Rexeitamento en Nigrán pola liberacion dos ex-policías que hai vinte anos asasinaban ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar. Manuel Lorenzo e Ángel Vela cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o lider do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, manteñen a súa primeira xuntanza oficial . Besteiro transmitíulle a intención chegar a acordos sobre o emprego a reforma da lei electoral.
Os traballadores da antiga Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan dende hai oito meses. Fano ante anuncio do ministerio de defensa de adxudicar as instalacions a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade. (15/11/13)