Máis claros ca nubes nes te mércores no que as temperaturas continuan frescas. As máximas moveranse entre os 16 graos da Coruña ou Lugo e os 21 de Ourense. 22/05/13
Xesús Vázquez defende a reforma educativa, que considera respeta as linguas cooficiais. Sen embargo, responsables de Comisions Obreiras anunciaron hoxe en Santiago que están estudando recurrir o texto ó entender que pode ser anticonstitucional.
-A consellaría de Educación presenta un protocolo para previr e tratar o acoso escolar. Xesús Vázquez di que ese non é o caso do neno de Vigo que leva dous meses sin ir a clase.
-Operación Campeón. Volve declarar no xulgado de Lugo o principal implicado, Jorge Dorribo, e a súa esposa, por posible fraude á Facenda nas declaracions da renda dos dous últimos anos.
-Os traballadores de Navantia encerráronse na delegación da Xunta en Ferrol. Esixen explicacions ó presidente Feijoo sobre os contratos con PEMEX.
-Manifestacions ademais de funcionarios da Xustiza contra a reforma que promove o ministro Gallardón: o cobro de taxas e a posibilidade de eliminar partidos xudiciais.
O Presidente da Xunta vai viaxar a Cuba despois do verán. Busca reforzar o apoio aos 38 mil galegos que viven naquela illa. O Goberno Galego lembra que Cuba está vivindo un proceso de reformas que ofrece oportunidades para as empresas galegas // Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios. 21/05/13
Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios, dende enxeñeiros ata mecánicos ou soldadores. Ata agora xa recibiu máis de 2.000 de toda España // O Tribunal Supremo confirma a ilegalidade de 52 chalets de luxo construídos no Grove, ao pe da praia dos Raeiros. A constructora tiña licenza para levantar un aparthotel en solo rustico, pero acabou construindo vivendas individuais. A sentenza xa é firme, pero non plantexa o derrube da urbanización // O aeroporto de Lavacolla estrea hoxe unha ruta aérea directa a Estambul coa compañía Turkish Airlines. Voará desde Santiago á capital turca tres días á semana. Este enlace non establece ninguha contrapartida economica para a compañia aerea. 21/05/13
Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios // O aeroporto de Lavacolla estrea hoxe unha ruta aérea directa a Estambul coa compañía Turkish Airlines. 21/05/13
Moitas nubes neste martes no que pode chubiñar algo polo norte. As temperaturas serán algo máis frescas por ahí, en torno os 17 graos e subirán ata os 19 polo sur. 21/05/13
A xuiza Pilar de Lara prorroga un mes mais o segredo do sumario da Operación Pokemon. Decisión que o abogado do alcalde de Lugo vai recorrer, ó entender que a falla de información lle está a causar indefensión a Xosé López Orozco, mais cando se filtran informacions da causa.
-O conselleiro de Economía Francisco Conde confía en que os estaleiros non teñan que devolver as axudas do anterior tax lease.
O concello do Grove considera que a sentenza do Supremo ratificando a ilegalidade de 52 chalés non conlevará a súa derruba.
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos 6 mil millóns de euros de fondos comunitarios que se investiron na nosa comunidade nos ultimos 7 anos // O Presidente da Real Academia, Alonso Montero declarouse partidario de que calquer norma linguística sirva para favorecer o galego como língua do ensino. Dixo comprender que outras comunidades anunciasen recursos contra a proposta lexislativa do goberno central, a coñecida coma Lei Wert. 20/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos 6 mil millóns de euros de fondos comunitarios que se investiron na nosa comunidade nos ultimos sete anos // Comezou na Coruña o xuízo polo asesinato dun mozo colombiano de 25 anos. O fiscal solicita 20 anos de cárcere para unha muller acusada de inducir o crime ao enterarse de que tamén mantiña relacións coa su filla menor de idade // O Deportivo depende de si mesmo para seguir en Primeira, logo da vitoria en Riazor fronte ao Español e a derrota na casa do Zaragoza, o principal adversario // Histórica clasificacion do Blusens Monbus Obradoiro que por vez primeira xogará a liguiña polo titulo. Venceu ao Bilbao Basket cun pavillon do Sar a reventar, cunha afeccion que acaba de merecer un premio polo apoio ao equipo. No primeiro partido polo titulo enfrontarase ao Real Madrid. 20/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos fondos comunitarios // O Deportivo depende de si mesmo para seguir en Primeira, logo da vitoria en Riazor fronte ao Español e a derrota na casa do Zaragoza, o principal adversario // Histórica clasificacion do Blusens Monbus Obradoiro que por vez primeira xogará a liguiña polo titulo. 20/05/13
Comezamos semana con máis sol ca nubes e con temperaturas máximas que soben. Valores que rondarán os 16 polo norte e os 18 polo sur da comunidade. 20/05/13
O presidente da Xunta recibiu á delegación da Unión Europea que ven a Galicia a comprobar o uso dos fondos asignados á comunidade. Previamente, reuniuse co ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García Margallo.
Outra cita hoxe en Santiago: r4epresentantes de Fomento e dos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo reúnense para constituir o Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia.
Os sindicatos de Ferrol convocan folga xeral na comarca, no Eume e en Ortegal o 12 de xuño contra a crise, o paro e a situación desesperada -din- na que se atopan moitas familias.
Comenza na audiencia da Coruña o xuizo pola morte a coiteladas dun mozo colombiano: a principal encausada é unha muller coa que mantivo relacions, e que, segundo o fiscal, ordenou o crime ó enterarse de que o xove tamén estivera coa filla, de 15 anos.
- Las comunicaciones deben remitirse a Deloitte, administradora concursal
Conversamos co presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, despois da celebración do Día das Letras. Recoñece que de non ter que estar nos actos institucionais, se tería manifestado na mobilización de Queremos Galego. Reclama un pacto polo lingua e advirte que o decreto do plurilingüismo lle pode facer moito mal ó idioma.
Facemos un repaso da actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega. Vista Alegre. Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia. (17/05/13)
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia. (17/05/13)
O cambio de tempo e a baixada das temperaturas levou a neve ás montañas por riba dos 1.000 metros. Moitas persoas aproveitan que hoxe é festivo e non hai actividade escolar para disfrutar cos fillos dunha visita á neve cando estamos mediando o mes de maio. (17/05/13)
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega, coa asistencia das primeiras autoridades pero tamén outros máis sinxelos coma o descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde naceu o dramaturgo, na compostelá barriada de Vista Alegre.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia.
Á marcha, convocada pola plataforma "Queremos Galego" asistiron representantes dos grupos da oposición no Parlamento , PSdeG-PSOE, AGE e BNG.
Os participantes pediron a retirada do decreto de plurilinguismo e a volta á lei de normalización linguistica anterior. (17/05/13)
Galicia réndelle homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. No Día das Letras, os actos en honor ó dramaturgo compostelán sucédense por toda a comunidade. O central, organizado pola Real Academia Galega, tivo lugar no Teatro Principal de Santiago. Antes descubríuse unha placa conmemorativa na casa natal do autor.
Un 17 de maio que coincide este ano co 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía.
Un día que ademais volveu ter carácter reivindicativo, coa manifestación convocada por Queremos Galego en Santiago en defensa da lingua.