Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha forte borrasca situada fronte ás illas británicas vai provocar a partir desta tarde mar de fondo e ondas de ata sete metros, sobre todo, no litoral das provincias da Coruña e Lugo // Mañá o temporal no mar aínda vai arreciar e a altura das ondas pode superar os oito metros, polo que a situación será de alerta vermella // Inaugurado o novo edificio xudicial de Ourense. Unhas modernas instalacións que albergan 24 xulgados e 16 novas salas de vistas que tratan de paliar os problemas de espazo que presentaba o vello inmoble no que se atopaban ata agora. Ten capacidade para 200 funcionarios e para atender cada día a unhas 1000 persoas // O modelo urbano de Pontevedra  preséntase estes días en Dubai coma un dos 11 mellores do mundo, segundo un concurso auspiciado polas Nacións Unidas e do que os premios son entregados  neste Emirato do Golfo Pérsico. 23/02/15

Unha forte borrasca situada fronte ás illas británicas vai provocar a partir desta tarde mar de fondo e ondas de ata sete metros, sobre todo, no litoral das provincias da Coruña e Lugo. Mañá o temporal no mar aínda vai arreciar e a altura das ondas pode superar os oito metros, polo que a situación será de alerta vermella // Inaugurado o novo edificio xudicial de Ourense. Unhas modernas instalacións que albergan 24 xulgados e 16 novas salas de vistas que tratan de paliar os problemas de espazo que presentaba o vello inmoble no que se atopaban ata agora. Ten capacidade para 200 funcionarios  e para atender cada día a unhas 1000 persoas // O modelo urbano de Pontevedra  preséntase estes días en Dubai coma un dos 11 mellores do mundo, segundo un concurso auspiciado polas Nacións Unidas e do que os premios son entregados neste Emirato do Golfo Pérsico. 23/02/15

 Unha forte borrasca situada fronte ás illas británicas vai provocar a partir desta tarde mar de fondo e ondas de ata sete metros, sobre todo, no litoral das provincias da Coruña e Lugo // Inaugurado o novo edificio xudicial de Ourense // O modelo urbano de Pontevedra  preséntase estes días en Dubai coma un dos 11 mellores do mundo. 23/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados. As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores en Europa, América e África e tamén en  enclaves da China e da India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados.  As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores distribuidos por Europa, América, África e con enclaves na China e na India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, a Celta e Deportivo // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. 20/02/15

O anticiclón retirouse xa cara as Azores, e Galicia queda no radio de acción das borrascas atlánticas, con ceos cubertos e chuvias xeneralizadas, sobre todo no litoral e as zona altas. 20/02/15 

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros  e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato.

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea.  Os Reis abrirán tamén oficialmente a exposición "El Primer Picaso" que lembra a etapa de formación do pintor universal na cidade Galega, na que viviu entre os 9 e os 13 anos // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. Esta mañá foi xulgado na Coruña e aceptou esa pena que non suporá ingreso en prisión nin a perda do seu posto de traballo. 19/02/15

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. 19/02/15

Condenado a dez anos de cárcere o ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras // Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. 18/02/15