Intervalos de nubes de tipo medio e alto, pouco significativos, polo que o predominio continua sendo de ceos pouco nubrado ou despexados. Vento frouxo de dirección. Bancos de néboa matinais no interior e temperaturas sen cambios, con xeadas. (12/01/12)
O sistema de financiaciónautonómica favorece ós que máis teñen e a Xunta pide a súa reforma. O BNG culpa por igual á Xunta e ó Goberno central dos retrasos no AVE. Comeza o xuizo por un presunto fraude co gasóleo. Unha tudense chega a un acordo co banco para evitar o desafiuzamento: pagará un aluguer por seguir vivindo na que era a súa casa.
O sector pesqueiro galego pide un cambio total na política que lle quere aplicarlle a Unión Europea. // 19 alcaldes do BNG pídenlle á súa formación que adapte o seu discurso e ideario á sociedade actual. // Vilagarcía estrea praza de abastos, con máis luz e sen barreiras arquitectónicas. // Tempo de poda nas viñas das Rías Baixas. // A mesta néboa que cubre estes días Lugo só deixou lucir o sol 17 horas na cidade no que vai de ano. // Tokio3, o último espectáculo de "Voadora". (11/01/12)
Ceos pouco nubrados ou despexados con intervalos de nubes de tipo medio e alto que irán entrando polo Sur ao longo da tarde.Vento frouxo de dirección variable e néboas matinais no interior. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas en moitos puntos do interior. (11/01/12)
O sector pesqueiro galego pide un cambio total na política da Unión Europea. // 19 alcaldes do BNG piden un cambio de rumbo na formación. // Vilagarcía estrea praza de abastos. // Tempo de poda nas viñas das Rías Baixas. // A néboa que cubre Lugo só deixou lucir o sol 17 horas no que vai de ano. // Tokio3, o último espectáculo de "Voadora". (11/01/12)
A vinte días da asemblea nacional, 19 alcaldes do BNG defenden un proceso plural e democrático, e unha actuación unitaria. Morre acoitelado na Coruña un mozo colombiano. Accidente laboral en Pontevedra: a víctima é o propietario da casa na que ocorriron os feitos. A CIG denuncia que a Xunta ten cerca de duascentas prazas de profesor sen cubrir .
Unha muller 68 anos, que vivía soa, morreu esta mañá ao incendiarse o seu piso, nun edificio en pleno centro de Vilagarcía. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera improvisada a intención de Esperanza Aguirre de baixar o tramo autonómico do IRPF en Madrid. // A multinacional Alcoa reduce a produción e os empregos na Coruña. // Os galegos aceptamos mellor que o conxunto dos españois aos inmigrantes, que, a pesar da crise, apenas reducen a súa presenza en Galicia. // Abre ao público en Santiago unha exposición que permite pasear virtualmente pola Compostela do tempo no que se consagrou a Catedral, no século XIII. (10/01/12)
Bancos de néboa matinais e ceos pouco nubrados ou despexados. Ventos de compoñente Leste ou variable frouxo. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nocturnas no interior.
(10/01/12)
Unha muller 68 anos morre no incendio da súa vivenda, en Vilagarcía. // O presidente da Xunta considera improvisada a intención de Esperanza Aguirre de baixar o tramo autonómico do IRPF. // Alcoa reduce produción e empregos na Coruña. // Os galegos aceptamos mellor que o conxunto dos españois aos inmigrantes. // Unha exposición que permite pasear virtualmente pola Compostela do século XIII. (10/01/12)
O conselleiro de Infraestructuras pide 100 días de marxe pra que Fomento poida aclarar o futuro do proxectodo AVE. Feijóo descarta, de momento, as rebaixas que prometera no IRPF. Os socialistas piden que explique no Parlamento este cambio de posición.
A crise, a necesidade de establecer prioridades, e os chamamentos a mellorar as relacións entre administracións, centraron os discursos da toma de posesión de Samuel Juárez como novo delegado do Goberno en Galicia. // Manuel Fraga empeora a súa saúde por unha infección respiratoria. // A Policía Autonómica multiplica a loita contra o furtivismo e os incendios forestais. // Comeza a poñer multas o radar de tramo do túnel do Sartego, na AP-9, á entrada de Ferrol. // O Obradoiro, en picado, mentres o Deportivo e o Celta se manteñen con opcións ao ascenso. (09/01/12)
Bancos de néboa matinais localmente persistentes e ceos pouco anubrados ou despexados en conxunto, agás no extremo norte, onde atoparemos intervalos nubrados. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas no interior. (09/01/12)
Samuel Juárez, novo delegado do Goberno en Galicia. // Manuel Fraga empeora a súa saúde por unha infección respiratoria. // A Policía Autonómica multiplica a loita contra o furtivismo e os incendios forestais. // Comeza a poñer multas o radar de tramo do túnel do Sartego. // O Obradoiro, en picado, mentres o Deportivo e o Celta se manteñen. (09/01/12)
A ministra de Fomento non aclara se están garantidos os compromisos con Galicia en infraestructuras. O PSdeG estima que se vai producir un retraso do AVE. O radar de tramo da AP-9 servirá desde hoxe para multar. Abel Caballero suspende a tramitación dos presupostos municipais.
Entrevista con Xosé Luis Armesto, que o proóximo venres toma posesión como novo reitor da Universidade da Coruña
Entrevista con Teresa Moure gañadora da última edición do premio de ensaio Ramón Piñeiro.
Numerosas persoas despediron no Museo do Pobo Galego a Isaac Díaz Pardo. A ministra de Fomento afirma que aínda non pode precisar os prazos do AVE.
Os comerciantes agardan recadar 90 millóns de euros nas rebaixas que comezan mañá. Varios décimos do segundo premio de lotería de Reis vendidos en Bueu e O Grove.
Morre na Coruña ós 91 anos o Isaac Díaz Pardo. O mundo da cultura lamenta a perda deste polifacético creador. Anxo Lorenzo toma posesión como secretario xeral de cultura. O PSOE galego considera os cambios na Xunta o exemplo de que a lexislatura xa está acabada.
O intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo morreu esta mañá na Coruña. Tiña 91 anos e dende o pasado 22 de decembro estaba ingresado nun hospital por unha neumonía. // Os representantes da cultura e a política de Galicia salientan o seu compromiso co país e xa preparan homenaxes. // Cambios na Xunta: Anxo Lorenzo, novo secretario xeral de Cultura. // Colas de horas para conseguir o mellor roscón de Reis. // Restauración: Volven lucir as pinturas do altar maior da catedral de Lugo. // Siniestro Total: Land of Opportunity en Vigo. (05/01/12)
Ceos nubrados durante a mañá con algunha chuvia débil no litoral de Pontevedra e oeste de A Coruña. Pola tarde abriranse claros. Ventos frouxos de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no terzo Norte. Temperaturas en lixeiro descenso. (05/01/12)