As choivas dos últimos días deixan sentir os seus efectos, sobre todo na provincia da Coruña. Os ríos, xa moi caudalosos, logo de máis dunha semanas chovendo case continuamente, non dan recollido toda a auga // Os gandeiros que levan 36 días rodeando a muralla de Lugo cos seus tractores decidiron retirarse e abandonar a protesta en demanda de mellores prezos para o leite en orixe // A xunta aproba un proxecto normativo para regular o uso das vivendas que se alugan para usos turisticos, con fin de evitar o intrusismo e a competencia desleal, asi como asegurar as obrigas fiscais. 14/01/16
As choivas dos últimos días deixan sentir os seus efectos, sobre todo na provincia da Coruña // Os gandeiros que levan 36 días rodeando a muralla de Lugo cos seus tractores decidiron retirarse e abandonar a protesta en demanda de mellores prezos para o leite en orixe // A xunta aproba un proxecto normativo para regular o uso das vivendas que se alugan para usos turisticos. 14/01/16
Máis frío sobre todo de cara última hora da tarde. O causante é o vento do norte, nunha situación na que a cota de neve baixará ata os 800 metros. 14/01/16
Detido o marido da muller de Narón, de 79 anos que aparecera morta na súa casa, o pasado 29 de decembro. O home, de 78 anos fora o que avisara de que atoparaá muller morta e con varias coiteladas, no interior da vivenda // Armadores e mariñeiros da frota do cerco encerranse en varios concellos, entre eles A Coruña, Bueu e Porto do Son, en demanda dun reparto distinto das cotas de especies coma o xurelo e a xarda. Fano tralo principio de acordo coa consellería do Mar e antes da reunión do xoves en Madrid no ministerio onde estudarán o reparto // Galicia bate records no número de transplantes de órganos o ano pasado con 337 intervencións, un 30 por cento máis co ano anterior. Máis transplantes que son posibles grazas ao aumento das doazóns nun 20%. Por primeira vez superamos a media de España de doantes, con case corenta por cada millon de persoas. 13/01/16
Armadores e mariñeiros da frota do cerco encerranse en varios concellos, entre eles A Coruña, Bueu e Porto do Son, en demanda dun reparto distinto das cotas de especies coma o xurelo e a xarda. Fano tralo principio de acordo coa consellería do Mar e antes da reunión do xoves en Madrid no ministerio onde estudarán o reparto // Galicia bate records no número de transplantes de órganos o ano pasado con 337 intervencións, un 30 por cento máis co ano anterior. Máis transplantes que son posibles grazas ao aumento das doazóns nun 20%. Por primeira vez superamos a media de España de doantes, con case corenta por cada millon de persoas // A Garda Civil busca, na zona lucense de Pantón, a unha muller colombiana de 52 anos que desapareceu o pasado sábado, despois de decir que ía chamar á súa familia por teléfono. A desaparecida estaba atravesando por un momento dificil, despois da morte do seu marido e estivera vivindo coas monxas nesta localidade. 13/01/16
Armadores e mariñeiros da frota do cerco encerranse en varios concellos, entre eles A Coruña // Galicia bate records no número de transplantes de órganos o ano pasado con 337 intervencións // A Garda Civil busca, na zona lucense de Pantón, a unha muller colombiana de 52 anos que desapareceu o pasado sábado. 13/01/16
Volve a choiva e poden caer ata 40 litros por metro cadrado en doce horas e soprar ventos superiores aos 80km por hora. As chuvias serán máis fortes e persistentes na costa atlántica. 13/01/16
O da Coruña é o hospital de España onde máis transplantes se fixeron o ano pasado un total de 258 intervencións deste tipo. Case a metade desas operacións foron de transplantes de ril, unha cuarta parte de doantes vivos. Pese a esa cifra récord, uns 200 doentes seguen agardando por un órgano // O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro negouse a declarar ante a xuíza Pilar de Lara ó non poder contar cos seus avogados que asisten a un xuízo esta mesma mañá en Málaga // En Lugo a Subdelegación do Goberno limita a concentración dos tractores que protestan desde hai máis dun mes rodeando a muralla. 12/01/16
O da Coruña é o hospital de España onde máis transplantes se fixeron o ano pasado un total de 258 intervencións deste tipo. Case a metade desas operacións foron de transplantes de ril, unha cuarta parte de doantes vivos. Pese a esa cifra récord, uns 200 doentes seguen agardando por un órgano // O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro negouse a declarar ante a xuíza Pilar de Lara ó non poder contar cos seus avogados que asisten a un xuízo esta mesma mañá en Málaga. Besteiro, investigado por presuntas irregularidades urbanísticas no chamado caso Garañón, insiste en que non hai caso e di non entender porque a xuíza non cambiou a data da súa declaración // A xunta convoca oposicions no ensino, en total, 1112 prazas, unha cifra coa que se cubre o numero maximo permitido pola actual taxa de reposicion. 500 son de mestres de infantil e primaria,de profesor de educacion secundaria, 478 e de formacion profesional: 122. Para inspectores son 12 prazas. 12/01/16
O da Coruña é o hospital de España onde máis transplantes se fixeron o ano pasado // O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro negouse a declarar ante a xuíza Pilar de Lara // A xunta convoca oposicions no ensino, en total, 1.112 prazas. 12/01/16
Xornada de transición á espera da chegada mañá dunha nova borrasca. O previsto é que de cara a tarde vaian remitindo os chubascos e as chuvias en xeral débiles que tivemos durante a mañá. 12/01/16
- El colectivo Batas Blancas presentó una reclamación por esta razón en marzo
- Denunciaban la falta de suministro de los nuevos tratamientos por parte del Sergas
El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo (PP), ha instado al presidente de la Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, a cumplir la ley. "Aquí hay malos precedentes, malos procedimiento y malos objetivos", añade el político 'popular', que solo espera "que Puigdemont se dedique a gobernar y no a incumplir la ley".
Os once tripulantes do "Novo Jundiña", un arrastreiro da Coruña están sans e salvos, logo do naufraxio do seu pesqueiro, a pasada noite fronte a Cabo Ortegal, no Noroeste da costa Atlántica. Foron rescatados pola tripulación do Helimer Galicia, e levados ao Hospital da Coruña onde foron dados de alta // No mar hai alerta laranxa por ondas que incluso chegaron aos nove metros na boia de Punta Langosteira na Coruña e con ventos que xa superaron os 127 km por hora en Cedeira, nun día no que mellora a situación en terra. Os temporais daranos unha pequena tregua ata o mércores cando se preve que entre unha nova borrasca // A Garda Civil segue a buscar aos cinco atracadores que o sábado pasado asaltaron unha vivenda de Cartelle, en Ourense, e roubaron 200.000 euros. Un atraco que rematou cunha falecida, unha anciá de 92 anos morta dun infarto mentres roubaban a súa casa. 11/01/16
Las fuertes olas provocadas por este temporal complicaron el rescate anoche de 11 marineros en el cabo Ortegal. Su buque de arrastre se hundió por culpa de una vía de agua. Por suerte, todos los tripulantes pudieron ponerse el chaleco salvavidas y saltar a las balsas aunque una ráfaga de viento hizo que una volcara.
Os once tripulantes do "Novo Jundiña", un arrastreiro da Coruña están sans e salvos, logo do naufraxio do seu pesqueiro, a pasada noite fronte a Cabo Ortegal, no Noroeste da costa Atlántica. Foron rescatados pola tripulación do Helimer Galicia, e levados ao Hospital da Coruña onde foron dados de alta // No mar hai alerta laranxa por ondas que incluso chegaron aos nove metros na boia de Punta Langosteira na Coruña e con ventos que xa superaron os 127 km por hora en Cedeira, nun día no que mellora a situación en terra. Os temporais daranos unha pequena tregua ata o mércores cando se preve que entre unha nova borrasca // A Garda Civil segue a buscar aos cinco atracadores que o sábado pasado asaltaron unha vivenda de Cartelle, en Ourense, e roubaron 200.000 euros. Un atraco que rematou cunha falecida, unha anciá de 92 anos morta dun infarto mentres roubaban a súa casa. 11/01/16
Os once tripulantes do "Novo Jundiña", un arrastreiro da Coruña están sans e salvos, logo do naufraxio do seu pesqueiro, a pasada noite fronte a Cabo Ortegal, no Noroeste da costa Atlántica // No mar hai alerta laranxa por ondas que incluso chegaron aos nove metros // A Garda Civil segue a buscar aos cinco atracadores que o sábado pasado asaltaron unha vivenda de Cartelle, en Ourense, e roubaron 200.000 euros. 11/01/16
Os temporais darannos unha pequena tregua ata o mércores cando se preve que entre unha nova borrasca. 11/01/16