Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A guerra en Ucraína está a probocar unha crise de materias primas e a suba dos prezos de producción. Fitos que están a afectar seriamente o tecido empresarial galego. Dende o sector do metal, alertan que o peor está por vir e adiantan a falta de compoñentes. Uns materiáis que afectarán tamén a construción que apura en adiar os prazos das obras púbricas.

Moi Boas Tardes... E Galicia é unha das poucas comunidades nas que a incidencia acumulada segue por riba das 500 casos por cada cen mil habitantes. Xusto na tarde na que o Ministerio de Sanidade estudaba suprimir o uso da máscara en interiores. Unha decisión que finalmente non chegará ata a próxima semana e sobre a que os expertos galegos piden estudar con cautela.
 

Novo aumento de contaxios e de casos activos de coronavirus. Nas ultimas 24 horas diagnosticáronse algo máis de 2 mil novos casos. Unha cifra tan alta non se regxistraba desde mediados de febreiro.

Os conselleiros de Sanidade debaten hoxe sobre se chegou o momento de retirar a máscara nos interiores. Dende Galicia, o comité clínico mostrase prudente, pero a inmunóloga Afria González cre que chegou a hora de avanzar na relaxación desta medida.

Xornada reivindicativa en Ferrol cando se cumpre medio século da morte de dous traballadores de Bazán por disparos da policía. Os sindicatos consideran que é tamén unha xornada para seguir coas accións reivindicativas.

A familia de Débora Fernández satisfeita tras detectarse restos de ADN masculino nas unllas do cadáver da moza. Mañá declara en Tui como investigado o exnoivo de Déborah, o principal sospeitoso para a policía.


O tempo. temos máis nubes qe claros. As chuvias vanse ir xeralizando conforme avance a tarde.

O sector pesqueiro agarda que se aproben compensacións pola suba dos prezos do gasoil. O próximo martes haberá unha reunión no ministerio. Pero, de momento, moitos xa decidiron que para non perder cartos é mellor non sair a faenar.
Núñez Feijóo xa é candidato á prsidencia do partido Popular e mañá empesa a percorrer España en campaña interna, pero de momento non aclara cando vai deixar a presidencia da Xunta.
E novidade no caso da morte da moza Déborah Fernández. Un día antes de que compareza no xulgado a súa exparella, coñeceuse que se atoparon restos de ADN na unllas da victima.

O tempo. Baixaron as temperaturas mínimas e van seguir as chuvias... que serán xeralizadas pola noite.
 

Álberto Núñez Feijóo acaba de presentar en Madrid, xa de forma oficial a súa cadidatura a presidencia do Partido Popular a Nivel Nacional. Este venres comezará a campaña electoral coa que percorrerá o país. Baixo o lema "Preparados" Feijóo presentouse en Génova como a alternativa para vencer a Sánchez.

Moi Boas Tardes.... E continúa a preocupación polo impacto económico da Guerra de Ucraína. A suba dos preszos do gasóleo e da electricidade está a probocar o cese da actividade de moitos sectores. No da Pesca, tralo parón da flota de Celeiro poderían sumarse tamén as de Vigo.
 

Viaxamos no autobús que leva axuda humanitaria de Lalín á fronteira da guerra. Traerá de volta a medio cento de refuxiados.