- No que vai de ano queimáronse en Galicia 2.200 hectáreas. Son datos da Consellería de Medio Rural. Rosa Quintana dixo que en total houbo 1.300 incendios. Máis de mil quedaron en conatos. Os últimos lumes rexistráronse no Saviñao (Lugo), Ponteareas (Pontevedra) e Vilamarín (Ourense), onde arderon 200 hectáreas.
- Novas declaracións xudiciais polo accidente do Alvia.
- Comeza unha folga indefinida no Hospital Povisa de Vigo.
Visitas á capela ardente da empresaria e accionista de Inditex Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a do seu exmarido Amacio Ortega. Faleceu onte, aos 69 anos, vítima un derrame cerebral.
As universidades galegas quedan fóra da clasificación das 500 mellores do mundo. A única que estaba, a de Vigo, caeu da lista neste 2013.
O bo tempo e as festas favorecen a ocupación hoteleira na costa, que ronda o 90 %. No inerior non chega ao 50%.
Vilagarcía celebra a FESTA DA AUGA, con 30.000 persoas mollándose por vontade propia.
Un incendio continua activo en Lousame,na Coruña, dende as dúas da madrugada.Levan ardido máis de 20 hectáreas. (16/08/13)
Numerosas visitas á capela ardente da empresaria Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a de seu exmarido Amancio Ortega. Faleceu aos 69 anos vítima dun derrame cerebral.
As universidades galegas quedan fóra da lista das 500 mellores do mundo.
30.000 persoas móllanse por vontade propia na Festa da Auga de Vilagarcía. (16/08/13)
- A empresaria galega Rosalía Mera, cofundadora de Inditex e considerada como a muller máis rica de España, xa foi trasladada a un hospital da Coruña. Este mércores fora ingresada en Menorca tras sufrir un derrame cerebrovascular e posterior parada cardiorrespiratoria.
- Controlado o incendio forestal de Nogueira de Ramuín, en Ourense, tras queimar 75 hectáreas nos Canóns do Sil. Segundo Medio Rural, neste mesmo concello rexistráronse outros tres lumes. Un deles aínda continúa activo.
- A ponte festiva deixa un cen por cen de ocupación hoteleira en moitas zonas do litoral. En localidades do interior como Ourense baixan ata o 25 por cento.
Tráfico aumentará os controis de alcolemia nestes días de ponte festiva, nos que prevé case 800.000 desprazamentos en Galicia.
O sector da recollida do lixo da Coruña parará o día 26 en solidariedade3 cos da planta de tratamento de Nostián, que están en folga indefinida. O paro afectará a 400.000 habitantes.
O Exército deu xa máis de 30 avisos de incendio este verán nos montes. Dende o pasado 15 de xullo, patrullas da Brilat vixian as zonas de maior risco de lume, para disuadir aos incendiarios.
En dez días, a Vuelta Ciclista a España comezará a percorrer Galicia. En cada saída de etapa haberá degustación de gastronomía da provincia de Lugo.
Entrevista co conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, sobre incendios e a devolucion de axudas agrarias, e ó rural, concedidas pola UE. (14/08/13)
Sol e calor en Galicia para esta ponte festiva. A provincia de Ourense está en alerta por altas temperaturas, que poden superar os 36 graos. (14/08/13)
- Medio Rural aínda non dá por extinguido o lume que queimou 400 hectáreas en Larouco e Quiroga. O PSdeG di que o dispositivo contra incendios non funcionou.
- Os traballadores de Alimentos Lácteos quedan sen centro de traballo. Pascual, propietaria das instalacións da fábrica en Outeiro de Rei, quere recuperalas porque Alimentos Lácteos está en concurso de acreedores e non ten cartos para pagar o aluguer.
- O día 26 haberá folga no sector do tratamento de refugallos e de recollida de lixo no que se agrupan os traballadores Albada, Cespa, Sogama, vertedoiro de Areosa e da mancomunidade de municipios da Serra do Barbanza.
Estoupa unha bomba nun caixeiro automático de Novagalicia Banco, en Vigo, provocando numerosos desperfectos. Non houbo feridos . A entidade bancaria asegura que non levaron cartos. A Delegación do Goberno cree que puido ser autoría de Resistencia Galega.
Vixilantes de seguridade concéntranse na praza do Obradoiro para recoñecer o labor dos seus compañeiros no accidente ferroviario do 24 de xullo. Din que o traballo deles soe quedar esquecido.
As cinco denominacions de orixe de viño van organizar actividades para promover o turismo, cun ¿viñobus¿ para os visitantes haberá visitas teatralizadas.
O numero de peregrinos no Camiño de Santiago vai en aumento constante. No que vai de ano máis de 130 mil percorreron polo menos 100 kms. Da ruta.
Aranzubía incorpórase ao Atletico, Luisinho chega á Coruña. Celta e Lugo seguen pendentes de entradas e saídas.
O incendio entre Quiroga e Larouco queimou 400 hectáreas, menos das 500 que se estimaban inicialmente.
Entrevista co presidente da Fundación Rosalía de Castro, sobre os 150 anos da publicación de ¿Cantares Gallegos¿.
Cúmprense corenta anos do maior accidente aéreo de Galicia, o do avión de Aviaco, que se estrelou cerca de Alvedro. Faleceron os 85 ocupantes. (13/08/13)