Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia. No conxunto do estado houbo unha lixeira recuperación do mercado laboral // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. É unha das medidas que vai por en marcha o ministerio de Fomento para aumentar a seguridade despois do accidente de Angrois // A Policía detivo na Coruña a seis persoas por reter a mozas nun local do polígono da Grela onde as obrigaba a prostituirse. Son 5 españois e un uruguaio. A propietaria do local di que a denuncia é falsa e producto dunha vinganza. 03/12/13

Máis mobilizacións dos traballadores de Navantia, hoxe, en Ferrol. En asemblea diante do Concello, esta mañá coñeceron o plan da dirección para o estaleiro público. Non prevé peche de centros nin reducción de plantilla // Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia. No conxunto do estado houbo unha lixeira recuperación do mercado laboral. Con respecto a hai un ano, os datos son positivos tanto aquí como no global de España // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. É unha das medidas que vai por en marcha o ministerio de Fomento para aumentar a seguridade despois do accidente de Angrois. O maquinista do tren que descarrilou en Santiago ía falando por teléfono uns segundos antes de ocorrer o accidente. 03/12/13

Máis mobilizacións dos traballadores de Navantia, hoxe, en Ferrol. En asemblea diante do Concello, esta mañá coñeceron o plan da dirección para o estaleiro público // Os servizos públicos de emprego rexistraron en novembro 2.600 desempregados máis en Galicia // Os conductores de tren non poderán usar o móbil, salvo en caso de emerxencia. 03/12/13

Despois dunha noite fría as temperaturas soben tímidamente. En Ourense apenas sumaban dous graos positivos ás once e media da mañá. Hoxe volveu xear sobre todo nas provincias do interior. A noite más fría tiverona en Verín, con oito graos baixo cero. 03/12/13

Decepción nos sindicatos de Navantia polas explicacións dadas pola empresa ao non confirmarlles carga de traballo.Tamén lles di que non haberá despedimentos // Xa é posible solicitar unha consulta telefónica co médico de familia, en calquera centro de saúde de Galicia. O paciente pode elixir entre ser atendido de forma presencial ou por teléfono // Mañá será soterrado o ex xeneral Alfonso Armada, condenado no seu día por participar no golpe de Estado do 23F. Pasaba tempadas no seu pazo de Vedra. 02/12/13

A dirección de Navantia explícalles aos sindicatos o plan da empresa pública para os próximos 4 anos, do que os traballadores temen recortes. En Ferrol un grupo deles pechouse no Concello como medida de presión // A Xunta vaille enviar ao Parlamento un plan director de industria baseado na inclusión das factorías galegas nas cadeas de valor internacionais e co que pretende aproveitar os proxectos de desenvolvemento que vai por en marcha a Unión Europea // Desde hoxe é posible solicitar unha consulta telefónica co noso médico de familia, en calquera centro de saúde de Galicia // Morre o exxeneral Alfonso Armada, condenado no seu día por participar no golpe de Estado do 23F, en 1981. Tiña 93 anos e estaba ingresado en Madrid. Nos últimos anos, pasaba tempadas no seu pazo de Vedra, dedicado ao cultivo de camelias // O Celta alónxase do descenso coa vitoria fronte ao Almería. No derbi galego de Segunda, entre o Deportivo e o Lugo, reparto de puntos en Riazor. 02/12/13

A dirección de Navantia explícalles aos sindicatos o plan da empresa pública para os próximos catro anos, do que os traballadores temen recortes. En Ferrol un grupo deles pechouse no Concello como medida de presión // A Xunta enviará ao Parlamento un plan director de industria baseado na inclusión das factorías galegas nas cadeas de valor internacionais, para aproveitar os proxectos de desenvolvemento que vai por en marcha a Unión Europea // Xa é posible pedir consulta telefónica co médico de familia, en calquera centro de saúde de Galicia. O paciente pode elixir entre ser atendido de forma presencial ou por teléfono // Morre o exxeneral Alfonso Armada, condenado no seu día por participar no golpe de Estado do 23F. Pasaba tempadas no seu pazo de Vedra, dedicado ao cultivo de camelias // O Celta alónxase do descenso coa vitoria fronte ao Almería. En Segunda, reparto de puntos entre Deportivo e Lugo. 02/12/13

Esta semana es decisiva para los astilleros de Navantia en Ferrol. Más de 25.000 personas se manifestaron este domingo para pedir carga de trabajo. Esta mañana la direccion se reúne con los sindicatos en Madrid y a la espera de una decisión y un plan de empresa que garantice el futuro de los astilleros. Unos 50 trabajadores han iniciado un encierro en el Ayuntamiento de Ferrol que piensan mantener hasta el martes, cuando los sindicatos les comuniquen los planes de la empresa. Este fin de semana ha salido el último buque de los astilleros con destino a Australia. La plantilla reclama un plan que no incluya despidos ni reducción de las unidades de producción.

A suba con canon do lixo aplicarase a partir de xullo // Os pais de alumnos galegos poderán controlar cualificacións, faltas de asistencia e de conduta por teléfono móbil // Deportivo e Lugo enfrontaranse mañá en Riazor, nun derbi inédito desde a tempada 74-75. 29/11/13

O xuíz Vázquez Taín estuda a data para unha reconstrución dos feitos que desencadearon a morte de Asunta Basterra.Tamén chamará a testificar ao home ao que se lle atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta // "Canceliñas" volve ao cárcere logo de ser detido en Redondeda. Durante un permiso carcerario estivo presuntamente implicado nun tiroteo no Porriño, o atraco a varias gasolineiras no Baixo Miño e o secuestro dun médico en Portugal // Xunta e concellos acordan aprazar ao mes de xullo a suba do canón de tratamento do lixo na planta de Sogama. Será unha suba do 34%, non aplicable a partir de xaneiro como prevía a Xunta // A partir do luns os médicos galegos comezarán a pasar consulta tamén por teléfono. Hai que chamar ao centro de saúde e deixar un número de contacto. O médico de cabeceira devolverá a chamada // Debi galego mañá en Segunda. Deportivo e Lugo medirán as súas forzas en Riazor A última vez que o fixeron en Terceira División, na tempada 74-75. 29/11/13

Xunta e concellos acordan aprazar a xullo a suba do canón de tratamento do lixo na planta de Sogama.Será unha suba do 34%, non para aplicala o 1 de xaneiro como a Xunta previa // Os pais de alumnos galegos poderán controlar cualificacións, faltas de asistencia e de conduta dos seus fillos por teléfono móbil. Será coa aplicación Abalar Móbil, dispoñible gratuitamente // Mañá o fútbol galego vivirá un derbi inédito en Segunda. Deportivo e Lugo enfrontaranse en Riazor, despois de telo feito en Terceira División, na tempada 74-75. 29/11/13