Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Navantia asina con Iberdrola un contrato por valor de 350 millóns de euros. Fabricará nos estaleiros de Fene 62 jackets, grandes estructuras de fixación destinados a un parque eólico mariño en Francia, e permitirá xenerar máis de 1.000 empregos directos // O goberno presenta un plan de reactivación do sector turístico dotado con máis de 4.000 millóns de euros, para recuperar a confianza dos visitantes internacionais. A Xunta leva a cabo un programa de formación de profesionais para favorecer a imaxe de Galicia como destino seguro // As melloras tecnolóxicas permiten rematar o curso con clases por videoconferencia ao colexio de Baralla, que chegou a botar man dos walkitalkies para superar os problemas de cobertura e seguir atendendo aos alumnos durante o confinamento. 18/06/20

A dirección de Alcoa dá por rematado o período informal de consultas e anuncia para o día 25 o comezo do proceso para despedir a 534 empregados, ao non considerar competitiva a producción de aluminio en San Cibrao. Os traballadores urxen as administracións a implicarse para presionar á empresa e a intensificar a mobilización cidadá // O próximo curso escolar comezará o 10 de setembro e rematará o 22 de xuño, segundo o calendario aprobado na mesa sectorial da consellería de Educación e os sindicatos. Os alumnos máis pequenos disporán de máis días de adaptación e as escolas infantís non aceptarán nenos que superen os 37 graos de temperatura // Instalado nas praias da enseada do Orzán, na Coruña, o dispositivo para controlar a afluencia de bañistas. Arcos detectores que se combinarán durante o verán con cámaras, semáforos e vixiantes a pé para evitar que se supere nos areais a presenza simultanea de 8.000 persoas. 17/06/20

La distancia siempre ha sido una dificultad para las escuelas rurales. Durante la pandemia además se ha agudizado la situación porque la formación a distancia tampoco estaba alcance de muchos alumnos. En Barallas, Lugo, un profesor usó todos medios a su alcance mientras llegaba la tecnología. Los walkie talkies han salvado los problemas de cobertura y falta de ordenadores en esta zona rural de Lugo, con alumnos a los que separan hasta 18 kilómetros de distancia.