Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pachi Vázquez apela á vontade política da dirección socialista para chegar a un acordo e pide que ninguén se agoche tralos estatutos para evitar ás primarias. Insiste en que ainda hai tempo para acordos.

Os representantes sindicais de Pescanova, satisfeitos coa decisión da CNMV de enviar á fiscalía un expediente que investigue se o presidente Manuel Fernández de Sousa usou información privilexiada.

Os pais dun neno de once anos dun colexio de Vigo denuncian que o fillo é víctima de abusos en clase. Hai un mes que non vai á escola.

Morre outro home ó envorcar ó seu tractor. Foi en Pedrafita do Cebreiro.

Galicia perdeu case 18.000 habitantes durante o ano pasado. Segundo o Instituto Nacional de Estadistica, a dia 1 de xaneiro de 2013 habia censadas aquí 2.763.499 persoas, o que significa un 0.6% menos que un ano antes // O Celta xoga esta noite contra un rival directo, o Zaragoza,boa parte da permanencia. Cunha vitoria, afrontará dependendo de sí mesmo os seis compromisos que aínda lle quedan. Se perde, a continuidade será cuestión de sorte. 22/04/13

Galicia perdeu case 18.000 habitantes durante o ano pasado. Segundo o Instituto Nacional de Estadistica, a dia 1 de xaneiro de 2013 habia censadas aquí 2.763.499 persoas, o que significa un 0.6% menos que un ano antes. No conxunto de España tamen hai menos censados // O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo advertiu, nun acto en Madrid, contra as que calificou de paixóns de determinados grupos aos que acusa de promover medidas drásticas e irreflexivas que so conducen, dixo, a máis crise // A crise económica fai aumentar os casos de depresión na poboación. Neste momento, 20 de cada 100 persoas toman ansiolíticos ou antidepresivos para combatila pero calcúlase que están sen diagnosticar a mitade dos casos casos que existen. Os farmacéuticos da Coruña inician unha campaña para concenciar sobre esta situación. 22/04/13

Seguimos con sol e poucas nubes. As únicas zonas onde esa nubosidade se deixou notar foron as situads máis ao norte da Coruña e Lugo, nun día no qeu baixan algo as temperaturs máximas. Moveranse entre os 15 de Lugo e os 20 de ourense. 22/04/13

Seguimos con sol e poucas nubes. As únicas zonas onde esa nubosidade se deixou notar foron as situads máis ao norte da Coruña e Lugo, nun día no qeu baixan algo as temperaturs máximas. Moveranse entre os 15 de Lugo e os 20 de ourense. 22/04/13

Alberto Núñez Feijoo dixo en Madrid que a campaña de desprestixio que se tentou contra él polas fotos con Marcial Dorado nos 90 agora vai dirixida contra o xuiz que levou ó cárcere ó narco arousán. O portavoz parlamentario do Ps de G, Abel Losada, nega que exista ningunha campaña de desprestixio contra o presidente da Xunta e sinala que xa se desprestixia él só cando aparece xunto a un narcotraficante.

Portavoces dos afectados polas preferentes comparecerán na comisión parlamentaria que investiga á fusión das caixas. Tamén declararán a auditora que avalió a fusión e os principais dirixentes políticos que a defenderon.

O ministro de Pesca Arias Cañete reclama na Unión Europea mais flexibilidade no veto ós descartes e que se inclúan nas negociacions os acordos de pesca con Mauritania e Marrocos. Dous traballadores morren en senllos accidentes laborais en Carballo: un ó caer dun tellado e outro ó envorcar un tractor.

Miles de personas en paro han hecho este viernes horas de cola para entregar un currículum en la feria Empregalia, una feria de empleo organizada por una asociación de mujeres. Uno de los requisitos exigidos a las 30 empresas que participan en esa feria es que ofrecieran ahí al menos un puesto de trabajo real (en total unos 40 puestos). La noticia ha corrido por las redes sociales con rapidez y miles de personas han hecho más de un kilómetro de cola para lograr uno de los puestos de trabajo. La feria de empleo continúa este sábado. Vigo es la ciudad de Galicia con más parados, unos 35.000, el doble que hace cinco años.

Milleiros de parados fan cola hoxe en Vigo en busca dun emprego, en Empregalia. 36 empresas, institucións e ONGs ofertan traballos dende restauración, metal ou automoción.

Francia rectifica é di que non existe causa directa entre as 21 persoas con lixeiras intoxicacións alimentarias e a purga mariña nos mexillóns das rías galegas.

Nas excavacións das termas de Ourense apareceron restos que demostran que esas augas foron centro de atración para os que peregrinaban a Santiago. (19/04/13)

Milleiros de parados fan cola hoxe en Vigo en busca dun emprego. 36 empresas, institucións e catro ONGs ofertan traballos dende restauración, metal ou automoción. Só nas tres primerias horas desta feira Citroen recibiu máis de 1.000 currículos.

A Conselleira de Facenda di que 2013 vai ser dificil , un ano de recesión, pero que agarda indicadores de cambio de tendencia económica a finais de ano. Fixa en 2015 a recuperación económica e un cambio de tendencia a finais deste ano.

O Deportivo prepara o partido deste domingo fronte ó Atletic de Bilbao coa intencion de seguir escapando da parte baixa e cun Riazor cheo.

O Celta prepara o encontro do luns en Balaidos contra o Zaragoza, que tamén está en postos de descenso. Unha das últimas posibilidades dos celestes para salvarse. (19/04/13)

Milleiros de parados fan cola hoxe en Vigo en busca dun emprego. 36 empresas, institucións e ONGs ofertan traballos.

A Conselleira de Facenda fixa en 2015 a recuperación económica e un cambio de tendencia a finais deste ano.

O Deportivo prepara o partido fronte ó Atletic de Bilbao coa intencion de seguir escapando da parte baixa, e o Celta o seu contra o Zaragoza, que tamén está en postos de descenso. (19/04/13)

"Manos Limpias" presentou a denuncia contra Manuel Fernández de Sousa ante o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra por supostos delitos de falsidade en documento mercantil, insolvencia punible, maquinación para alterar o prezo das cousas e delito fiscal.

Dous mil cincocentos traballadores de Navantia movilizáronse en Ferrol, en demanda de carga de traballo. Na protesta, houbo barricadas con neumáticos incendiados que afectaron ó tráfico.

A Ciga presenta demanda contra a decisión de General Dynamics de aplicar un ERE de extinción para todos os traballadores da fábrica de armas. A conselleira de Facenda Elena Muñoz sitúa a recuperación económica en Galicia no horizonte do ano 2015.

O Banco de Sabadell vaise facer co Banco Gallego, logo de que o FROB considerara a oferta da entidade catalana coma a máis idónea.

Os afectados de preferentes que teñan menos de dez mil euros no banco terán prioridade para cobrar. Un criterio para as arbitraxes e que consideran inxusto as plataformas de afecatdos. (18/04/13)

O tempo pode empeorar algo nas próximas horas nas que mesmo pode caer algunha chuvisca, sobre todo no norte da comunidade.A partir de mañá prevese que chegue unha nova melloría. (18/04/13)

O Banco Gallego tén novo dono en perspectiva.

O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, o FROB, considera que a oferta presentada polo Banco de Sabadell é a máis apropiada pra facerse coa propiedade da entidade coruñesa.

Fontes bancarias calculan en 200 millóns de euros o que lle custará á entidade catalana facerse coa galega.

Os afectados de preferentes que teñan menos de dez mil euros no banco terán prioridade para cobrar. É un dos criterios que aprobou o Ministerio de Economía para as arbitraxes e que consideran inxusto as plataformas de afecatdos.

O Consello da Xunta deulle o visto e prace a unha nova regulación dos horarios dos empregados públicos que inclúe o teletraballo. (18/04/13)