- Ayudando a drogodependientes podrá obtener la libertad condicional
- Oubiña tiene ya cumplidas las tres cuartas partes de su condena
Intervalos anubrados no norte de Lugo e A Coruña. No resto, néboas matinais que darán paso a ceos despexados. Temperaturas sen cambios significativos e vento frouxo. No litoral da Coruña e Lugo, alerta amarela por mar de fondo. (29/12/11)
O comercio minorista leva ano e medio perdendo vendas. // Consello da Xunta: O Goberno galego recorre a liquidación dos ingresos de 2009. // José Blanco reitera que as acusacións de Dorribo son falsas. // Obras para mellorar a seguridade do corredor do Morrazo. // Buscan a un mariñeiro que caeu ao mar en Oleiros, na Coruña. (29/12/11)
Feijóo anuncia un recurso contra o Goberno central polos 674 millóns do financiamento autonómico do 2009.A Xunta separa os carrís do corredor do Morrazo para tentar reduci-lo número de accidentes.Cancelados oito voos con orixe ou destino Galicia pola folga de pilotos.Campaña de COOO na defensa dos servizos públicos. Segue a busca do mariñeiro desaparecido en Oleiros.Galicia e Portugal unen esforzos para logra-lo recoñecemento internacional da ponte que une as dúas beiras do Miño
A rehabilitación do Pórtico da Gloria vai permitir ver o dez por cento da policromía orixinal que adornaba esta xoia da catedral de Santiago. // O Tribunal Supremo investigará ao exministro José Blanco pola Operación Campeón. // A operadora galega R pecha o ano con beneficios e con investimentos importantes, a pesar da crise. // Lagoa da Frouxeira: Barreiras de sacos de area e unha bomba achique, medidas urxentes para conter a auga. // Os vehículos municipais de Lugo circularán de día coas luces acesas. // Siniestro Total: Trinta anos de escenarios. (28/12/11)
A rehabilitación do Pórtico da Gloria vai permitir ver o dez por cento da súa policromía orixinal. // O Tribunal Supremo investigará a José. // R pecha o ano con beneficios e con investimentos importantes. // Lagoa da Frouxeira: Sacos de area e unha bomba, para conter a auga. // Os vehículos municipais de Lugo circularán de día coas luces acesas. // Siniestro Total: Trinta anos. (28/12/11)
Unha fronte fría atravesa Galicia a partir do mediodía, facendo que os ceos se nublen desde o noroeste e se produzan precipitacións débiles. Serán de neve nas zonas altas de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso no litoral, mentres que as máximas seguen sen cambios ou en lixeiro descenso. (28/12/11)
O deputado socialista por A Coruña, Francisco Caamaño,enmarca no "debate das ideas" o seu apoio á plataforma de Carme Chacón. O ex-ministro de Xustiza dixo en RNE que Rubalcaba é un "excelente candidato".O Supremo investigará a José Blanco pola súa presunta relación co "caso Campeón".Manifestación en O Irixo contra a planta incineradora de lixo.Salvamento busca ó marineiro que caeu ó mar cando faenaba, en Oleiros.17 investigadores contratados pola Universidade de Santiago quedan hoxe no paro.A filtración de humidade na fachada da catedral ameaza a conservación do Pórtico da Gloria.O nacionalista Martiño Noriega, un dos referentes do "Encontro Irmandiño",fala en Radio Nacional sobre o seu libro: "Por un común denominador.A esquerda de nación"
Dous encarapuchados armados con coitelos reduciron ao encargado dunha gasolineira en Buño, Malpica, e fuxiron, nun coche roubado, cun botín de 1.500 euros. Ninguén resultou ferido. // A Fiscalía Superior de Galicia pide plans contra a corrupción nas administración. // A abstención do Partido Popular impide que se lle retire a Franco o título de presidente de honra da Deputación de Lugo. // CLESA: Peche na factoría agardando a decisión sobre a oferta de Feiraco. // No castro de Castañoso, na Fonsagrada, consérvase unha das poucas saunas castrexas de Galicia. (27/12/11)
Bancos de néboa matinais con xeadas no interior e ceos pouco anubrados ou despexados. Ventos frouxos e temperaturas sen cambios significativos. (27/12/11)
Dous encarapuchados atracan unha gasolineira en Buño, Malpica. // A Fiscalía pide plans contra a corrupción. // A abstención do Partido Popular impide que se lle retire a Franco o título de presidente de honra da Deputación de Lugo. // CLESA: Peche na factoría agardando a decisión sobre a oferta de Feiraco. // No castro de Castañoso, na Fonsagrada, consérvase unha das poucas saunas castrexas de Galicia. (27/12/11)
O fiscal superior de Galicia propón ás administracións públicas un plan para previ-la corrupción.O presidente da Deputación de A Coruña avoga por reducir á metade os municipios da provincia.Feijóo asiste á apertura ó tráfico da Terceira Ronda coruñesa.Na Deputación de Lugo, a abstención do PP impide a retirada das honras que lle foran concedidas a Franco durante a dictadura.O BNG volverá contar con representación no Parlamento Europeo a partir de xaneiro.
- Cumple condena por delitos de blanqueo de dinero procedente del narcotráfico
- La Fundación Gallega contra el Narcotráfico cree que hay "riesgo de fuga"
Protestan porque tienen serias dificultades para acceder a sus viviendas debido al desbordamiento de una laguna. La Xunta no permite hacer un canal para que desagüe por que se trata de un espacio protegido.
Unhas vinte familias de Valdoviño, na Coruña, pasaron o Nadal na casa do concello ante o desbordamento da lagoa da Frouxeira, que inundou varias vivendas e o paseo marítimo que as comunica. // 3 mortos noutros tantos accidentes nas estradas galegas en 48 horas. // Despoboamento: Ata 2021 nacerán 113.000 galegos menos dos que morrerán. // Baixón na ocupación hoteleira polo descenso de visitantes portugueses. // Alternativas para entreter as vacacións dos nenos. // Tradicións: O Pandigueiro volve ás vilas. (26/12/11)
O desbordamento da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, inunda varias vivendas e o paseo marítimo. // 3 mortos en accidentes nas estradas galegas en 48 horas. // Despoboamento: Ata 2021 Galicia perderá 113.000 habitantes. // Baixón na ocupación hoteleira en Nadal. // Alternativas para entreter as vacacións dos nenos. // Tradicións: O Pandigueiro. (26/12/11)
Ceos despexados e bancos de néboa matinais nalgúns puntos do interior. Temperaturas sen cambios e xeadas débiles en zonas do interior. Ventos frouxos de dirección variable. (26/12/11)
Constituído na Coruña o grupo de traballo que se encargará de preparar o marcroxuizo do Prestige. Galicia perderá 113 mil habitantes nos próximos dez anos. Continúa o peche de veciños do entorno da lagoa de Valdoviño porque a auga lles impide o acceso ás casas. Os sindicatos denuncian o alarmante deterioro dos servizos de atención primaria.
O Parlamento de Galicia aproba os primeiros orzamentos que fixan un teito de gasto. Son os terceiros que elabora o executivo de Núñez Feijóo e recibiron únicamente o apoio do Grupo Popular.Tamén recibiu o respaldo da Cámara a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas,coñecida popularmente como Lei de Acompañamento.O Parlamento celebrou o luns,19 de decemebro, un pleno solemne para conmemorar os seus 30 anos de vida
O presidente da Rede Galega de Loita contra a Pobreza,Santiago González Avión, é o protagonista da nosa entrevista neste domingo de Nadal.Explica que a demanda de alimentos a organizacións solidarias duplicouse coa crise