O andazo de coronavirus perde forza en Galicia. Nas últimas horas reducíuse o ritmo de contaxios e baixa o número de ingresados nas UCIs. As víctimas mortais son, a día de hoxe 278, en hospitais e xeriátricos // O confinamento obriga a suspender os actos da Semana Santa en Ferrol e Viveiro, declarados de interese turístico internacional e con gran impacto económico. Na cidade do Landro só se suspenderon en dúas ocasións // Vilas turísticas blíndanse para evitar a chegada de visitantes nesta Semana Santa atípica. Sanxenxo ou o Grove intensifican os controis policiais e xa tramitaron varias denuncias. (08/04/2020)
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Ascenden a 208 os falecidos con coronavirus nos hospitais de Galicia e a medio cento os que morreron co virus en residencias de maiores, pero comeza a reducirse a rapidez dos contaxios e o número dos ingresados en coidados intensivos // Semana Santa sen viaxes nin procesións. Coa poboación confinada, o sector hostaleiro perde unha das tempadas altas e agarda o verán con incerteza e cunha avalancha de cancelacións // O illamento social necesario contra a pandemia é máis doado de manter nas zonas rurais. Acompañamos a unha patrulla da Garda Civil no seu percorrido polos Ancares lucenses para botar unha man ás persoas que precisan axuda. (07/04/2020)
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Galicia rexistra o menor incremento de contaxios de coronavirus dos últimos quince días. 167 novos casos, elevan o total a 5.342. Os mortos suben a 241, entre hospitais e residencias de maiores // O hospital de campaña de Expocoruña podería estar operativo en 24 horas para acoller ata 240 pacientes leves ou en recuperación // Detido un empresario de Santiago polo roubo de preto de dous millóns de máscaras e outro material sanitario nun almacén do polígono do Tambre. (06/04/2020)
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez