metros. 08-02-2021

Os casos activos caen por terceiro día consecutivo, e sitúanse na cifra máis baixa dende o nadal. Os hospitalizados, sen embargo, seguen a aumentar, e nas UCI chegan ao máximo de 254. // Distribuidores de hostalaría protestan en Lugo mediante unha caravana caravana de vehículos en demanda de axudas públicas directas e subvencións á mercadoría caducada. // Profesores e alumnos das tres universidades galegas adaptanse, dende hoxe, a retomar a actividade mediante clases exclusivamente telemáticas. Os rectores aseguran contar con tódolos medios necesarios para seguir coa docencia online ata que mellore a situación sanitaria. // Nadar, montar en bici ou os videoxogos, son actividades vetadas para quen sofre epilepsia, Un trastorno crónico que conta en Galicia cuns 30.000 afectados. 08-02-2021