Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O número de hoteis en Galicia aumentou un oito por cento na última década. Hoxe hai algo máis de 900 establecementos hoteleiros, con case 54.700 prazas // No que vai de ano, Garda Civil e Policía autonómica levan investigadas un cento de persoas por, supostamente, provocar incendios forestais // 29 persoas morreron afogadas no que vai de ano, en praias e piscinas de Galicia, dúas menos que no mesmo perídodo de 2018 // Un Celta cheo de promesas da canteira cae por 1 a 3 ante eficacia do Real Madrid // En Segunda, o Deportivo venceu en Riazor ao Oviedo e o Lugo comeza a temporada cun empate sen goles ante o Extremadura // A Muller que leva máis anos cotizando á Seguridade Social en España chámase Dolores Agra e ten un comercio de lencería na Coruña. 19/08/19

 

Alternacia de nubes e claros con temperaturas máximas, nas cidades, de 26 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra. Santiago terá 21. Mañá, martes, haberá unha suba xeralizada dos termómetros. 19/08/19

 

Vilagarcía celebra hoxe o San Roque, como moitas outras vilas e cidades, pero aí é tamén a Festa da Auga // A ocupación nas 63 casas de turismo rural da Ribeira Sacra está, estes días, por riba do 98 por cento // Moitos arqueólogos xa lle chaman a Cova Eirós, en Triacastela a "Atapuerca Galega", pola cantidade e relevancia dos achados descubertos. (16/08/19)

Vilagarcía celebra hoxe o San Roque, como moitas outras vilas e cidades, pero aí é tamén a Festa da Auga // A ocupación nas 63 casas de turismo rural da Ribeira Sacra está, estes días, por riba do 98 por cento // Mañá comeza a Liga para os equipos galegos, e ao Celta tócalle estrearse cun partido complicado. Enfróntase ao Real Madrid, en Balaídos // Lugo tamén inaugura a temporada mañá, enfrontándose ao Extremadura no Anxo Carro. O Deportivo xoga o domingo, na casa, contra o Oviedo // Moitos arqueólogos xa lle chaman a Cova Eirós, en Triacastela a "Atapuerca Galega", pola cantidade e relevancia dos achados descubertos. (16/08/19)

Ceos con nubes no litoral atlántico e despexados no interior. Pola noite, aumentan as nubes na costa, con probabilidade de chuviscas nesa zona. As temperaturas, sen apenas cambios. (16/08/19)

Vilagarcía celebra hoxe o San Roque, como moitas outras vilas e cidades, pero aí é tamén a Festa da Auga // A ocupación nas 63 casas de turismo rural da Ribeira Sacra está, estes días, por riba do 98 por cento // Mañá comeza a Liga para os equipos galegos, e ao Celta tócalle estrearse cun partido complicado. Enfróntase ao Real Madrid, en Balaídos // Lugo tamén inaugura a temporada mañá, enfrontándose ao Extremadura no Anxo Carro. O Deportivo xoga o domingo, na casa, contra o Oviedo // Moitos arqueólogos xa lle chaman a Cova Eirós, en Triacastela a "Atapuerca Galega", pola cantidade e relevancia dos achados descubertos. (16/08/19)

Ponte festiva en pleno agosto. Os próximos catro días agárdase case un millón de desprazamentos polas estradas do Noroeste // En zonas como a Ribeira Sacra contan con ter os aloxamentos completos durante a ponte // Acaba de presentarse o dispositivo co que o Exército vai colaborar este ano coa campaña contra os incendios forestais en Galicia. (14/08/19)

Ponte festiva en pleno agosto. Os próximos catro días agárdase case un millón de desprazamentos polas estradas do Noroeste // En zonas como a Ribeira Sacra contan con ter os aloxamentos completos durante a ponte // Reinícianse as obras para construir un parque eólico na Serra do Oribio, en Lugo, tras modificar o proxecto, que reduce de 12 a 8 o número de aeroxeneradores // O PSdeG considera que o hipotético cobro polo uso das autovías estatais pode contribuir a rebaixar outras peaxes. O PP de Galicia, en cambio, di que o anuncio é un globo sonda // Acaba de presentarse o dispositivo co que o Exército vai colaborar este ano coa campaña contra os incendios forestais en Galicia. (14/08/19)