Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Goberno galego comeza o seu traballo na nova lexislatura anunciando un plan para realoxar ás vítimas das execucións hipotecarias. Se a renda das familias e de menos de 532 euros mensuais terán un alugueiro social gratuíto. // A Deputación de Ourense anuncia o despedimento de 32 traballadores indefinidos para aforrar máis dun millón de euros en gastos de persoal. // Chamadas ao consenso en memoria do espírito constitucional. É a conmemoración institucional na véspera do día da Constitución. // As autoridades locais intentan facer unha fronte común para evitar o peche dos paradores de Ferrol e Verín, anunciado pola empresa. // A web REDEAXUDA creada en Pontevedra, leva case un ano coordinando as necesidades das entidades sociais e ONGS da cidade. // A escola politécnica de Lugo organiza a través de internet o primeiro campionato de España de modelado en tres dimensións a partir de fotografías de teléfonos móbiles. 05/12/12

O Goberno galego anuncia un plan para realoxar ás vítimas das execucións hipotecarias. // A Deputación de Ourense despide 32 traballadores indefinidos. // A conmemoración institucional da Constitución. // Fronte común para evitar o peche dos paradores de Ferrol e Verín. // A web REDEAXUDA creada en Pontevedra, leva case un ano coordinando as necesidades das entidades sociais e ONGS da cidade. // Campionato de España de modelado en 3D a partir de fotografías de teléfonos móbiles. 05/12/12

Ceos parcialmente cubertos con chuvias durante a mañá, que irán remitindo ao longo do día. Pola tarde os ceos iranse cubrindo progresivamente con precipitacións que chegarán polo litoral atlántico durante a noite. Ventos do noroeste pola mañá, con intervalos de moderado no litoral norte, rolando a compoñente sur, frouxos, pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e máximas sen cambios. 05/12/12

O primeiro Consello da Xunta reduce o dez por cento as direccións xerais e cargos equivalentes. Os sindicatos de NGB non negociarán coa dirección o ERE. A deputación de Ourense presenta un ERE para reducir 32 empregos. Un ex-toxicómano de Vigo irá a prisión por un delicto cometido hai sete anos.

En Novembro aumentou o desemprego en Galicia en 8.700 persoas, co que hoxe xa son 23.000 parados máis que hai un ano. No conxunto do estado están sen traballo máis de catro millóns novecentas mil persoas. // Preocupación en Ferrol e Verín pola intención de Paradores de Turismo de pechar os seus establecementos nestas cidades. Tamén propón a empresa pública que abran só nas temporadas de máis demanda os paradores de Santo Estevo, Monforte, Tui e Vilalba. // Belén familiar de Conxo: 27 escenas bíblicas nun nacemento con máis de seiscentas figuras artesanais. 04/12/12

En Novembro aumentou o desemprego en Galicia en 8.700 persoas, co que hoxe xa son 23.000 parados máis que hai un ano. No conxunto do estado están sen traballo máis de catro millóns novecentas mil persoas. // Preocupación en Ferrol e Verín pola intención de Paradores de Turismo de pechar os seus establecementos nestas cidades. // Peche de afectados por participacións preferentes nun caixeiro automático na localidade pontevedresa de Gondomar. // Os administradores concursais pretenden recadar case sete millóns de euros poxando bens dos laboratorios Nupel. // As organizacións en defensa do galego rexeitan o proxecto de reforma educativa proposta polo Goberno, coa que quere garantir o dereito á educación en castelán en todas as comunidades. // Belén familiar de Conxo: 27 escenas bíblicas nun nacemento con máis de seiscentas figuras artesanais. 04/12/12

En Novembro aumentou o desemprego en Galicia en 8.700 persoas. // Preocupación en Ferrol e Verín pola intención de Paradores de Turismo de pechar os seus establecementos nestas cidades. // Peche de afectados por participacións preferentes nun caixeiro automático na localidade pontevedresa de Gondomar. // Os administradores concursais pretenden recadar case sete millóns de euros poxando bens dos laboratorios Nupel. // As organizacións en defensa do galego rexeitan o proxecto de reforma educativa proposta polo Goberno. // Belén familiar de Conxo. 04/12/12

Ceos parcialmente cubertos e chuvascos, máis probables e frecuentes na metade Norte de Galicia. A cota de neve está en torno aos 1.100 metros de altura. Ventos frouxos do noroeste, tendendo a rolar a oeste pola tarde, con intervalos de intensidade moderada no litoral e momentos fortes ao final do día en torno a Bares. Temperaturas sen cambios significativos. 04/12/12

O paro subiu en Galicia máis do dobre que a media. Encerro nunha sucursal do Banco de Santander en Santiago para evitar catro desafiuzamentos. Afectados polas preferentes bloquearon o traballo en dúas sucursais de NGB en Vigo.

Toma posesión o novo Goberno da Xunta, elexido para dirixir Galicia os próximos catro anos. Un periodo no que, asegura o presidente Alberto Núñez Feijóo, os axustes darán paso ao crecemento económico. Só se estrea o titular de Economía e Industria, Francisco Conde. // Comeza en Vigo unha folga indefinida no transporte urbano que reduce ao corenta por cento os autobuses que circulan nas horas punta e suprime once liñas. O paro dos traballadores da empresa concesionaria, Vitrasa, é unha protesta polo atranco nas negociacións do convenio, que tentan desbloquear coa axuda dun mediador. // Varias asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo as dificultades que atravesan para facer o seu traballo. Pídenlle aos gobernos que respecten os dereitos adquiridos nos últimos anos para que a crise non complique aínda máis a integración. 03/12/12

Toma posesión o novo Goberno da Xunta, elixido polo presidente Alberto Núñez Feijóo para dirixir Galicia os próximos catro anos. Un período no que, asegura Feijóo, os axustes darán paso ao crecemento económico. // Asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo a situación de emerxencia pola que atravesan para facer o seu traballo. // Comezou unha folga indefinida nos autobuses urbanos de Vigo que reduce ao corenta por cento o servizo nas horas punta e suprime doce liñas. O paro dos traballadores da empresa concesionaria, Vitrasa, é unha protesta polo atranco nas negociacións do convenio. // O Deportivo afúndese nos postos de descenso tras caer en Riazor ante o Betis logo de remontar inicialmente un cero dous en contra. Fora deses postos de perigo está o Celta que así e todo deixou fuxir no último instante dous puntos de Balaídos ante o Levante. // "Calcetíns", unha curtametraxe na que os actores e actrices son persoas con discapacidade. 03/12/12

Toma posesión o novo Goberno da Xunta. // Asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo a situación de emerxencia pola que atravesan. // Comezou unha folga indefinida nos autobuses urbanos de Vigo. // O Deportivo afúndese nos postos de descenso. O Celta deixou fuxir no último instante dous puntos de Balaídos ante o Levante. // "Calcetíns", unha curtametraxe na que os actores e actrices son persoas con discapacidade. 03/12/12

Ceos anubrados, sobre todo nas provincias atlánticas, con precipitacións débiles, moderadas ao longo da noite. Néboas matinais en zonas do interior. Ventos do suroeste moderados, con intervalos fortes no litoral norte. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso, e máximas sen cambios. 03/12/12

Núñez Feijóo presidiu a toma de posesión do seu goberno no que só hai unha cara nova. A oposición considdera un desacerto a renovación do Goberno. Os sindicatos convocatan tres días de folga nas ambulancias.

Inquedanza en Galicia polo futuro dos investimentos en Novagalicia banco. O plan contra a seca da Xunta permitirá cobrar máis pola auga cando escasee. Comezou en Pontevedra Culturgal.