A multinacional petroleira PEMEX asinou co maior privado galego unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da constructora naval viguesa Barreras // Declaran nun xulgado de Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio // A liga de futbol investiga se o partido Levante-Deportivo, que rematou con vitoria coruñesa por 0-4, estaba amañado. 02/05/13
O anticiclón que nos afecta é o que a partir da tarde vai deixando os ceos cada vez máis despexados e temperaturas máis propias da estación. 02/05/13
PEMEX e Barreras confirman o acordo e que hai unha carta de intencións pra que a petroleira mexicana entre no accionariado da factoría viguesa. PEMEX di que o seu obxetivo é transferir a medio prazo o coñecemento tecnolóxico de Barreras para construir buques especializados en México. O presidente da Xunta di que o acordo suporá beneficios tanto para o naval de Vigo como o de Ferrol, e mostrou o seu convencemento en que a petroleira manteña o seu compromiso en seguir adiante co proxecto de construir un flotel en Navantia.
Operacion Pokemon: a xuiza Pilar de Lara ordena rexistros no concello de Lugo, na policia local, no parque movil e no local do grupo socialista.
A policia local de Nigran impide a un grupo de afectados polas preferentes entrar no concello para asistir ao pleno. Os preferentistas denuncian que dous veciños resultaron contusionados.
Milleiros de persoas saíron á rúa en Galicia no Día do Traballo pra protestar contra o paro e os recortes. As principais sindicais volveron marchar por separado. UGT e CCOO celebraron a manifestación central na Coruña. A CIG, en Vigo.
Reaccións ante á posibilidade de que a petroleira mexicana Pemex entre de forma inminente no accionariado do estaleiro vigués de Barreras.
As protestas dos afectados polas preferentes volveron facerse presentes hoxe durante un acto institucional. Os alcaldes de Nigrán e Gondomar tiveron que sair escoltados por gardas civís e policías locais do Concello de Baiona // A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos.Segundo os datos que ofreceu hoxe a Xunta o número de víctimas mortais pasou de 76, no 2008, a 43, o ano pasado. 30/04/13
A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos.Segundo os datos que ofreceu hoxe a Xunta o número de víctimas mortais nestas vías de comunicación pasou de 76, no 2008, a 43, o ano pasado // Faise pública a sentenza sobre o accidente laboral que custou a vida, hai case oito anos, a 4 traballadores en Navantia-Ferrol . Tres dos acusados foron condenados a 9 meses de prisión por un delicto de homicidio por imprudencia grave. As familias das vítimas serán indemnizadas con case un millón e medio de euros // Novagalicia banco perdeu o ano pasado case 8.000 millons de euros, ao tempo que fixo saneamentos e provisions por valor de 8.200 millons de euros // O Deportivo logrou un punto valioso no campo do Betis, que aspira a competicions europeas. Os galegos adiantáronse no marcador cun gol espectacular de Riki, igualado despois polos andaluces. 30/04/13
O nordés segue a deixarnos fríos un día máis. Os termómetros semella que se resisten a subir e as máximas hoxe quedarán por baixo dos quince graos na maior parte de Galicia. 30/04/13
A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos. Faise pública a sentenza sobre o accidente laboral que custou a vida, hai case oito anos, a 4 traballadores en Navantia-Ferrol // O Deportivo logrou un punto valioso no campo do Betis, que aspira a competicions europeas. 30/04/13
Nova Galicia Banco comunicou hoxe as contas do ano pasado á Comisión Nacional do Mercado de Valores. As perdas que rondan os 8.000 millons de euros supoñen multiplicar por mais de 40 ás da entidade en 2011.
-Presenta a demisión como conselleiro de Pescanova Antonio Basagoiti, ex presidente de Banesto e Unión Fenosa: un día despois de que a empresa recurrise a decisión do xuiz de apartar da xestión á cúpula directiva. Pescanova alega que os administradores concursais acabarán por liquidar á compañía.
-A conselleira de Sanidade achaca o incremento das listas de espera do SERGAS á Semana Santa e ás obras no hospital da Coruña.
-Portavoces de 38 organizacions guatemaltecas denuncian na Coruña os abusos e violacions contra os indíxenas do país centroamericano por opoñerse a un proxecto hidroeléctrico promovido por un empresario coruñés nas súas terras.
- En las cuentas no se ha consolidado el Banco Gallego
- La entidad gallega vendió 10.073 inmuebles en 2012
Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. De momento só abastece aos centros hospitalarios da zona de Santiago pero o ano que vén subministrará ás entidades sanitarias de toda Galicia // Rescatan por aire a un condutor que se precipitou por un barranco e quedou suspendido nel sobre unha rocha. Sucedeu onte á noite na Serra da Groba en Oia, Pontevedra. Él mesmo chamou o 112. 29/04/13
O Comercio minorista non pasa polos seus mellores momentos. As súas vendas baixaron no último ano. En Galicia esa reducción foi de algo máis do 12 por cento, entre marzo do ano pasado e este último.As tendas de alimentación figuran entre as que menos descenso de vendas experimentaron // O banco Etcheverría e o seu Socio o Banesco de Venezuela van levar a cabo un proxecto de expansión en Galicia que suporá a posta de 200 millóns de euros a disposición do sistema produtivo e a apertura de setenta novas oficinas // Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. De momento só abastece aos centros hospitalarios da zona de Santiago pero o ano que vén subministrará ás entidades sanitarias de toda Galicia. 29/04/13
Pois, precisamente, pola estación, hoxe as temperaturas tenden a subir nun día que como viamos comezou solleiro. De cara a tarde os prognósticos din que van ir aumentando as nubes que apenas deixarán chuvia no norte e no leste da comunidade. 29/04/13
As vendas do comercio minorista baixaron no último ano. En Galicia esa redución foi de algo máis do 12 por cento, entre marzo do ano pasado e este último // O banco Etcheverría e o seu Socio o Banesco de Venezuela van levar a cabo un proxecto de expansión en Galicia // Xa está funcionando a plataforma loxística construída polo SERGAS na localidade coruñesa de Negreira. 29/04/13
O Banco Etcheverría anuncia a apertura de 70 oficinas en Galicia, e a creación de 200 postos de traballo. Tamén disporá de 200 millons de euros para créditos ás pemes e ás familias. O Etcheverría é agora propiedade do banco venezolano Banesco. Novas protestas dos afectados polas preferentes e do Naval, que obrigaron a suspender durante dúas horas e media o pleno municipal de Ferrol. No pleno de Vigo, tomaron a palabra os preferentistas e tamén os sindicatos do Naval.
O presidente do Psoe José Antonio Griñán asegura que en Galicia o Ps de G terá que facer o que decida o comité federal na súa reunión de xullo. O portavoz socialista no Parlamento, Abel Losada, confía na sensibilidade da dirección de Madrid para permitir ás primarias en Galicia. A plataforma "Queremos Galego" prepara a manifestación do 17 de maio: día das letras galegas. O seu presidente Carlos Callón di que no 90 por cento das clases de infantil o galego está desaparecido.
Facemos un repaso da actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
Falamos con José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT en Galicia, ás portas dun novo Primeiro de Maio.
- De los diferentes Gobiernos 'populares' recibió 162.344 euros
- Del Gobierno bipartito, PSdeG-BNG, se llevó 131.799 euros.
- El por entonces contrabandista no recibió dinero de la consellería de Feijóo
As protestas de centos de afectados polas participacións preferentes impediron hoxe a celebración dun pleno da Deputación de Pontevedra // Namentres, un Xulgado da Coruña, condenou a Novagalicia Banco a reintegrar a un matrimonio de Lugo, case 90.000 euros // O Partido Popular mantén a petición de demisión de Xosé Manuel Beiras, a raiz do incidente protagonizado polo portavoz de AGE no Pleno do Parlamento antonte, cando petou no escano do Presidente da Xunta, mentres Núñez Feijóo estaba intervindo. 26/04/13
A roupa de abrigo volve verse hoxe nas rúas e centros de traballo, logo de varios días de ambiente primaveral. O tempo cambiou bruscamente nas últimas horas. Ademáis hai alerta amarela na costa onde se rexistran refachos de vento de ata 80 quilómetros á hora // O sindicato maioritario de Pescanova, CC.OO vai estar presente no proceso concursal da empresa. A Xunta califica a posta en marcha do concurso coma unha boa nova para garantir a continuidade da multinacional // O Celta espera continuar mañá ante o Levante a remontada para sair do descenso. O Deportivo visita o luns ao Betis, tamen coa idea de seguir sumando puntos. 26/04/13