Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

De refuxio familiar de veraneo a bater o récord como destino con máis pernoctacións no norte de España. É a transformación experimentada nas últimas décadas por Sanxenxo, a localidade convertida en centro de atención mediática pola visita do rei emérito

A coordinadora "Eólica, así non" propón unha xestión pública da enerxía procedente do vento. Tendo en conta que Galicia é excedentaria pide que se analice ata qué punto compensa seguir montando parques eólicos que só favorecen ás grandes compañías eléctricas.

O sindicalista, Xesús Anxo López Pintos, non terá que entrar no cárcere.

A Audiencia da Coruña deixa sen efecto a condena a 6 meses de prisión pola súa implicación nuns disturbios en Ferrol hai 10 anos.

O Partido Popular na Deputación de Ourense négase a reprobar o alcalde Pérez Jácome. PP e Democracia ourensá rexeitaron unh moción para reprobar a Jácome pola agresión a unha sindicalista durante as manifestacións dos traballadores do transporte urbano.

O alcalde de Vigo comprométese a apoiar ante o goberno as demandas dos familiares das víctimas do Pintanxo. O pleno da corporación aprobou esta mañá por unanimidade unha moción na que se pide que se poñan os medios para localizar o arrastreiro afundido.


Recupereamos a influencia do anticiclón e a partir de hoxe van ir subindo as temperaturas.

Pechouse a fase de cambios iniciados coa elección de Núñez Feijóo como presidente do Partido Popular. Feijóo puxo fin a 16 anos cun escano no Parlamento galego e hoxe recollerá a acta de senador que lle permitirá un cara a cara mensual co presidente Sánchez. E hoxe, Alfonso Rueda xa se someterá á primeira sesion de control no Parlamento.
Estaremos tamén en Vigo coa Navalia aberta. Precisamente tra-la inauguración, que presidiu o Rei, do Filipe mantivo un pequeno econtro con dous representantes do mariñeiros falecidos no naufraxio do Pitanxo.

O tempo: Recuperamos a influencia do anticiclón e a partir de hoxe van ir subiendo as temperaturas


Alberto Nuñez Feijoo e Miguel Tellado xa son senadores autonómicos. Esta mesma tarde, o Parlamento de Galicia acollía o pleno extraordinario no que foron designados cos únicos votos, como xa era previsible, do Grupo Popular.

Tamén, expectación na visita do rei Filipe VI a Vigo para inaugurar a cidade da xustiza e a octava edición da feira internacional da industria naval. Unha Visita que concluiu coa reunión cos familiares dos falecidos do naufraxio do Villa de Pitanxo.

O Foro Económico de Galicia sinala que a administración pública precisa cambios para adaptarse á nova realidade social e tecnolóxica. Simplificar e axilizar a relación dos cidadáns coa administración é un dos eixos sobre o que xira este traballo, que demanda tamen unha xestión máis profesionalizada.

Iniciativa en defensa dun ferrocarril público, ecolóxico e sostible. Plataformas en defensa do tren de cercanías do norte peninsular únense nunha viaxe reivindicativa que os vai levar do País Vasco a Galicia entre o 26 e o 29 de maio.

Os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións. Este venres farán unha marcha ata o porto de Marín para agradecerlle ó seu presidente o seu apoio á permanencia da pasteira en Lourizán.


O concello de Pontevedra conta con orzamentos de Europa para actuar no río Gafos. Destinará dous millóns de euros a destapar parte do Río Gafos que agora transcorre canalizado en Campolongo.

O tempo. pola tarde vanse ir abrindo claros e mañá xa recuperamos a influencia do anticiclón.

Alberto Núñez Feijóo será designado esta tarde senador polo pleno do Parlamento galego. Será só cos votos do grupo popular, porque a oposición considera que é un uso partidista das institucións porque Feijóo vai facer na cámara alta oposición a Sánchez e non defender os intereses de Galicia. E este martes estará en Vigo o Rei Filipe para inaugurar a cidade da xuistiza e presidir a apaertura de Navalia