Equipos de emerxencia de España e Portugal buscan no río Miño, entre Goián e Vila Nova de Cerveira, un mozo portugués de 23 anos que afogou mentres participaba nunha proba deportiva // A asesoría xurídica da Xunta conclúe que o Goberno central ten que cumprir co financiamento das Comunidades autónomas aínda que estea en funcións // Rías Baixas, a denominación de orixe de viños máis extensa de Galicia agarda recoller 36 millóns de quilos de uva nesta vendima // Pasa a disposición do xuiz o home que confesou ter matado de varios golpes cunha sacha ao seu irmán // Domingo negro para o fútbol galego de segunda // Máis de 400 interpretacións do cadro das Meniñas de Velázquez decoran o barrio de Canido en Ferrol. 02/09/19