Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os traballadores de Alcoa comenzan as mobilizacións para tratar de frear o peche anunciado da planta de aluminio e reclaman apoio da Xunta e o goberno central. Nunha carta aos empregados, a multinacional xustifica a decisión polo elevado prezo da enerxía, que fai inviable a actividade // A Xunta electoral autoriza un cambio no sistema do voto por correo que permitirá emitir o sufraxio para as próximas eleccións autonómicas sen ter que sair da casa. As solicitudes poderánse facer por internet e o Persoal de Correos encargaráse de levar ao domicilio a documentación electoral e recoller os sobres de votación // Os concellos ultiman as medidas para garantir a distancia de seguridade entre os usuarios nas praias, ante a previsión de gran afluencia esta fin de semana. As temperaturas seguirán con máximas rondando os 30 graos, ainda que con risco de treboadas no interior29/05/20

Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter // Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20

Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter. .// Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20

La fábrica de aluminio de Alcoa en Lugo ha anunciado el cierre parcial de si planta de San Cibrao, en Lugo. Unos despidos que afectarían a más de 500 trabajadores. El presidente del grupo en España ha convocado de urgencia a los sindicatos y el Comité de Empresa pide al Gobierno que intervenga.