O comisario europeo da competencia Joaquin Almunia ainda ve marxe para reconsiderar a devolución das axudas do tax lease á construcción de barcos que recibiu España. Pídelle ao Goberno español que presente novos argumentos para tentar mudar a decisión // Últimas sesións, na Coruña, do xuízo pola catástrofe do Prestige. Esta mañá, presentou conclusións o avogado do Fidac, o fondo internacional de compensación por contaminación de hidrocarburos. O macroxuízo, que comezou a mediados de outubro, está previsto que remate a semana que vén. Nesta fase final, as partes persoadas están a presentar conclusións. Mañá farao a defensa do capitán do buque, Apostolous Mangouras. 03/07/13
Na Coruña desenvólvense estes días as últimas sesións do xuízo pola catástrofe do Prestige. Esta mañá, presentou conclusións o avogado do Fidac, o fondo internacional de compensación por contaminación de hidrocarburos. O macroxuízo, que comezou a mediados de outubro, está previsto que remate a semana que vén // Galicia e as outras comunidades afectadas pola posible devoluciòn do tax lease dos estaleiros pendentes de que a reunión co Comisario Almunia se celebre antes que comecen, na Comisión Europea, as xestiòns previas á sesión do día 17 que vai decidir sobre esa devoluciòn // Centos de naseiros prostestan en santiago contra as restricions ordenadas pola conselleria do mar para a pesca do polbo. Na vespera de reunirense mañá coa conselleria, queixanse sobre todo do obrigado levantamento das nasas en determinadas condicio. O conflito está a deixar os mercados sen producto galego fresco, sobre todo na provincia da Coruña. 03/07/13
Na Coruña desenvólvense estes días as últimas sesións do xuízo pola catástrofe do Prestige. Esta mañá, presentou conclusións o avogado do Fidac // Galicia e as outras comunidades afectadas pola posible devoluciòn do tax lease dos estaleiros pendentes de que a reunión co Comisario Almunia // Centos de naseiros prostestan en santiago contra as restricions ordenadas pola conselleria do mar para a pesca do polbo. 03/07/13
Seguimos con moitas nubes sobre todo polo norte con temperaturas que comezan a subir. As máximas hoxe rondarán os 30 graos en moitos puntos de Galicia. 03/07/13
O paro baixou en Galicia no pasado mes de xuño en preto 10.500 persoas, o que supón un descenso dun 3,7%, un punto máis que na media española. É o cuarto mes consecutivo no que cae o desemprego.En España, tras baixar un 2,6% a cifra de parados queda en máis de catro millóns setecentos mil // Entrou en servizo a nova variante de Ortigueira. Son 8 kilómetros e medio de vía de alta capacidade. Mellora os accesos no norte da provincia da Coruña e tamén reduce tempos de viaxe, sobre todo nas áreas dos polígonos industriais. 02/07/13
- Acusa al exdirector de la Marina Mercante de las "dimensiones" del siniestro
- La naviera acusa a las autoridades de "agravar" sus consecuencias
O paro baixou en Galicia no pasado mes de xuño en case 10.500 persoas, o que supón un descenso dun 3,7%, un punto máis que na media española. Os datos son positivos porque é o cuarto mes consecutivo no que cae o desemprego, pero tamén teñen a súa lectura negativa porque segue a haber máis parados ca o ano pasado, 4.200 máis // Representantes dos naseiros que se opoñen aos plan da Xunta para a pesca do polbo volveron concentrarse esta mañá en Bueu. Protestaron contra eses plans e pola actuación da policía na manifestación de onte en Santiago onde houbo varios contusionados, entre eles, dous policías // O Banco de España quere vender de inmediato Novagalicia Banco. Unha venda que podería concretarse antes de que remate o ano. O FROB, que xestiona as entidades rescatadas coma a galega encargaralle a un banco especializado en investimentos o encauzamento da operación. 02/07/13
O paro baixou en Galicia no pasado mes de xuño en case 10.500 persoas, o que supón un descenso dun 3,7%, un punto máis que na media española // Representantes dos naseiros que se opoñen aos plan da Xunta para a pesca do polbo volveron concentrarse esta mañá en Bueu // O Banco de España quere vender de inmediato Novagalicia Banco. 02/07/13
Ceos máis despexados sobre todo polo sur nun día no que aínda seguirán bastante presentes as nubes ó norte onde incluso poderían deixar algunha chuvia feble. 02/07/13
A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid. Alí o Ministro de Industria reúnese cos presidentes das comunidades afectadas // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo que protestaban contra o novo plan deste cefalópodo, posto en marcha pola Consellería do mar // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. 01/07/13
A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid. Alí o Ministro de Industria reúnese cos presidentes das comunidades máis afectadas para evitar que a UE obrigue a España a devolver as axudas recibidas nos últimos anos para a construcción de buques // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo que protestaban contra o novo plan deste cefalópodo, posto en marcha pola Consellería do mar. A Consellería xustifica as novas medidas coma un sistema para evitar a sobrepesca e facer máis rendible a actividade // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. Sairá cada día dúas veces, pola mañá e pola tarde, das dúas cidades e fai o percorrido en pouco máis de dúas horas, unha menos do que viña levando ata agora. 01/07/13
A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. 01/07/13
A previsión do tempo anuncia un lixeiro empeoramento que, asi e todo, virá acompañado por ambiente cálido. Un empeoramento que non durará moito e que dará paso, de novo a ceos despexados, despois da metade da semana. 01/07/13
Entrevista con Xosé Luis Armesto, reitor da Universidade da Coruña.
Programa especial adicado ó Parlamento de Galicia, e a súa actividade semanal.
Seguen as reacciòns ao anuncio do Comisario da competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia de que o sector naval terá que devolver as axudas fiscais á construción de barcos.O presidente da Xunta busca un frente común coas comunidades de Asturias, Euskadi, tamén afectadas, para impedilo e o Secretario XEral dos Socialistas Galegos pide a demisión de Almunia, tamén socialista
As tendas da multinacional Darty, pechadas dende hai unhas semanas, volverán abrir ao publico. Os fundadores do establecemento San Luis , que hai 7 anos venderan a compañia a Darty, son os impulsores do novo proxecto empresarial. Volverán a abrir a mediados de agosto con 100 traballadores. (28/06/13)