-Os novos conselleiros don Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona, que sustitúe a Rocío Mosquera á fronte de Sanidade; José Manuel Rey Varela que se encargará do novo departamento de Política Social e Ángeles Vázquez, desde hoxe á fronte de Medio Rural, nova consellaría separada do Mar.
-Xuizo polo crime de Teo. Unha compañeira de clase de Asunta asegura que viu a nena á mesma tarde en que desapareceu acompañada polo pai. Versión que contradí a de Alfonso Basterra, quen afirma que esa tarde non saiu da casa.
-Os pais de Andrea reúnense co xuiz, que terá que decidir se se lle retira a nena a alimentación artificial como piden os proxenitores, ou se continúa con ela, como demanda o servizo de Pediatría do Hospital compostelán.