Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia supera os 2.200 casos de coronavirus, tralo aumento de case 400 nas últimas 24 horas. Hai 98 pacientes na UCI e 45 mortos. Os que recibiron a alta xa son 67 // As empresas pesqueiras preparan despedimentos temporais ante a caída das vendas e dos prezos e as dificultades para aplicar nos barcos as medidas do estado de alarma. Pídenlle á administración poder acceder a axudas por peche // Na madrugada do domingo toca adiantar os reloxos para adaptalos ao horario de verán. Algúns expertos cren que, en pleno confinamento, nos afectará menos, porque temos máis marxe para afacer o organismo á nova hora. 27/03/20 

Galicia supera os 1.800 casos de coronavirus, dos que 86 están ingresados na UCI. Rexistráronse 47 altas e 36 mortes // 112.284 traballadores galegos están afectados polos máis de 20.987 expedientes temporais de regulación de emprego xa presentados // Trinta e cinco médicos xubilados de Ourense comezan a colaborar co Sergas. Atenden chamadas da poboación que precisa información sobre o coronavirus. 26/03/20

Ascenden a trinta os falecidos con coronavirus en Galicia, que roza os 1.600 infectados // Seguen a medrar os contaxios nas residencias de maiores, case un cento, entre residentes e traballadores. A Xunta habilita dous centros, en Baños de Molgas e Santiago, para concentrar neles aos maiores contaxiados // Na lonxa máis grande de Galicia, en Vigo, aumentan as medidas de seguridade e hixiene para seguir comercializando peixe e asegurar o abastecemento dos mercados. 25/03/20