Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde // A elección dun novo presidente da patronal galega non rematou cos enfrontamentos internos na Confederación de Empresarios. José Manuel Pérez Canal , o aspirante perdedor,,sosten que no proceso houbo déficit democrático e acusa ao gañador, Dieter Moure, de ser un "home de palla" do ex presidente Fontenla. Acusacións que rexeita o novo mandatario // O Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 250 quilos de alimentos que foron levados ata alí polo xeneral xefe desta circunscripcíón militar. 19/01/16

Os armadores do cerco asociados en ACERGA viven os últimos días de acampaña diante da Xunta, en San Caetano, en demanda dun reparto distinto das cotas de captura. Decidiron voltar ao mar, a partir do lúns que vén. Unha decisión adoptada logo de que a Consellería lles garantise uns topes mínimos de capturas de 10 ou 20 mil quilos, dependendo do tamaño dos barcos // Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde. Anuncian que, se a mesa do Congreso rexeita a súa pretición, por considerar que non se axusta ao regulamento, recurrirán á vía xudicial // Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 250 quilos de alimentos que foron levados ata alí polo xeneral xefe desta circunscripcíón militar. 19/01/16

Os armadores do cerco asociados en ACERGA viven os últimos días de acampaña diante da Xunta, en San Caetano, en demanda dun reparto distinto das cotas de captura // Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde // O Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 19/01/16

Achégase unha borrasca que foi cubrindo de novo o ceo máis nubes neste martes que de cara a tarde van ir deixando chuvia comezando polo litoral atlántico e que de cara a noite poden caer en calquera punto do país. 19/01/16

Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas. A ministra de fomento en funcións Ana Pastor anunciou hoxe, na Coruña que a tripulación do Helimer que resctou aos mariñeiros do Novo Jundiña, será proposta para recibir a medalla ao mérito civil // Os armadores do cerco voltarán faenar o luns que vén e , na proxima fin de semana, abandonarán o campamento que manteñen dende hai case tres meses diante da sede da Xunta en demanda dun reparto distinto das cotas de pesca // O Tribunal Supremo reduciu, de novo, a condena imosta ao ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago. Acaba deixala en oito anos e dous meses, despois de reducir xa, nunha sentencia anterior, a de dez anos que lle impuxera a Audiencia da Coruña. 18/01/16

Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas. A ministra de fomento en funcións Ana Pastor anunciou hoxe, na Coruña que a tripulación do Helimer que resctou aos mariñeiros do Novo Jundiña, será proposta para recibir a medalla ao mérito civil // Os militantes de Podemos Galicia terán que decidir sobre o novo responsable de Organización, logo de que o Secretario Xeral, Breogán Riobóo o destituíra a el e a outros tres membros da dirección // Continúa a investigación da morte do cura de Vilanova dos Infantes en Celanova despois de que esta fin de semana foran detidos dous homes croatas, tío e sobriño en relación co caso. Quedaron en liberdade con cargos e terán que comparecer cada quince días nos xulgado. 18/01/16

Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas // Os militantes de Podemos Galicia terán que decidir sobre o novo responsable de Organización, logo de que o Secretario Xeral, Breogán Riobóo o destituíra a el e a outros tres membros da dirección // Continúa a investigación da morte do cura de Vilanova dos Infantes en Celanova despois de que esta fin de semana foran detidos dous homes croatas en relación co caso. 18/01/16

Soben as temperaturas nun día de ceos grises pero sen apenas precipitacións. Durante a tarde tenden a remitir as chuvias débiles que rexistraron a primeiras horas. 18/01/16

A Patronal Galega tén novo Presidente. O ourensán Antonio dieter Moure será o Presidente da Confederacion de Empresarios de Galicia para os próximos catro anos. Foi elexido por 102 votos fronte aos 92 que logrou o seu contrincante, o tamén ourensán José Manuel Pérez Canal // Esta tarde comezan a retirarse dos arredores da muralla de Lugo os tractores dos gandeiros que levaban alí estacionados 36 días en apoio das súas reivindicacións de mellores prezos para o leite en orixe // O ambiente propio do inverno instalouse definitivamente entre nos e, despois das intensas choivas, chegou o frío e mesmo a neve. 15/01/16

O ambiente propio do inverno instalouse definitivamente entre nos e, despois das intensas choivas, chegou o frío e mesmo a neve. En moitos puntos da mitade norte, os termómetros non daban pasado esta mañá dos catro ou cinco graos e nas zonas de montaña, as nubes amenazan con precipitacións de neve // 202 empresarios elixen ao futuro líder da patronal galega para os vindeiros catro anos. Terán que decidir entre dous ourensáns, José Manuel Pérez Canal, presidente dos empresarios desa provincia e Antonio Diéter Moure que dirixe a asociación ourensá de empresas de formación // O xuiz do caso Alvia rexeita tódolos recursos presentados contra o peche da instrucción polo accidente de Angrois que dictara en outubro. Será agora a Audiencia provincial quen decida se queda definitivamente pechada a instrucción e sinala apertura de xuízo. 15/01/16

O ambiente propio do inverno instalouse definitivamente entre nos e, despois das intensas choivas, chegou o frío e mesmo a neve // 202 empresarios elixen ao futuro líder da patronal galega para os vindeiros catro anos // O xuiz do caso Alvia rexeita tódolos recursos presentados contra o peche da instrucción polo accidente de Angrois que dictara en outubro. 15/01/16

Máis sol pero tamén máis frío, as temperaturas mínimas agardámolas para ao final do día. As máximas moveránse entre os 7 graos de Lugo e os 12 da Coruña e Vigo. 15/01/16

As choivas dos últimos días deixan sentir os seus efectos, sobre todo na provincia da Coruña. Os ríos, xa moi caudalosos, logo de máis dunha semanas chovendo case continuamente, non dan recollido toda a auga // Os gandeiros que levan 36 días rodeando a muralla de Lugo cos seus tractores decidiron retirarse e abandonar a protesta en demanda de mellores prezos para o leite en orixe // A xunta aproba un proxecto normativo para regular o uso das vivendas que se alugan para usos turisticos, con fin de evitar o intrusismo e a competencia desleal, asi como asegurar as obrigas fiscais. 14/01/16