Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nacida en Madrid en 1945, María Antonia Iglesias fue siempre una periodista volcada en la información política. Muchos la conocerán por los debates y tertulias televisivas que frecuentaba últimamente, donde alcanzó una fama que no había conocido antes.

Nova traxedia social e familiar, provocada, segundo todos os indicios, pola violencia de xénero. Sucedeu na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén onde o cadaver dunha muller de 81 anos apareceu no exterior da súa vivenda, con varios golpes na cabeza. Nun alboio  próximo, apareceu o corpo do seu marido, aforcado. 

  Os vehículos volven circular dende media mañá polo treito da autovía A8 entre as localidades lucenses de Abadín e Mondoñedo, onde o pasado sábado se produciu o choque múltiple que lle causou a morte a unha muller.

  A economía galega  empezou a experimentar  unha mellora que os expertos prevén que se consolide o ano que vén. Un estudo elaborado pola fundación Obra Social Abanca calcula que, neste  2014, o noso producto interior bruto vai medrar o 1 por cento, empuxado polo aumento da demanda interna. (30/07/14)

Na localidade pontevedresa  de Pazos de Borbén, o cadáver dunha muller de 81 anos apareceu no exterior da súa vivenda, con varios golpes na cabeza. O seu marido foi localizado, aforcado. 

  Os vehículos volven circular dende media mañá polo treito da autovía A8 entre as localidades lucenses de Abadín e Mondoñedo.

  A economía galega  empezou a experimentar  unha mellora que os expertos prevén que se consolide o ano que vén. (30/07/14)

Continúa o tempo anticiclónico, propio do verán. Predomina o sol, con só algunhas nubes de estancamento no litoral norte e pombadas de brétema matinais, no interior. (30/07/14)

La Guardia Civil investiga un posible caso de violencia de género en Pazos de Borbén, Pontevedra. La víctima es una mujer de 81 años y el presunto autor de su muerte, su marido, de 79, que se ha suicidado. 

 

A Autovía A-8, na que a pasada fin de semana se produciu o accidente múltiple no que faleceu unha muller aparecía esta mañá no medio da brétema, poucas horas antes da prevista para a súa apertura ao tráfico, segundo anunciou o Ministerio de Fomento. Unha reapertura, condicionada a que "as condicións meteorolóxicas o permitan, e logo de acometer obras de mellora na sinalización" // O Ministerio de Fomento abriulle un expediente a Audasa, a concesionaria da autoestrada do Atlántico, polas aglomeracións que se están a producir nas peaxes e que xa fora denunciada pola Xunta // Hoxe cúmprense 50 días desde o inicio da folga no servizo de limpeza e recollida do lixo en Lugo. Nas rúas aínda quedan moitos refugallos, pese a que os servizos mínimos son agora do 100%. 29/07/14

A Autovía A-8, na que a pasada fin de semana se produciu o accidente mútiple no que faleceu unha muller aparecía esta mañá no medio da brétema , poucas horas antes da prevista para a súa apertura ao tráfico, segundo anunciou o Ministerio de Fomento // O Ministerio de Fomento abriulle un expediente a Audasa, a concesionaria da autoestrada do Atlántico, polas aglomeracións que se están a producir nas peaxes e que xa fora denunciada pola Xunta // Máis de 2.000 persoas saíron á rúa en apoio a José Mato, o carballés que ainda permanece en dependencias policiais de Bogotá, acusado dun suposto delito de tráfico de menores por, supostamente, ter intentado traer, xunto coa súa muller, un bebé colombiano. 29/07/14

A Autovía A-8 aparecía esta mañá no medio da brétema, poucas horas antes da prevista para a súa apertura ao tráfico, segundo anunciou o Ministerio de Fomento // O Ministerio de Fomento abriulle un expediente a Audasa, a concesionaria da autoestrada do Atlántico, polas aglomeracións que se están a producir nas peaxes e que xa fora denunciada pola Xunta // Máis de 2.000 persoas saíron a rúa en apoio a José Mato, o carballés que ainda permanece en dependencias policiais de Bogotá, acusado dun suposto delito de tráfico de menores. 29/07/14

O tráfico que se dirixe cara á Costa Lucense segue desviado dende a autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo, un treito no que hai que optar pola estrada tradicional, a Nacional 634, para evitar o punto da autovía no que se rexistrou o grave accidente do pasado sábado // A Xunta insiste ante o Ministerio de Fomento e a empresa Audasa en que reforcen as medidas destinadas a evitar as grandes retencións de vehículos nas peaxes // A Garda Civil investiga as circunstancias polas que unha veciña do concello pontevedrés do Rosal tirou pola fiestra da súa casa ao seu fillo recén nacido nada máis dar a luz . O bebé permanece en observación nun hospital de Vigo pero está fora de perigo. 28/07/14

O tráfico que se dirixe cara á Costa Lucense  segue desviado dende a autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo, un treito no que hai que optar pola estrada tradicional, a  Nacional 634, para evitar o punto da autovía no que se rexistrou o grave accidente do pasado sábado, con medio cento de vehículos implicados e que lle custou a vida a unha muller e feridas a outras 40 persoas // José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE formará parte, como vogal da  nova Executiva Federal do PSOE que lidera Pedro Sánchez. Tamén estará Abel Caballero, coma Vicepresidente da Federación de Municipios // Veciños de Carballo mobilízanse para axudar a parella que intentóu traer un bebé dende Colombia, polo que pagou 18.000 euros á nai biolóxica. O home está detido en Colombia, acusado de tráfico de menores. Os veciños vanse manifestar esta noite para chamar a atención sobre o caso e pedindo apoio, tamen económico, para xuntar cartos para a defensa de José. 28/07/14

O tráfico que se dirixe cara á Costa Lucense segue desviado dende a autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo // José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE formará parte, como vogal da  nova Executiva Federal do PSOE que lidera Pedro Sánchez // Veciños de Carballo mobilízanse para axudar a parella que intentou traer un bebé dende Colombia, polo que pagou 18.000 euros á nai biolóxica. 28/07/14 

A presenza dos reis Filipe e Letizia en Santiago levantou expectación. 

O rei di que ten presente a memoria das vítimas do accidente de Angrois. O arcebispo pídelles aos políticos unha  rexeneración ética e moral da sociedade. 

O BNG ofréce unha fronte común coas outras forzas nacionalistas para as eleccións municipais. 

Anova de Beiras propón tamén unha fronte ampla, pero con iniciativas cidadáns. 

O PSdeG reivindica a Castelao e o PP a resposta colectiva ante o accidente de Angrois. (25/07/14)