As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Seguimos sen casos de variola do mono en Galicia, pero o sistema sanitario continúa tensionado pola falta de persoal. No Baixo Miño denuncian hoxe un novo recorte de medios: a redución dun equipo no PAC da Guarda, mentres no Rosal unha soa facultativa atende a 6 mil persoas. Iso en vésperas do verán, cando a poboación se multiplica. Un colapso sanitario que o PSOE considera de atención urxente, o presidente da xunta afirma que se traballa pra resolver esas carencias.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os principais estaleiros privados da ría de Vigo están nun momento de cambio, pero os sindicatos consideran que están lonxe de ter un horizonte claro, por iso a pasada tarde volveron sair á rúa. A Xunta promételles apoio pero vincula o futuro ó aproveitamento dos fondos europeos.
A Xunta diríxese Unións Agrarias que se queixa do retraso en aprobar a compensación que prometera Nuñez Feijóo para os productores de carne
Xornada de mobilizacións do sector naval. Os traballadores dos estaleiros vigueses, como Barreras e Metalships mobilizaronse no día de hoxe ante a precariadade laboral que atravesa o sector . De feito, a cig estase a mobilizar nestes intres para revindicar mellores condicións e salvagardar o futuro do sector.
Tamén, os teleoperadores volveron as rúas para esixir un convenio digno. Todo nun día no que a falta de médicos nos hospitais preocupa a profesionais e a politicos.
- As fragatas F-110 de Navantia e a compra do estaleiro vigués Barreras por parte de Armón son dous piares da reactivación
- Mercouno para ampliar espazo porque ten 40 buques contratados para construír
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O sector naval pecha a súa feira internacional en Vigo falando de boas perspectivas do futuro, pero os traballadores denuncian hoxe nas rúas incertezas e despedimentos nas principais industrias da comarca. Os traballadores de Barreras concentráronse diante da sede da Xunta en Vigo pra reclamar a recolocación dos empregados, e en Metalship reclaman o desbloqueo do convenio, e denuncian novos despedimentos. O presidente da Xunta cre que o sector ten futuro se os fondos europeos se usan pra modernizarse e renova-las flotas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Alfonso Rueda quere empezar o seu mandato na Xunta recuperando o diálogo institucional e ofrece reunirse cos líderes da oposición. Así o dixo no Parlamento na primeira sesión de control.
E hoxe estaremos pendentes do sector naval... hai protestas en Barreras onde xa se iniciou a tramitación do ERE para despedir a 101 dos 130 traballadores... folg en Metalships e manifestación pola tarde convocada pola CIG