Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O curso escolar dase por rematado en todolos ciclos de ensino non universitario, e as clases tan so abrirán a partir do día 25 de xeito voluntario para os alumnos de segundo de bacharelato, FP Media e Superior . A Xunta decide tamén manter o peche do curso para educación infantil, de 3 a 6 anos.// Logo da xuntanza co Presidente da Xunta, Os grupos da oposición manteñen o seu rexeitamento a celebrar en xullo as eleccións autonómicas que foron aprazadas pola alarma sanitaria. Núñez Feijóo prevé comunicar proximamente a data definitiva, que coincidirá coas do País Vasco.// O concello de Pontecaldelas instala arcos desinfectantes para eliminar o coronavirus, nas dúas entradas ao nucleo urbano, entre Vigo e Pontevedra. Os coches e vehículos pesados que circulan polo casco urbán son pulverizados cunha disolución de auga e cloro. que non dana as carrocerías. 15/05/20

O presidente da Xunta estuda hoxe cos dirixentes de todalas formacións políticas galegas a nova data das eleccions autonómicas. Quere convocalas para o mes de xullo, ante o temor a unha nova vaga da pandemia en outono, mentres os grupos da oposición consideran que non hai suficientes garantías sanitarias para votar en verán//O coronavirus contaxiou ao 2'1 por cento da poboación de Galicia, según o estudo epidemiolóxico do ministerio de Sanidade. E a cuarta comunidade cunha menor incidencia da pandemia. Os expertos advirten de que non está probado que tan sequera os positivos teñan inmunidade ante un posible rebrote // Os traballadores de Alu Iberica reclaman a intervención do goberno para fiscalizar os plans do Grupo Industrial Riesgo, que o mes pasado adquiríu as antigas plantas de Alcoa ao fondo suizo Parter. De momento prometeu un investimento de 250 millóns nos próximos cinco anos para garantir o emprego. 14/05/20

O presidente da Xunta anuncia que convocará o antes posible as eleccións autonómicas que foron suspendidas polo estado de alarma. Di que os expertos así llo aconsellan ante o risco de rebrote da pandemia en outono. Convoca para mañá aos representes de tódolos partidos galegos para estudar a data, e aposta polo 12 de xullo.// Os Centros de Saúde buscan evitar as aglomeracións nas salas de espera con máis atención telefónica e citas presenciais espalladas. Tamén prevén circuitos específicos para pacientes con síntomas, para garantir a seguridade na desescalada.// A Delegación do Goberno advirte aos locais de hostalería que podería decretar de novo o peche das terrazas, autorizadas na fase 1 da desescalada, en caso de incumprimento das normas sanitarias que podería favorecer un rebrote da pandemia. 13/05/20

Evitar as aglomeracións nas salas de espera con máis atención telefónica e citas presenciais espalladas. Son medidas que están adoptar os centros de Saúde, que tamén prevén circuitos específicos para pacientes con síntomas, para garantir a seguridade na desescalada. //A Xunta aboga por reformular o Xacobeo do ano que ven e anuncia o investimento de 26 millóns nun plan para reactivar o sector turístico e cultura. A oposición considerao insuficiente e pouco consensuado.// A Delegación do Goberno advirte aos locais de hostalería que podería decretar de novo o peche das terrazas, autorizadas na fase 1 da desescalada, en caso de incumprimento das normas sanitarias que podería favorecer un rebrote da pandemia. 13/05/20