Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ponse á disposición da Xustiza no marco da Operación Patos. A xuíza podería dictar o auto coas posibles novas imputacións antes de que acabe a semana.

O portavoz do BNG, Xavier Vence, cualifica de "xerro de auga fría" o preacordo entre ANOVA, Esquerda Unida e Podemos para conformar unha candidatura única de cara ás xerais. Martiño Noriega, de ANOVA, di que o pacto segue aberto e nega que sexa un acordo entre cúpulas.

Protesta da volanta en Santiago.

O Consello da Xunta aproba o Plan Director do Camiño de Santiago.

Asinado o acordo lacteo, que compromete a industria e distribución a faceren contratos a longo prazo e a que se coñezan parte das súas marxes de beneficio que repercutirán aos productores // A catedral de Santiago terá obras de conservación durante os próximos 5 anos, por un importe  de 17 millóns de euros, para que estea lista para o Xacobeo de 2021 // Chegou o Barça a Vigo como líder de Primeira e con todas as súas estrelas para o partido desta noite, co liderato en xogo e cun Balaídos case cheo. 23/09/15

Chegou o Barça a Vigo, como líder de Primeira e con todas as súas estrelas para o partido desta noite, co liderato en xogo e cun Balaídos case cheo // Asinado o acordo lácteo en Madrid co que industria e distribución se comprometen a facer contratos a longo prazo e a que se coñezan parte das súas marxes de beneficio que repercutirán aos productores. Non asinaron Unions agrarias e Sindicato Labrego Galego // A catedral de Santiago terá obras de conservación durante os próximos 5 anos, por un importe de 17 millóns de euros, co obxectivo de que estea lista para o Xacobeo de 2021 // Comezan as operacións cirurxicas no novo hospital de Vigo que prevé ter operativos os seus 24 quirófanos a comezos de outubro // Aberta en Palas de Rei unha planta pioneira en  España, e a primeira en Galicia, na pasteurizacion de ovo liquido, que permite alongar a caducidade e calidade do produto. 23/09/15

 Asinado en Madrid o acordo promovido polo Ministerio de Agricultura para poñer fin á crise de prezos no sector lácteo. Rubricaron o pacto industria, distribuidoras, ASAJA e as cooperativas agrarias. Non o fixeron UPA (Unións Agrarias) e COAG (Sindicato Labrego Galego).

Novos datos e reaccións no marco da Operación Patos: o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os edís vigueses Ángel Rivas e David Regades, e a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, defenden a súa inocencia.

Chegou a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Reaccións á petición da fiscalía de imputar a medio cento de politicos, funcionarios e empresarios dentro da Operacion Patos, sobre supostas irregularidades en contratacions publicas en varios concellos e a recepcion de agasallos // Cúmprense dous anos da aparición do cadáver de Asunta Basterra e a nai publicou esquelas en varios xornais para lembrala. 22/09/15

Chega a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Ao cumprírense dous anos da aparición do cadáver da pequena Asunta Basterra, a súa nai publica nos xornais esquelas para lembrala // Un colectivo feminista reclama que o Consello Xeral do Poder Xudicial investigue se a xuíza do caso da morte de Isabel Fuentes actuou con neglixencia ao non protexela da súa parella // A fiscalía pide imputar a medio cento de políticos, funcionarios e empresarios na Operacón Patos, sobre supostas irregularidades en contratacións públicas en varios concellos e a recepción de agasallos // O alcalde da Coruña insta ao presidente da Xunta a non usar a institución como arma de partido. Responde ás acusacións de Núñez Feijóo de que os gobernos das mareas fan políticas de xestos. O alcalde de Santiago di non sentirse aludido // O Celta recibe mañá ao Barcelona. O Deportivo viaxa a Sevilla para enfrontarse o xoves ao Betis // Reeditado en castelán o Códice Calixtino. 22/09/15

Chega a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Ao cumprírense dous anos da aparición do cadáver da pequena Asunta Basterra, a súa nai publica nos xornais esquelas para lembrala // Un colectivo feminista reclama que o Consello Xeral do Poder Xudicial investigue se a xuíza do caso da morte de Isabel Fuentes actuou con neglixencia ao non protexela da súa parella // A fiscalía pide imputar a medio cento de políticos, funcionarios e empresarios na Operacion Patos, sobre supostas irregularidades en contratacións públicas en varios concellos e a recepción de agasallos. 22/09/15

Última semana de traslados ao novo hospital de Vigo, que atenderá aos  primeiros pacientes de urxencias. Tamen entrarán en servizo os quirófanos // Os bombeiros traballan no incendio dunha nave industrial en Lugo. O lume derretiu boa parte da estructura metalica da nave. Tamén arderon tres camións que habia dentro dela // Núñez Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais para o vindeiro ano, nun acto no que foi presentado polo exalcalde da Coruña, o socialista Francisco Vazquez. 22/09/15

Última semana de traslados ao novo hospital de Vigo, que atenderá aos  primeiros pacientes de urxencias. Tamen entrarán en servizo os quirófanos // Os bombeiros seguen traballando no incendio dun nave industrial en Lugo, que derretiu mesmo boa parte da estructura de metal da nave, na que tamén arderon varios camións // Hai dous anos da morte da nena Asunta Basterra, asfixiada presuntamente polos seus pais, que seguen no cárcere. A próxima semana comeza o xuízo contra eles // Núñez Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais para o vindeiro ano, que, dixo, van ser as mais importantes habidas ata agora en Galicia // Máis de 65.000 galegos sofren alzheimer // Terceira vitoria do Celta en Liga. Impúxose ao Sevilla en terras andaluzas por 1 a 2. O Dépor sufriu a primeira derrota na casa fronte ao Sporting de Gijón cun 2 a 3 // O pentacampión mundial de triatlón Javier Gómez Noya, o mellor triatleta de todos os tempos, volta á casa. Mañá chega a Vigo. 22/09/15

Última semana de traslados ao novo hospital de Vigo, que atenderá aos  primeiros pacientes de urxencias. Tamen entrarán en servizo os quirófanos // Os bombeiros seguen traballando no incendio dun nave industrial en Lugo, que derretiu mesmo boa parte da estructura de metal da nave, na que tamén arderon varios camións // Hai dous anos da morte da nena Asunta Basterra, asfixiada presuntamente polos seus pais, que seguen no cárcere. A próxima semana comeza o xuízo contra eles // Núñez Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais para o vindeiro ano, nun acto presentado polo exalcalde da Coruña, o socialista Francisco Vázquez // Terceira vitoria do Celta en Liga. Impúxose ao Sevilla en terras andaluzas por 1 a 2. O Dépor sufriu a primeira derrota na casa fronte ao Sporting de Gijón cun 2 a 3. 22/09/15

O presidente da Xunta anuncia novas rebaixas fiscais no imposto de sucesións e doazóns.

Balance dos cen primeiros días de goberno nos concellos tralo 24M.

Retómase o traslado ó novo hospital de Vigo.

Accidente de tráfico mortal no Porriño.

Aparece unha persoa morta ó carón da vía do tren en Santiago.

Dous anos da morte de Asunta Basterra.

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // A Xunta vai desenvolver o próximo ano unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Un barcelonés inicia o Camiño de Santiago en cadeira de rodas, que pretende percorrer en só oito días desde Roncesvalles, Navarra. 18/09/15