O anticiclón está a entrar en forma de cuña desde as Azores. As nubes e brétemas foron desaparecendo durante a mañá e agardamos ceos despexados á tarde. Tamén comeza o ascenso térmico, que se notará especialmente a partir de mañá. As temperaturas máximas hoxe oscilarán entre os 29 graos de Ourense e Pontevedra e os 21 da Coruña. 23 e 24 graos acadarán os termómetros en cidades como Lugo e Santiago. 11/09/19