O capitán do Prestige asegura que foi tratado como un criminal polas autoridades españolas. A Corporación de Vigo aproba varias iniciativas contra os desafiuzamentos. NovaGalicia banco non cubrirá a vacante pola dimisión de Roberto Teijeiro no Consello de Administración.
- Asegura que alejar el barco de la costa fue "la peor decisión posible"
- Mangouras, sobre su detención tras la catástrofe: "Fue el peor día de mi vida"
Morre un mozo de 23 anos en Vila de Cruces, polo disparo dun compañeiro nunha batida contra os xabarís, e outro de 21, ao disparárselle a súa escopeta mentres cazaba en Vilalba. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. Está no paro, non pode pagar a hipoteca nin vivir no piso, por falta de recursos para afrontar os gastos. // Hai hoxe dez anos partía e afundíase o Prestige, causando a maior marea negra ocorrida nas nosas costas. (19/11/12)
Ceos anubrados ou moi anubrados, con chuvias máis probables no oeste da provincia da Coruña. Temperaturas en lixeiro ascenso. Ventos do sur e sueste, moderados no interior e fortes na costa. (19/11/12)
Morre un mozo de 24 anos en Vila de Cruces, polo disparo dun compañeiro durante unha batida contra os xabarís, e outro de 21, ao disparáselle a súa escopeta mentres cazaba en Vilalba. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. Está no paro, non pode pagar a hipoteca nin vivir no piso, por falta de recursos para afrontar os gastos. // Moitos xa o ven como o futuro vicepresidente da Xunta, pero Alfonso Rueda, ata agora conselleiro de Presidencia, evita comentarios sobre o seu papel no novo goberno galego. // O sector da alimentación ecolóxica aumentou mais dun once por cento durante o último ano, a pesar da crise. Esta fin de semana mostráronse en Arzúa as principais novidades dos produtos naturais feitos en Galicia. // Empate a uns do Celta contra o Mallorca en Balaídos, a pesar do mellor xogo dos de Vigo, e derrota cero a dous do Deportivo fronte ao Levante, nun partido cheo de incidencias. (19/11/12)
Dous mortos en accidentes de caza durante a din de semana. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. // Alfonso Rueda evita comentarios sobre o seu papel no novo goberno galego. // O sector da alimentación ecolóxica aumentou mais dun once por cento durante o último ano, a pesar da crise. // Empate a uns do Celta contra o Mallorca en Balaídos e derrota cero a dous do Deportivo fronte ao Levante. (19/11/12)
A primeira iniciativa do PP é para pedir unha comisión de investigación sobre a fusión das caixas. Galicia perderá o dobre de poboación daquí a 2021 que a media nacional. A Federación galega de caza pide extrema-la seguridade ante as dúas últimas mortes de cazadores-
Comeza a nova lexislatura autonómica. Nesta sesión especial, encabezada polo parlamentario de máis idade, o histórico Xosé Manuel Beiras, e polos máis novos, o Parlamento galego reelixiu pouco despois do mediodía a Pilar Rojo como presidenta da institución. // Varios colectivos manifestáronse diante do Parlamento, mentres se celebraba a sesión constitutiva. // O alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, terá que declarar como imputado polos delictos de suborno e tráfico de influencias no sumario da Operación Pokemon. Orozco defende a súa inocencia e asegura que non pensa dimitir. // O mar e os deportes náuticos, ao alcance de todos... Sanxenxo acolle xa o Centro Nacional de Vela adaptada, onde se imparten cursos gratuítos, teóricos e prácticos. // Deportivo e Celta xogan o domingo. O Dépor, fronte ao Levante e o Celta recibe ao Mallorca en Balaídos. 16/11/12
Comeza a IX lexislatura autonómica. // Varios colectivos manifestáronse diante do Parlamento, mentres se celebraba a sesión constitutiva. // O alcalde de Lugo, José López Orozco, terá que declarar como imputado na Operación Pokemon. Orozco asegura que non pensa dimitir. // Centro Nacional de Vela Adaptada, en Sanxenxo. // Deportivo - Levante e Celta - Mallorca, o domingo. 16/11/12
Intervalos nubrados con chuvascos ocasionalmente tormentosos, máis probables na madrugada. Durante a tarde de novo irán empezando polo Sur e Sueste de Galicia. Vento do Sur moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. 16/11/12
Sesión constitutiva do Parlamento galego: Xosé Manuel Beiras, presidente da mesa de idade, di que tivo a tentación de disolver a Cámara. O alcalde de Lugo non pensa dimitir pola imputación no caso Pokemon. Incautados 16 quilos e medio de cocaína en dúas operacións en Galicia.
- López Orozco ya pidió comparecer voluntariamente ante la jueza
- Dice recibir la noticia de su imputación con "entera tranquilidad"
- Esta trama investiga supuestas subvenciones públicas fraudulentas
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. O avogado do Estado tentou demostrar que Mangouras desobedeceu as ordes das autoridades españolas. // A infanta Elena inaugura oficialmente en Sanxenxo o Centro Nacional de Vela Adaptada. Unha escola que achega a navegación ás persoas con discapacidade física ou psíquica. // As protestas dos gandeiros logran que un supermercado que acaba de inaugurar en Santiago retire o leite de oferta que usaban como produto reclamo. // En Galicia máis de 40.000 persoas padecen unha enfermidade mental. Asociacións de familiares e enfermos, en colaboración coa fundación Solidarios Anónimos, presentaron hoxe unha campaña de concienciación na que participan famosos do cine e a televisión. (15/11/12)
Néboas matinais no interior e nos litorais de Lugo e da Coruña durante a mañá, quedando os ceos pouco anubrados no resto, salvo o sueste, onde haberá máis nubes e posibilidade dalgunha precipitación débil e illada. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado, quedando as máximas en valores altos para a época do ano. Ventos frouxos do leste e o sueste, moderados nas zonas de montaña. (15/11/12)
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. // A Xunta busca contratos con Petrobrass para o naval galego. // Folga xeral: O día despois. // Chega a Ourense a exposición do concurso de fotografía Purificación García. // Abre en Santiago un novo centro comercial cun espazo dunhas cinco hectáreas e 140 locais. (15/11/12)
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. O avogado do Estado tentou demostrar que Apostolos Mangouras desobedeceu as ordes das autoridades españolas no momento do accidente. // O Goberno galego pediralle ao de Mariano Rajoy que as relacións comerciais entre Galicia e a empresa Brasileira Petrobrass sexan prioritarias. // Folga xeral: A nosa comunidade liderou o seguimento do paro a nivel nacional, xunto a Asturias e Cataluña. // Chega a Ourense a exposición das obras seleccionadas na novena edición do concurso de fotografía que a deseñadora Purificación García convoca cada dous anos. // Esta mañá abriu en Santiago un novo centro comercial cun espazo dunhas cinco hectáreas e 140 locais. Para moitos este tipo de establecementos supoñen unha competencia que dificilmente pode soportar o comercio tradicional. (15/11/12)
Pilar Rojo será reelexida mañá presidenta do Parlamento galego. O capitán do Prestige declara que a Administración non lle permitiu levar o buque a unha enseada. Os gandieros obrigan a Carrefour a retirar da venda o leite que tiñan a venda por menos de 30 céntimos.
- Asegura que la dimensión del petrolero hacía imposible fondearlo en un abrigo
- Continúa el juicio por los daños causados por el vertido de fuel en 2002
Milleiros de persoas saíron á rúa para protestar contra as políticas de recortes e austeridade do Goberno e pedir un cambio de rumbo. As centrais convocantes estiman que o seguimento da folga está a ser do noventa por cento. // Empresas emblemáticas como a Citroen de Vigo manteñen parada a produción a causa da folga, nesta xornada que se está a caracterizar pola ausencia de incidentes de importancia. // Trens parados e os aeroportos da Coruña e Vigo baleiros. No comercio o seguimento da folga está a ser irregular, segundo a patronal, e de case o cen por cen, segundo os sindicatos. // Aprazado por folga: O Tribunal do xuízo do Prestige suspende ata mañá a vista pola ausencia de boa parte dos avogados persoados na causa. 14/11/12
Milleiros de persoas saíron á rúa para protestar contra as políticas de recortes e austeridade do Goberno. // Empresas emblemáticas como a Citroen de Vigo manteñen parada a produción a causa da folga. // Trens parados e os aeroportos da Coruña e Vigo baleiros. // O Tribunal do xuízo do Prestige suspende ata mañá a vista pola ausencia de boa parte dos avogados. 14/11/12