A Audiencia Provincial da Coruña deixa sen efecto a imputación do actual Presidente do ADIF e os seus dous últimos predecesores que foran citados a declarar polo Xuiz que instrúe o sumario polo accidente de tren do pasado verán en Santiago. A audiencia estimou o recurso presentado polo administrador ferroviario contra estas tres imputacións e outros 18 membros de varios consellos de administración do ente público // O paro sube en Galicia por segundo mes consecutivo e a Seguridade Social perde máis de catro mil cincocentos afiliados. Na nosa comunidade o desemprego aumentou en outubro un 2,87%. Case sete mil cincocentas persoas quedaron sen emprego // Malestar entre a comunidade universitaria polo recorte, co curso xa comezado, nas becas Erasmus que onte anunciaba o ministerio de educación. 05/11/13
A Audiencia Provincial da Coruña deixa sen efecto a imputación do actual Presidente do ADIF e os seus dous últimos predecesores // O paro sube en Galicia por segundo mes consecutivo e a Seguridade Social perde máis de catro mil cincocentos afiliados // Malestar entre a comunidade universitaria polo recorte, co curso xa comezado, nas becas Erasmus que onte anunciaba o ministerio de educación. 05/11/13
Amainou o temporal de chuvia e vento, que esta mañá xa non superou en ningún punto os 100 kilómetros por hora. A melloría notaráse algo mais mañá. 05/11/13
A Audiencia Provincial da Coruña desimputa a cinco altos responsables do ADIF que foran considerados coma imputados polo xuiz que instrúe o sumario polo accidente do Alvia en Santiago, o pasado 24 de Xullo // O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro e deixou as rochas ao descuberto, igual que estaban antes das labores de rexeneración // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche, na madrugada do domingo cando voltaban dunha festa por unha vía secundaria. 04/11/13
O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro e deixou as rochas ao descuberto, igual que estaban antes das labores de rexeneración. Na costa hai alerta amarela, ondas de máis de cinco metros e ventos que superan os 100 quilómetros por hora // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche, na madrugada do domingo cando voltaban dunha festa por unha vía secundaria, o parecer para escapar dos controis da garda civil. Outros tres ocupantes do coche resultaron feridos // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. Ademais de vixilar o cumprimento da normativa por parte de conductores e autobuses, os axentes farán fincapé no seguimento dos rapaces nos momentos de baixada e de subida ao vehiculo, porque son eses os mais perigosos da viaxe. 04/11/13
O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. 04/11/13
Os refachos de vento que notamos nas últimas horas e que viñeron acompañados de gran oleaxe na costa, van seguir ainda nas próximas. Seguirá tamén a chover ainda que con menor intensidade. Algo mais agradables son as temperaturas, que seguen mornas. 04/11/13
- A Audiencia da Coruña deixa sen efecto as imputacións de cinco técnicos do ADIF.
- Continúa o debate en comisión dos orzamentos para 2014. Hoxe foi o turno da Consellería de Educación.
- Diminúe a sinistralidade mortal nas estradas en outubro. Consternación no concello coruñés de Oza-Cesuras pola morte de dous mozos en accidente de tráfico esta fin de semana.
Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". 31/10/13
Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos. As autoridades de tráfico teñen en marcha o dispositivo acaído para velar pola seguridade // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais. É un dato ofrecido hoxe no Consello da Xunta que tamén estudou a nova lei de espectáculos que vai entrar en funcionamento a principios do ano que vén // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario e califica de "linchamento" da súa cliente algunhas das informacións que se están a publicar, pese á estar o sumario declarado secreto // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". É o terceiro galego distinguido este ano cun premio nacional. 31/10/13
Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic. 31/10/13
Hoxe temos ceos anubrados e mesmo algunha precipitación no litoral atlántico. Parece que de cara á ponte de Tódolos Santos, na que moitos terán previstos desprazamentos e saídas, non nos imos librar da chuvia. Amplíanos esta información o noso compañeiro Martín Barreiro. 31/10/13
El juez autorizó la grabación de una conversación entre Rosario Porto y Alfonso Basterra, la primera noche que pasaron en los calabozos tras la muerte de su hija Asunta.