Non se prevé unha melloría notable ata a fin de semana pero, pouco a pouco, a nubes vanlle ir cedendo paso aos claros. 19/06/13
- AGE ameaza con abandonar a comisión parlamentaria que investiga a fusión das caixas. O presidente da Xunta nega as acusacións de falta de transparencia
- O Tribunal Supremo estuda se admite a trámite unha causa por tráfico de influencias contra o presidente do PP de Lugo e portavoz do grupo popular no Senado, José Manuel Barreiro. El nega as acusacións.
- Manifestación esta tarde en Vigo en defensa do aeroporto de Peinador.
A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron. Somos a comunidade con peor saldo vexetativo de toda España // Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin. 18/06/13
Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin. Os perto de 40 mil afectados que non poden acollerse á arbitraxe teñen a oportunidade de achegarse a elas para recibir información das posibilidades que lles quedan para recuperar todo ou parte dos seus aforros. Tamén a Deputación de Pontevedra e os colexios de avogados ofrecen información a estes aforradores // A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron, e somos a comunidade con peor saldo vexetativo de toda España // Luis Enrique, presentado coma novo adestrador do Celta para as proximas duas temporadas, di que vai apostar pola canteira ainda que recoñece que a curto prazo precisa xogadores de reforzo. 18/06/13
- Apostolos Mangouras capitaneaba el petrolero que se hundió en 2002
- Se trata de la mayor catástrofe medioambiental de la historia de España
Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin // A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron // Luis Enrique, presentado coma novo adestrador do Celta para as proximas duas temporadas. 18/06/13
Segue o tempo avolto. Nas próximas hora volverà chover e mañá agárdanse ceus anubados e precipitaciòns, sobre todo na primeira mitade do día. 18/06/13
-O vicepresidente da Xunta asegura que non hai ningún cambio nos proxectos pra construir os buques floteis para a petroleira mexicana Pemex en Barreras, Vigo, e Navantia, Ferrol. Alfonso Rueda saía así o paso de informacions en xornais mexicanos sobre supostas demandas de contraprestacions políticas para concretar eses contratos.
-Protestas de afectados polas preferentes en Moaña e Gondomar.
-A xuiza da Operación Pokemon prorroga un mes mais o segredo do sumario.
-En Galicia, houbo o ano pasado dez mil falecementos mais que nacementos, acrecentándose o declive poboacional.
-Autorizadas as obras na fachada principal da Catedral de Santiago e nas torres pra eliminar definitivamente as humidades no templo, especialmente na xoia do románico que é o Pórtico da Gloria.
Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco. A Entidade conta con devolverlles os seus aforros, por ese procedemento, a un total de 36 mil clientes // Prestou declaración en Lugo o Concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, imputado pola xuíza que instrúe o sumario da operación Pokémon. É o sexto representante do concello compostelán que comparece nos xulgados lucenses, despois do actual alcalde, do anterior rexedor e de varios concelleiros e asesores. 17/06/13
Novagalicia Banco ha comenzado a canjear las preferentes por acciones de la entidad. Un proceso que se inicia después de que haya finalizado el plazo dado por la propia entidad para pedir el arbitraje.
Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco. A Entidade conta con devolverlles os seus aforros, por ese procedemento, a un total de 36 mil clientes. Outros 40 mil poderán optar a que lles reintegren só parte dos seus aforros, aceptanto quitas de entre o 20 e o 60% // Continua a investigacion para tratar de dar coa nai do bebé recén nado que apareceu abandonado no concello da Estrada dentro dunha caixa de cartón utilizada pra repartir alimentos a familias con poucos recursos. O bebé está atendido e en perfecto estado na seccion de neonatos do hospital clinico de Santiago // Seguen hospitalizados en estado grave os dous rapaces da Peroxa, de 11 e 12 anos, ós que lles caeu enriba parte dunha casa abandonada na que buscaban madeira para facer unha cabana. O concello vailles lembrar aos veciños que deben ter conta das vivendas que teñan en estado ruinoso. 17/06/13
Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco // Continua a investigacion para tratar de dar coa nai do bebé recén nado que apareceu abandonado no concello da Estrada dentro dunha caixa de cartón. 17/06/13
A semana comenza con tempo revolto, mais propio do outono que do verán que estamos a piques de estrear. 17/06/13
Programa dedicado a actividade do Parlamento ó longo da semana en Galicia
Entrevista ó líder de ANOVA, e portavoz parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras.
-Volven as protestas das preferentes xusto no día en que remata a vía da arbitraxe para os afectados de Nova Galicia Banco. En Pontevedra, suspendeuse o pleno municipal, en Vigo, os afectados ocuparon a oficina principal da entidade, e en Moaña, impediron reabrir a sucursal que permanecía pechada desde comenzos de ano.
-O delegado do goberno Samuel Juárez di estar disposto a pedir ó FROB a ampliación do prazo para que os preferentistas poidan acollerse á arbitraxe.
-Os grupos da oposición acusan ó PP de querer dificultar o traballo da comisión que estuda a fusión das caixas.
-Operación Pokemon: declara ante a xuiza Pilar de Lara o concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela. Está imputado por tráfico de influencias, suborno e falsidade documental.
-A Xunta asume a tutela da bebé atopada nunha caixa na Estrada. A nena está en bó estado.
-Comenza na audiencia de Pontevedra o xuizo pola morte dun garda civil, cando tres integrantes dunha banda querían asaltar un banco.
A Xunta e o Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais // A Semana Verde de Silleda , coas razas autóctonas e as últimas novedades na industria alimentaria, é unha das ofertas de actividade para unha fin de semana na que Lugo será outro dos puntos de atención, coa celebración do Arde Lucus. 14/06/13
Afectados polas participacións preferentes depositáronas hoxe en bolsas de lixo na oficina de Novagalicia Banco en Vigo // Sucedeu no mesmo día no que Xunta e Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais. Tamén foi elexido o seu Presidente, Pablo González, o ata agora alcalde de Oza // Entre os veciños que asistiron ao acto, algúns protestaron contra a fusión // A Semana Verde de Silleda , coas razas autóctonas e as últimas novedades na industria alimentaria, é unha das ofertas de actividade para unha fin de semana na que Lugo será outro dos puntos de atención, coa celebración do Arde Lucus, festa na que a cidade recupera o seu pasado romano. 14/06/13
-Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial presentan un plan para reforzar os xulgados ante o previsible aumento das demandas polas participacions preferentes.
-Bota a andar a comisión xestora que dirixirá o novo concello Oza-Cesuras. O ex alcalde de Oza, Pablo González, do PP, foi elexido presidente.
-Concentracions dos investigadores en Santiago e Vigo. Denuncian que a partida destinada á ciencia descendeu un 30 por cento.
-A escena galega perde a Xosé Manuel Olveira, "Pico", falecido ós 58 anos.
-Lugo acolle a festa que encherá a cidade de actividades lúdico artísticas durante toda a fin de semana, cun retorno á época romana: o "Arde Lucus".
A Xunta e o Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais. 14/06/13