Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 Rematou a folga dos traballadores da recollida do lixo de Lugo, logo do acordo da pasada madrugada.   A limpeza empezará hoxe e agárdase que en dous ou tres días a cidade recupera a súa imaxe normal, sen acumulacións de refugallos. 

 Esta tarde chegan a Vigo, 90 dos máis de 200 pasaxeiros que onte viaxaban no tren-hotel, que facía o traxecto entre Barcelona e a cidade Olívica. Onte á noite, un incendio na locomotora obrigou a parar o tren na provincia de Huesca e a trasladar aos pasaxeiros en autobuses ata Zaragoza. Non houbo danos persoais, só atrasos. 

  España venceu con  comodidade a Canadá, no partido de onte na Coruña, co que abriu a preparación para o Mundial de Baloncesto de finais deste mes. Ao final, 82  a 70 puntos para España, 12 de vantaxe, que puideron ser mais se os españois non se relaxaran na segunda metade. Destacou  a actuación dos irmáns Gasol. (07/08/14)

Dia de orballadas,  brétemas e nubes. Pero día de verán, así e todo, con temperaturas agradables.     Unha situación que se vai manter nas próximas horas e que mesmo parece que vai empeorar mañá. (07/08/14)

Rematou a folga dos traballadores da recollida do lixo de Lugo, logo do acordo da pasada madrugada. 

 Esta tarde chegan a Vigo, 90 dos máis de 200 pasaxeiros que onte viaxaban no tren-hotel, que facía o traxecto entre Barcelona e a cidade Olívica.

  España venceu con  comodidade a Canadá, no partido de onte na Coruña, co que abriu a preparación para o Mundial de Baloncesto de finais deste mes. (07/08/14)

Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante. 

  Os barcos galegos do cerco  poderán seguir pescando  xurelo.

  Principia esta tarde na Coruña  a xira previa ó mundial de Baloncesto. (06/08/14)

  Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante. Os grupos da oposición pídenlle a Navantia e ao Goberno Central que reformule o proxecto. A  Xunta di que os estaleiros ferroláns, teñen carga de traballo, por valor do dobre, do presuposto do dique.

  O Instituto Galego de consumo, anima a presentar reclamacións polos atascos,  nas peaxes da autoestrada do Atlántico.

 A paxina web do Instituto informa  de como facer as  reclamacións e ofrece os formularios para inicialas.

  Varios milleiros de mozos, procedentes de toda España,   lembran en Santiago  a Xornada Mundial da Xuventude  de hai 25 anos,   que presidira, daquela ,o papa Xoán Paulo  Segundo. Trouxera ata  ó monte do gozo a milleiros de cristiáns de todo o mundo. (06/08/14)

Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante. Os grupos da oposición pídenlle a Navantia e ao Goberno Central que reformule o proxecto. A  Xunta di que os estaleiros ferroláns, teñen carga de traballo, por valor do dobre, do presuposto do dique.

  Os barcos galegos do cerco  poderán seguir pescando  xurelo. Portugal cedeu 800 toneladas de cota , que beneficiarán, sobre todo, á nosa flota. Esta pasaba por momentos de dificultade, ao terse esgotado  o tope de capturas, e ante a posibilidade de ter  que amarrar pola escaseza de sardiña, que é a outra especie principal á que se dedican.   .

  Principia esta tarde na Coruña  a xira previa ó mundial de Baloncesto. Un torneo no que o combinado nacional  asume, xunto ós Estados Unidos, o cartel de gran favorito. O primeiro  rival  ao que terá que enfrontarse, nesta fase de preparación, será a selección de Canadá.  O partido será ofrecido en directo por Teledeporte . (06/08/14)

   Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que a xuntanza que esta tarde van manter os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser... sirva para porlle fin á folga, que dura xa 57 días.

Hoxe o Alcalde díxolles aos representantes veciñais que, durante o tempo que dure o conflito, non se vai cobrar o recibo por este servizo 

    Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá  no primeiro partido de preparación para o mundial.

 O adestrador, e o capitán, , van explicar esta tarde, o seu plan de traballo na cidade galega, onde empezarán a por en práctica, o xogo, co que queren facerlles fronte aos seus rivais. (05/08/14)

  Pensionistas que foron emigrantes  ( máis de 11 mil en Galicia), pídenlle á Conselleira de Facenda que as reclamacións que lles está  a facer a administración polas pensións do estranxeiro,  lles afecten  só a partir do ano que vén. Solicitan que non lles reclamen as dos últimos cinco anos, porque -din- non foron informados no seu momento. 

  Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que a xuntanza que esta tarde van manter os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser... sirva para porlle fin á folga, que dura xa 57 días.

Hoxe o Alcalde díxolles aos representantes veciñais que, durante o tempo que dure o conflito, non se vai cobrar o recibo por este servizo 

    Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá  no primeiro partido de preparación para o mundial.

 O adestrador, e o capitán, , van explicar esta tarde, o seu plan de traballo na cidade galega, onde empezarán a por en práctica, o xogo, co que queren facerlles fronte aos seus rivais. (05/08/14)

Os emigrantes retornados amosáronlle hoxe á Xunta a satisfacción pola retirada das sancións que lles viña impondo Facenda por non declararen as pensións que cobran no estranxeiro. 

  Unha medida recentemente aprobada  polo Consello de Ministros. 

   Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser cheguen a un acordo para porlle fin á folga.

    Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá  no primeiro partido de preparación para o mundial. (05/08/14)

O paro continua  á baixa, e o rexistrado  diminuíu  en Galicia no mes pasado un 4,7 % ; isto é,  12.000 parados menos que en  xuño, o que  sitúa a baixa na nosa comunidade, como a maior de España en termos absolutos, e como a segunda  en termos relativos. 

Por sectores, restauración e hostalaría, rexistran  a maior caída, con 8.000 parados menos

  Empeora a situación creada en Lugo pola folga dos traballadores da recollida do lixo. 

Os puntos de alerta sanitaria  chegan xa ao medio cento. A  semana pasada eran 13.

  Mais de 3.000 veciños de Marín continúan sen auga da traída, dende que o sábado rompera unha tubaxe de condución. O concello recuperou unha canalización antiga, e calcula que ata o xoves non se poderá solucionar o problema. Entrementres, os marineneses, en plena época de veraneo, teñen que sacar auga dos pozos ou das fontes. (04/08/14)