Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nada cambia. Segue o bloqueo dos transportistas e hoxe súmase o sector pesqueiro... polos prezos do combustible, pero agora tamén porque non poden sacar o peixe dos portos. Impacto tamén no sector gandeiro... este luns nova concentración angte a Delegación do goberno.
E, desde hoxe os estudantes xa non teñen que levar máscara nos espazos ó aire libre dos centros educativos. Así se acordou Sanidade tra-la alta taxa de vacinación entre os máis novos, que supera o 73 pora cento.

O tempo. pola noite volven as chuvias, pero as temperaturas son suaves.
 

Un berro de auxilio máis lanza hoxe o sector agrario galego. Gandeiros e agricultores sumáronse á convocatoria doutros colectivos do Estado para pedir a intervención inmediata do Goberno ante os seus problemas agravados agora pola crise en Ucraína e os paros no transporte.

Uns paros que obrigan o SERGAS a prepararse ante un posible desabastecementos de produtos.

E este martes comeza en Santiago o primeiro encontro do viño galego. A partir das dúas menos vinte falamos co enólogo e viticultor Xosé Lois Sebio, que impartirá unha conferencia no marco destas xornadas. Avaliamos con el a situación do viño en Galicia.

Sexto día de paro do transporte que continúa afectando a moitos sectores en Galicia... Hoxe os convocantes concéntranse en Vilalba onde están apoiados tamén polo sector gandeiro. Dende Santiago.. o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pide a intervención do Exército para evitar problemas de desabastecemento.

Neste contexto a Confederación Española de Confrarías chama ao amarre de toda a frota a partir do luns e durante tres días. Só en Galicia hai chamados ao cesamento da súa actividade arredor de 10.000 persoas.

E a Garda Civil detén un home en Barro acusado de homicidio tra-la morte nun accidente de tráfico dunha moza de 29 anos. Sospéitase que o detido a acosaba dende había tempo e a famila da vítima tiña ata presentada unha denuncia hai tempo.

Toneladas de pescado se acumulan en la lonja de Burela, Celeiro y A Coruña, sin que nadie las recoja. La Asociación Española de Productores de Huevos denuncia que habrá granjas sin alimento para aves a partir de la semana que viene. Las patronales de consumo y distribución traducen en cifras esta huelga en el transporte: 600 millones de euros en pérdida y 100 mil puestos de trabajo en riesgo. Además, cada día estos paros provocan un sobrecoste para los supermercados de 130 millones. La industria española está viviendo un panorama asfixiante ante estos paros con sectores como el lácteo, ganadero, hortofrutícola o pesquero, especialmente afectados.

Informa José Luis Dueñas

Hai unha hora en Marín deu comezo a celebración do Funeral na honra dos falecidos no Villa de Pitanxo. Acompañando as familias na cerimonia estiberon os reis de España xunto ao ministro de pesca, Luis Planas, e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. Antes dos oficios, os familiares reuníronse coas autoridades para reclamar a reanudación da busca dos 12 corpos desaparecidos

E segue a folga de transportistas e con ela os paróns e a preocupación nos sectores primarios e alimenticios. As lonxas están en situación crítica e as granxas avisan da inminente morte de reses se non chegan os pensos e desabastecemento nos supermercados.

As forzas de seguridade detiveron a dous transortistas e identificaron a máis participantes en piquetes e cortes de estrada. O delegado do goberno adianta que endurecerán a súa actuación contra uns cortes e movilizacións que non están autorizados, porque non hai convocatoria de folga. Os folguistas defenden que só están a informar da situación. E os transportistas que non secundan os paros cren que o goberno ten na súa man terminar coa crise, con baixadas dos prezos do combustible de forma urxente.... Mentres, os efectos seguen a notarse no sector primario e repercuten na industria e na construción...

- Os reis presidirán pola tarde en Marín o funeral colectivo polos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo.

Antes, xunto ó ministro de Pesca, reuniranse coas familias que volverán a pedir que se busque o barco para ver se hai tripalantes no seu interior.

- Folga nas residencias de maiores privadas.

Os sindicatos denuncia uns servizos mínimos do cen por cento que impiden ás traballadores exercer o dereito ó paro.

- O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pide a xustiza que non actúe só por sospeitas e que sexa máis rápida.

Tras dez anos foi exculpado no caso da ORA. A causa segue só contra catro persoas do máis dun cento que chegaron a estr investigadas.

- En Ourense, a oposicion pide contas á Deputación e a Xunta despois de que a xustiza anulara o contrato de xestión da estación de Manzaneda.

A xuiza considera que na adxudicación se infrinxiron os principios de concurrencia e non discriminación

Xa hai poucos sectores os que non cheguen os efectos da folga de transportes... e tamén o notan os consumidores, no desabastecemento e tamén nos prezos.
Aínda que a repercusión é maior no sector primario, porque traballa con productos perecedeiros, agora o paro tamen se nota na construcción, na conserva ou en empresas embotelladoras...
E hoxe lembramos os mariñeiros do Villa de Pitanxo. Pola tarde vaise celebrar en Marín un funeral colectivo que estará presidido polos Reis.

O tempo. Volve dominar o anticiclon.